Remate obras Pavilllón

 REMATADAS AS OBRAS PARA MELLORA DO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

O pasado mes de maio o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o alcalde do Concello de Arbo, asinaban un convenio para a realización de obras de mantemento no polideportivo municipal. .

As zonas de intervención céntraronse na cuberta dos vestiarios, e nos acabados interiores, deteriorados pola presenza de filtracións de auga da choiva. As obras a realizar consisten en, na substitución de panel sándwich de cuberta, sobre os vestiarios, reparación de canaletas da anterior cuberta, pintado de vestiarios, con reparacións puntuais (emplastecidos, etc..) e a substitución das porterías de fútbol. Esta actuación contou co financiamento ao 100% da Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia .

Remate mellora iluminación

REMATADAS DAS MELLORAS DE ILUMINACIÓN NOS BARRIOS DE PORTELA E NA RUA ANTONIA TOVAR

Á vista do expediente que se tramitou perante a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a obtención dunha subvención de para 8.214,97 € (IVE incluído)  para a actuación denominada “Subministro para a Mellora da eficiencia e seguridade do Alumeado Público”, no marco das bases de subvencións do Plan Concellos 2018-2019 – Anualidade 2019 da  Deputación Provincial de Pontevedra aprobadas polo Pleno da Deputación o día 29 de decembro de 2017 e publicadas no BOPPO nº3 de 3-01-2018.

Cumprir cos niveis mínimos de iluminación, de acordo coas normas de seguridade requiridas. Este depende da potencia das lámpadas e a distribución especial dos puntos de luz. Proporcionar unha iluminación de calidade durante as horas de uso, que depende da capacidade da luz artificial para reproducir sombras, formas e cores. A tecnoloxía dispoñible fai que canto máis nos acercamos ao obxectivo, os custos dos elementos luminosos e o consumo de enerxía aumenten proporcionalmente. Cumprir coas premisas estéticas e funcionais esixidas en cada entorno para a integración do conxunto  dentro do mobiliario urbano. Un consumo enerxético adecuado, que dependerá do conxunto de factores indicados. Tendo en conta o anterior, as opcións analizadas como posibles áreas de intervención son:

-Deseño baseado en criterios de rendemento enerxético, limitando o uso de luminarias de  baixo rendemento

-Mellore a eficiencia das fontes de luz, utilizando o tipo de lámpadas máis adecuadas para cada entorno.

-Revisar o estado de todas as partes pertencentes ás instalacións, con especial atención a instalación de clima, especialmente a soportes metálicos debido a súa  maior deterioro.

-Revisión das conexións a terra das instalación, revisión das proteccións do bastidor segundo normativa

As actuación proxectadas son no Barrio de A Portela, Parroquia de Mourentán – Arbo e na Rúa Antonia Tovar, no centro Urbano

 

Colocación de Varanda en Vilar

COLOCACIÓN DE VARANDA NO  LUGAR DE VILAR - CABEIRAS

Mellorar as infraestructuras, co obxetivo de favorecer as condicions de transito e seguridade viario, e deste modo, proporcionar mellora calidade de vida aos habitantes.

Por tal motivo no lugar de Vilar-Cabeiras-Arbo, colocouse 10 metros de varanda con materiais galvanizados e pintado, pola perigosidade que supuña para o paso de peons e para o aparcamento de vehículos

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011