Reparación de Museo Arabo e Centro Multiusos

REPARACIÓNS E MANTEMENTO EN EDIFICIOS MUNICIPAIS DE ARBO

MUSEO ARABO

CENTRO MULTIUSOS DE ARBO

  • O Concello de Arbo contrata a Reparación e mantemento do Museo Arabo e do Centro Multiusos.
  • As obras serán financiadas pola  Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia
  • Con esta contratación, súmanse  4 obras ás contratadas no ultimo mes a empresas de Arbo. O Concello de Arbo, seguira realizando obras e priorizando as compras e os servizos a empresa local, según a demanda dos veciños e veciñas de Arbo para mellorar a vida dos arbenses.

 

Ávista do expediente que se tramitou ante a Vicepresidencia, Administración Públicas e Xustiza, ao abeiro da Orde de 12 de decembro de 2019 o  Concello de Arbo, acaba de recibir unha achega para  a actuación “Reparación e mantemento en Museo Arabo e Centro Multiusos”,  cun orzamento total de 39.999,05 € (IVE do 21% incluído),

 

Con dita actuación pretendese solucionar os problemas nos edificios municipais como son o Centro Multiusos e o Museo Arabo,  o Museo Arabo, preténdese emendar os distintos problemas existentes centrados fundamentalmente na cuberta da edificación, ocos de fachada e soportais laterais, así como os problemas causados pola entrada de auga nas distintas dependencia, mentres que no Auditorio emendaranse os distintos problemas existentes, ademais de mellorar as instalacións de vídeo, electricidade e iluminación.

Mellora Lavadoiro Sela - Hermida

“OBRAS DE MELLORA EN LAVADOIRO DE  SELA E EN FONTE – LAVADOIRO DA HERMIDA”, 

 

Lavadoiro Sela 

Á vista do expediente que se tramitou ante a Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo as bases publicadas no BOPPO nº 1 do 02/01/2020, pola que se convocan as bases reguladoras e convocatorias do Plan Provincial de obras e servizos (Plan Concellos) 2020, dentro da Liña 1 – Investimentos.,  para a obtención dunha subvención de 21.824,56€ para a actuación denominada “Obras de mellora en Lavadoiro de  Sela e en fonte – lavadoiro da Hermida”,

 

Tendo en conta que consta no expediente memoria técnica redactada polo Sr. Arquitecto Asesor Municipal D. Teodoro de Francisco Antes, que serviu de base para a petición da subvención,  e no que se fixa como orzamento da referida actuación o importe de 45.000€.- € (IVE   do 21% incluído que ascende a  7.810,00 €). Esta memoria é completada, tras requirimento do ente provincial, en documento técnico asinado en data 25.03.2020.

 

Posto que esta actuación conta con financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra, no importe de 45.000,00 €  en virtude de Resolución de data 06.04.2020, recibida o 17.04.2020.c

 

Coas obras proxectadas pretendese  conservar o patrimonio municipal, recuperar a imaxe de construccións tradicionais e dotar de servizos adecuados ás instalacións existentes. Mellorando as condicións das construccións existentes, mellorarase a súa funcionalidade e fomentarase o uso e mantemento.

 

En base a ditas necesidades a satisfacer, deberá procederse á adxudicación da  actuación “Obras de mellora en lavadoiro de Sela, Fonte e Lavadoiro en A Hermida”” a través da figura do contrato menor de obras, mediante tramitación ordinaria, dado o que o  importe ao que ascende a mesma  21.824,56 € (IVE   do 21% incluído que ascende a  3.787,56 €) , sendo a base sen IVE de 18.036,86 €,   non supera en ningún caso os 40.000 euros, IVE excluído, establecidos para os contratos menores de obras no artigo 118.1 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, e a súa duración non superará o prazo máximo previsto para  este tipo de contratos que se fixa na memoria en a xustificación da subvención concedida e que se fixa en 40 días

 

