Xornadas

Esta actividade de carácter gratuíta, que por primeira vez o concello de Arbo organiza,  o obxetivo desta iniciativa surxiu como unha maneira divertida  de ensinar os nenos as posibilidades coas que conta a nosa biblioteca, invitandos a achegarse máis de preto aos libros, e que poidan descubir que a lectura e un mundo divertido e maravilloso.

A biblioteca municipal conta con moitos e diversos libros de carácter infantil, dos que os nenos e nenas poderán disfrutar e incentivar coa axuda de todos a lectura.

Unha idea innovadora a  que os nenos responderon moi ben,  visitaron as instalacións da biblioteca, gozando dos libros e facendo uso do telecentro. Tamén se sumaron a esta labor de achegamento dos cativos a lectura,  os nenos e nenas participantes no campamento de verán, sendo este día o máis concorrido na biblioteca,  donde un numero aproximado de 25 nenos, guiados pola Bibliotecaria Matilde Fernández e a monitora do Campamento María Puga, coñeceron de primeira man historias incribles contadas por Matilde, xogos e aventuras relacionadas coa lectura, e como non os nenos visitaron o telecentro sito na parte superior da biblioteca e conducidos por María descubriron unha nova forma de internet.

Dende o concello, o Alcalde, Horacio Gil, quere animar a tódolos veciños e veciños, os maiores, os adolescentes, aos máis cativos …. A que se acheguen e se beneficien das ventaxas que a Biblioteca Segundo Gil Davila pode ofrecer, instalación municipal,  que no ano pasado se fixeron obras de mantemento e restauración, así como neste últimos meses dotación dalgun equipo informático, para o Telecentro situada na planta superior.

 

Programa de formación - Ruta da Lamprea

Aberto o prazo de inscrición  dos cursos de formación a hosteleiros da Ruta da Lamprea que terá lugar en Arbo

O Concello de Arbo e Turismo de Galicia, a través da Escola de Turismo Itinerante,  desenvolverá tres cursos de formación dirixidos aos hostaleiros da ruta da lamprea, os días 21 de febreiro, 6 e 7 de marzo co obxectivo de mellorar o servizo e facer unha xestión eficiente dos negocios.

Os establecementos hostaleiros que traballan na ruta da lamprea do río Miño poden mellorar o seu servizo e a súa xestión grazas á Escola de Turismo Itinerante do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), dependente da Axencia de Turismo de Galicia. A escola impartirá tres cursos nas próximas semanas para estos profesionais.

Programa:

1-Como mellorar o posicionamento en internet, a reputación on-line e ferramentas para ser máis visibles na rede.

Data: 21 de febreiro.

Hora: 17h00 a 21h00.

Lugar: Salón de conferencias do museo Arabo.

Formador: Antonio Vázquez, xestor de Marketing do CSHG

Temario: Como ser visible en internet. Ferramentas (web e redes sociais). Xeolocalización e formas de contacto. Como falan do meu negocio en internet e nas redes sociais. Onde falan e como conseguir que falen de nós. Como quero e debería comunicar a información sobre o meu restaurante. Escoitar o que din, contestar e vixiar a información acerca do meu restaurante.

 

2-Atención ao cliente para restaurantes da ruta da lamprea.

Data: 6 de marzo.

Hora: 17h00 a 21h00.

Lugar: Restaurante Os Pirús.

Formador: Ángel Benavente, responsable de Servizos do CSHG.

Temario: Calidade e técnicas na atención ao cliente. Tipoloxías de cliente. Tratamento de queixas e reclamacións. Información e coñecemento da ruta da lamprea. Actividade práctica (como dar un bo servizo en sala).

 

3-Xestión económica do restaurante.

Data: 7 de marzo.

Hora: 17h00 a 21h00.

Lugar: Restaurante Os Pirús.

Formador: José Luis Sieira, responsable de Xestión de empresas do CSHG.

Temario: Ferramentas de xestión de alimentos e bebidas do restaurante (ficha técnica, escandallos e receitas). Ferramentas para a análise (contas de explotación, instrumentos básicos de análise e xestión de custos).

As persoas interesadas poden inscribirse nas oficinas do Concello de Arbo ou no enderezo electrónico: oficinas.concellodearbo@gmail.com, onde indicarán o seu nome, apelidos, DNI e curso no que está interesado.

A ruta da lamprea é un dos novos produtos turíticos que desenvolve a Axencia de Turismo de Galicia. Implica a sete municipios do Baixo Miño, Condado e A Paradanta e pretende dar a coñecer o importante patrimonio en torno á lamprea e a súa captura. Este novo elemento dinamizador do turismo na zona vai unido ao viño e á gastronomía, polo que é fundamental que os establecementos hostaleiros den un bo servizo.

Tecendo Lazos

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A ACTIVIDADE “BRINCADEIRAS DE SEMPRE”

Dende o día 22 de Novembro ata o 7 de Decembro permanecerá aberto o prazo para inscribirse neste taller, dentro do programa “Tecendo Lazos” que organiza a Deputación de Pontevedra. Os destinatarios son preferentemente familias de diferentes xeracións que poderán favorecer as relacións entre todos e comunicar as súas experiencias. Tamén haberá un módulo dedicado a “Historia do meu Concello”. Invitase a todas as familias a participar e vivir esta experiencia as tardes do 20 ao 23 de Decembro.

 

 

 

 

 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011