Humanización San Benito

O CONCELLO DE ARBO INVERTIRA 235.961,64 Euros NA “HUMANIZACIÓN RÚA SAN BENITO”

  • O Concello asinara  no mes de xaneiro un convenio  coa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda,  para financiar as obras. 
  • As obras están enmarcadas dentro do Plan Hurbe da Xunta, que naceu como resposta á necesidade da humanización das aldeas de Galicia, que busca o achegamento de marcos urbanos aos seus habitantes adaptando e creando espazos públicos para as necesidades actuais.
  • Estas obras veñen para culminar a humanización deste vial de acceso ao núcleo urbano de Arbo, tras as obras executadas coa humanización da Rúa Antonia Tovar.

O obxecto do presente consiste na humanización da rúa San Benito,  onde se realizasen beirarrúas, renovaranse as redes de servizos. Dispoñeranse canalizacións de PVC para a reposición das redes de saneamento de augas pluviais e fecais, mellorase a rede de abastecemento.  Tamén se executarán canalizacións enterradas para a rede de telecomunicacións e de enerxía eléctrica. Dispoñerase de iluminación con luminarias  Led. Por último, executarase a sinalización horizontal e vertical precisa.

Convenio entre o Concello de Arbo e Ecoembes

O CONCELLO DE ARBO ASINA UN CONVENIO CON ECOEMBES PARA FOMENTAR A RECOLKLIDA DE PAPEL-CARTON E ENVASES DE PLÁSTICO

  • O alcalde de Arbo asinou  esta semana un convenio con Ecoembes para fomentar o reciclaxe de papel-carton e envases de plástico. O alcalde, Horacio Gil, explicou que nos próximos meses incrementarase de forma notable o numero de contenedores destinados a recoller residuos sólidos urbanos con destino a estación de reciclaxe.
  • O Convenio asinado con Ecoembes ven regulado no convenio asinado entre a Xunta de Galicia e esta entidade con data 30 de setembro de 2016.

Este convenio asinado por Arbo conleva o subministro de 28 contenedores de 800 litros de cor amarelo para envases lixeiro e 14 iglú para papel-catón, que serán financiados o 100% por Ecoembes cuxo importe ascende a 12.000 euros.

Con este convenio pretendese a mellora da contenerización de envases lixeiros e papel - cartón co fin de cubrir a demanda do servizo que nos últimos tempos se viu incrementada, así como conseguir a concienciación da poboación sobre a importancia do reciclaxe, expón o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil.

 

Papa Noel polas rúas de Arbo

PAPA NOEL VISITA O CAMPAMENTO DE NADAL DE ARBO E OUTRAS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS

Hoxe día 23 de decembro e dentro das actividades programadas  polo Concello de Arbo, dentro do Nadal 2019, papá Noel visitou aos nenos e  nenas que participan no campamento de Nadal do Concello.

Papá Noel acompañado da súa dona repartiu caramelos e sacou fotos con todolos nenos.

Para os nenos tanto os mais cativos como os mais grandes disfrutaron de este momento.

Papa Noel tamén visitou as depedencias municipais do Concello de Arbo, o Centro de Saude así como outros edificios municipais.

 

A Escola Galega de Consumo visita o Campamento de Nadal

O PROGRAMA DA ESCOLA GALEGA DO CONSUMO DA CONSELLERIA DE ECONOMIA, EMPREGO E INDUSTRIA DA XUNTA DE GALICIA VISITA O CAMPAMENTO DE NADAL DO CONCELLO DE ARBO

A Escola Galega do Consumo da Xunta desprázanse ao CEIP Antonio Carpintero para impartir as actividades de LecerConsumo aos nenos e nenas participantes no campamento do Concello de Arbo

A actividade LecerConsumo, solicitada  polo Concello de Arbo para aos nenos e nenas do campamento de nadal,  é un programa estacional que desenvolve a Escola Galega do Consumo nos meses de nadal. A través do concepto de lecer responsable trabállanse diversas temáticas relacionadas co consumo: a publicidade, a alimentación sa e equilibrada, a etiqueta ou as TIC.

