mellora e pavimentación

O CONCELLO DE ARBO, ACABA DE ADXUDICAR AS OBRAS DE “MELLORA E PAVIMENTACIÓN DO ACCESDO A IGREXA DE SANTA MARIA DE ARBO”

O concello de Arbo, recibe unha subvención a través da Consellería de Medio Rural – AGADER, de concesión de axudas correspondentes ao Plan Mellora de Camiños Municipais con destino a execución da actuación denominada “Mellora e pavimentación do acceso a Igrexa de Santa Maria de Arbo” cun orzamento  de 53.538,87, estimándose o prazo de excecución do contrato en tres meses a contar dende a sinatura da acta de comprobación do planeamento.

As obras que se pretenden levar a cabo son reparar muro existente enfrente da Igrexa, repoñendo pedras caídas e realizando as obras de vaciado e compactado de trasdós, reparando tubería de abastecemento  e colocación de tuveria  nova. Colocación de recollida de pluviais e  colocación de balaustrada na zona do muro. Canalización de pluviais, colocación de tuverias e arquetas, colocar sumideiros e conectar a servizos existentes. Pavimentar as zonas afectadas polas obras e limpeza e reparación do arcen.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011