Remate da Mellora da Estrada Rocha - Cabeiras

 O Concello de Arbo,  remata as obras de mellora da estrada municipal Rocha- Cabeiras

o obxeto da obra foi a reparación dun tramo de estrada Rocha – Cabeiras, que sufriu danos como consecuencia dos temporais do pasado inverno. O orzamento da obra ascendeu a 31.508,15 €.-

Antes do comezo da actuacións a estrada atopábase en moi mal estado, debido a que se produciran dous desprendementos en varias zonas, coa caída dun talud de contención da estrada e na zona dunha obra de drenaxe transversal da mesma, polo que os traballos realizados consistiron na execución dunha nova obra de drenaxe consistente nun muro de contención de formigón para garantir o correcto drenaxe do muro.

Tamén se realizaron cunetas de seguridade en varios tramos. Por ultimo reparouse  o firme modificando lixeiramente o eixe da estrada, realizándose unha ampliación da plataforma na zona da obra de drenaxe transversal e colocándose unha barreira flexible de seguridade.

Mellora Camiño da Bouza

Nos últimos días deron comezo as obras  da construción de muro de sostén no camiño da Bouza.

As obras que se están levando a cabo consisten na construción de muro de sostén e ampliación do vial para mellorar o acceso a Fraga.

O Concello xustifica esta obra para mellorar o servizo de acceso dos peóns e vehículos, por esa vía, e contribuír así como plan de melloras en infraestrutura e estradas municipais.  

Colocacion mobiliario en Praia Fluvial de San Xoan

Seguindo coas melloras nos espazos publicos e turisticos do Concello de Arbo, logo de rematado o Sendeiro que une o Río Miño coa Ponte de Mourentan dende o lugar da Almuiña, o concello de Arbo,  instalou no paseo de acceso a Praia Fluvial de San Xoan bancos e papeleiras.

A praia fluval de San Xoan e un lugar único e idóneo para pasar un día tranquilo e en familia, unha zona na que os veciños e veciñas de Arbo, os máis cativos e os non tan cativos utilizan para pasear, polo que o mobiliario axuda ao descanso e a traquilidade. 

En breve tamen se acondicionara o Muiño sito a marxe da Ponte Romanica, que sufriu actos vandálicos hai uns meses, donde se destrozou e queimou o interior deste local. 

tamén se colocou un panel informativo, no que se colocará a ruta do Sendeiro da Moura 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011