O alcalde do Concello de Arbo, informa que esta actividade, está dirixida a todas as idades e a oferta formativa adáptase aos distintos intereses e necesidades de cada unha delas, sendo actividades  de carácter lúdico e participativo, pedagóxicas e promotoras da aprendizaxe colaborativa, na que os participantes aprenderon con xogos o consumo responsable.

Remate melloras no Museo Arabo

Actualización de contidos e mellora de equipamento multimedia do  Centro de Interpretación da Lamprea e do Viño do Condado “Arabo”

  • “Deseño, promoción e execución da actualización  e mellora da exposición permanente do Centro de Interpretación da Lamprea e do Viño “Arabo”.
  • O Concello obtivo unha  subvención  por importe de 59.518,27 €.-  do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
  • O importe das melloras ascendeu a 65.945,00 €

O Centro de Interpretación do viño e da Lamprea Arabo, e unha fiestra cara os visitantes para descubrir o que o Concello de Arbo pode ofrecer, ademais de transmitir a través dos paneis e os vídeos a verdadeira realidade e a historia de Arbo.

Con estas actuacións mellorouse o deseño, promoción e execución da actualización  e mellora da exposición permanente do centro de interpretación da lamprea e do viño do condado“ coa dotación de sistemas multimedia para o visionario de contidos de vídeo e interactivo: pantallas táctiles, monitores de vídeo e proxectores con novos videos, fotografía, grafismos, vídeo e contidos interactivos e redacción de novos textos.

Coas melloras introducidas no Museo Arbo,  creouse un espazo para albergar unha exposición permanente sobre a Festa da Lamprea.  A primeira Festa da Lamprea ten lugar o día 16 de abril de 1961, organizada por un grupo de veciños, funcionarios e restauradores do Concello a cargo da Comisión "Pro Homenaxe á Lamprea", que tributaba a través desta xornada festiva o recoñecemento a unha riqueza antiga e inmemorial que o Miño proporcionaba.

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil,  manifesta que con esta actuación de mellora o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea adecuarase aos estándares e requisitos turísticos que un centro destas características debe albergar. A modernización e a implantación de novos sistemas tecnolóxicos de visionado e interacción co visitante a través de videos, pantallas táctiles e proxectores, a elaboración de novos contidos, novos materiais, novas fotografías ou a publicación de novos folletos informativos permitirán unha visita moito mais dinámica e ilustrativa para os nosos visitantes. Poderán disfrutar duns contidos adaptados ás necesidades e requerimentos actuais dun museo con amplios contidos e informacións que transmitir sobre Arbo e os seus bens mais preciados.  

Videos que se poden ver no Museo Arabo: https://www.youtube.com/watch?v=vmsf82-5XAo

https://www.youtube.com/watch?v=7II6MJVhujE

https://www.youtube.com/watch?v=AZPER3AGZUg

https://www.youtube.com/watch?v=wzPOnbYl734&t=2s

 

Poda Anual de zonas verdes do Concello de Arbo

O CONCELLO DE ARBO INICIOU OS TRABALLOS DE PODA EN PARQUES E XARDÍNS MUNICIPAIS

  • A vexetación do Concello de Arbo require deste tipo de coidados, que se realizan anualmente para asegura o bo estado das zonas así como a seguridade dos usuarios das zonas e ocio

 

Arbo conta con parques zonas verdes e paseos arborados, con vexetación diversa. Todo isto require de coidados e podas de maneira regular, que entre outras moitas cousas asegure o uso e a seguridade nas vías públicas.

 

 A empresa contratada polo Concello de Arbo, ven realizando a poda en todos aquelas arbores que o requiren para facilitar o crecemento dos memos. Os lugares donde se van a realizar estes traballos son na Praza Consistorio, Praza do Mercado, na zona Centro, no Parque e Capela de San Antonio, nos arbores que van dende a Rúa Buenos Aires ata a Estación, no centro de Sela, na piscina municpal e na Carballeira da Lomba.

Ademais de por motivos medioambientais relacionados coa saude das prantas, asegura o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, as podas realizanse por razóns de seguridade na vía pública, evitando e prevendo a posible caída de ramas nas beiraruas e un crecemento perigoso que interfira na movilidade dos veciños e veciñas de Arbo.

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011