Adxudicación obra Estrada Rocha - Cabeiras

O Concello de Arbo acaba de adxudicar as obras de “Melloras no entorno da estrada Rocha-Cabeiras, Arbo ”, cun orzamento de execución por contrata cifrado en 31.508,15 € (IVE do 21% incluído), á mercantil NAROM S.L.

A obra esta  financiada o 100%  pola Deputación Provincial de Pontevedra, no marco do Plan de Obras e Servizos de 2018 ( Plan Concellos).

O obxecto do presente proxecto é a reparación dun tramo de estrada no municipio de Arbo, que sufriu danos como consecuencia dos temporais do pasado inverno, na estrada que une  A Rocha con Cabeiras.

Actualmente a estrada atopase en mal estado, debido a que se produciron desprendementos en varias zonas, coa caída dun talude de contención da estrada e na zona dunha obra de drenaxe transversal da estrada.

As obras consisten na execución dunha nova obra de drenaxe, coas súas correspondentes aletas de contención de terras, un muro de mampostería para a contención da estrada, cunetas formigonadas nos tramos sinalados e reparación do firme da estrada.

Tamén se prevé  no proxecto a realización dun colector e de cinco pozos de rexistro de formigón no lugar de A Granxa, coa posterior reposición do rego  existente na zona de cruce co saneamento e reparación do firme da estrada no seu cruce con esta actuación.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011