Comezo das obras na Vivenda de Cequeliños

ARBO DISPORA  DA SUA PRIMEIRA VIVIENDA SOCIAL

·A vivenda esta ubicada na antiga Escola de  Mestres de  Cequeliños

·Para financiar as obras dende o Concello de Arbo optaban a unha  línea de Subvencións da Xunta de Galicia orientada a restauración de este tipo de inmobles.

 A finais do ano 2019 o Concello de Arbo recibía unha achega por importe de 8.269,00€ do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente para a posta en marcha da súa primeira vivenda social.

Esta semana arrancaban as obras de rehabilitación da casa de Mestres de Cequeliños. A adxudicación do contrato realizábase a pasada semana, sendo unha empresa local de Arbo, a encargada de realizar os traballos para a posta en marcha da vivenda social.

Remate obras en Merelle

CONCLUEN AS OBRAS NO BARRIO DE MERELLE EN CABEIRAS – Arbo

  • As obras son subvencionadas o 100% pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, que tamén se encargou da contratación da mesma

 

  • Actuacións municipais que pretenden dar resposta as demandas dos vecinos e veciñas de Arbo

 

As obras na estrada municipal no barrio de Merelle, daban comezo o pasado mes de febrero e  tiñan como obxetivo principal mellorar a movilidade, accesibilidade e seguridade da vía pública no barrio de Merelle na parroquia de Cabeiras, ampliando e pavimentando o vial xa existente

.

Obras de Urxencia na EDAR de Sande

 

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE AUGAS DE GALICIA E O CONCELLO DE ARBO PARA ACOMETER OBRAS DE URXENCIA NA EDAR DE SANDE – MOURENTAN

 

  • Ethel María Vázquez Mourelle, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade,  en nome e representación de Augas de Galicia e Horacio Gil Expósito, alcalde do Concello de Arbo asinan un convenio para o apoio técnico e financeiro na execución das actuacións necesarias para reparar a estación depuradora de augas residuais de sande e dos seus colectores.
  • O custo total das actuacións ascenden a  28.023,60 €.-, dos cales  25.000,00 € serán financiados por Augas de Galicia da Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e 3.028,60€..- serán financiados con fondos propios do Concello de Arbo.

 

Como consecuencia das condicións climatolóxicas, a EDAR de Sande e os colectores da zona Granxa e a Capela da EDAR de Sande, sufriron danos que poden provocar graves problemas na EDAR. Por tal motivo o alcalde do Concello de Arbo, nunha reunión urxente,  solicitaba  á Xunta de Galicia o apoio e colaboración na reparación e optimización do funcionamento efectivo no prazo máis breve posible da EDAR de Sande e os seus colectores.

 

 

Comezaron as obras en Portafeitos - Sela

 

COMENZAN AS OBRAS EN PORTAFEITOS - SELA  EN ARBO

  • A Consellería do Medio Rural e o Concello de Arbo asinaban un convenio   a pavimentación do camiño de acceso a Portafeitos - Sela
  • As obras son subvencionadas o 100% pola Consellería, que tamén se encargou da contratación da mesma

 

Miguel Ángel Pérez Dubois, actuando en nome e representación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, na súa calidade de director xeral de Desenvolvemento Rural e Horacio Gil,  actuando en nome e representación do Concello de Arbo na súa calidade de Alcalde-Presidente, asinaban o día 8 de outubro un convenio de colaboración para a obra de: “Pavimentación do camiño de acceso ao lugar de Portafeitos - Sela”

 

 

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011