Convenio entre a Secretaria Xerall para o Deporte e o Concello de Arbo

A SECRETARIA XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE ARBO  ASINAN UN CONVENIO PARA MELLORAS DO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

 

  • Concello de Arbo e a Secretaria Xeral para o Deporte asinaban o pasado 15 de xuño un convenio para a execución de obras no Pavillón polideportivo municipal
  • O importe das obras ascenden a  46.933,12 €
  • As obras serán contratadas a unha empresa local

 

Coas obras propostas para a mellora do pavillón,  búscase frear as filtracións de auga no interior do edificio e reparar os danos existentes ata o  momento, impedindo que se sega deteriorando a instalación, o que suporía un risco para os usuarios do pavillón e un gasto superior se non se frea  a entrada de auga para o vindeiro inverno.

 

Á vista da memoria técnica redactada polo Arquitecto Municipal, actualmente en varias zonas da cuberta do pavillón aprécianse os efectos das filtracións de auga a través da cuberta, que se suman aos derivados polo uso das instalación e o envellecemento dos materiais.  Os danos existentes consisten principalmente en charcos de auga en pavimento, deteriorando o mesmo e producindo manchas de humidade en teitos e paredes de vestiarios.

 

A intervención pódese resumir nos seguintes apartados:

• Cambio de  cumieira

• Cambio de paneis de  policarbonato.

• Cambio de canalóns e cuberta de vestiarios.

• Saneado dos revestimentos danados polas humidades e aplicación de novo revestimento.

• Pintado de todas as paredes e teitos afectados.

• Limpeza e selaxe perimetral das carpinterías exteriores.

Saneamento en Carrascal

A XUNTA FINANCIA AS OBRAS DE CONEXIÓN DE SANEAMENTO EN CARRASCAL – ARBO

  • A obra serán financiadas o  100% pola  Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
  • O orzamento da obra ascende a 31.982,77 € (IVE 21% incluído).

Esta actuación conta con financiamento do 100% da Vicepresidencia, Administración Públicas e Xustiza, no importe de 31.982,77 en virtude de subvención concedida polo referido importe en virtude de  Resolución de data 05.06.2020.

 

Con dita actuación preténdese dotar de saneamento á zona de Carrascal en Arbo, de maneira que, cunha solución por gravidade a través do camiño público que comunica o barrio, se canalice ata a rede xeral ao seu paso pola estrada PO-400, da rede de estradas da Xunta de Galicia.

 

O Concello de Arbo, aínda que conta cunha importante rede de saneamentos, 14 estacións depuradoras de augas residuais e 4 estacións de bombeos de augas residuais, aínda  ten pendente de execución algúns ramais da rede de saneamento que se incorporarán a rede xeral, en concreto, neste intre, trátase dun ramal que permita conectar o barrio de Carrascal coa rede xeral.

APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO MUNICIPAL DEFINITIVO

O Pleno do Concello de Arbo, en sesión extraordinaria telemática celebrada o pasado día
7 de maio de 2020, aprobou, con carácter inicial, o Orzamento Xeral da Corporación para o
exercicio 2020.
Dito expediente permaneceu exposto ao público durante quince días hábiles, a través
do taboleiro electrónico e portal de transparencia da sede electrónica do Concello de Arbo,
publicándose anuncio no Boletín Oficial da Provincia número 89 de 12 de maio de 2020.
Durante o período de exposición pública indicado, que se iniciou o día 13 de maio de 2020
e rematou o 2 de xuño de 2020, non se presentaron alegacións contra a aprobación do citado
expediente, tal e como resulta do certificado emitido o 3 de xuño de 2020 pola Secretaría
Municipal, quedando elevado a definitivo o acordo de aprobación do Orzamento Xeral da
Corporación para o exercicio 2020.
En consecuencia, e de conformidade co establecido no artigo 20.3 do R.D. 500/90 e 169.3 do
Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, faise pública a aprobación definitiva
do expediente do Orzamento Xeral do Concello de Arbo, para o exercicio 2020,

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011