Programa de Iniciativas Locais

Por Resuolución do 20 de maio de 2019, ditada no procedemento BS305E, respecto das axudas para o programa de iniciativas locais destinadas á xuventude, ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á mocidade durante o ano 2019 e se procede á súa convocatoria, concedese pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Conselleria de Politica Social ao Concello de Arbo unha achega por importe de 5.600 euros.

Adhesión Pacto de Alcalde

O CONCELLO DE ARBO ADHERIRESE Á INICIATIVA EUROPEA  DO PACTO DOS ALCALDES PARA O CLIMA E A ENERXÍA

A Comisión Europea puxo en marcha en 2008 o Pacto dos Alcaldes (Covenant of Mayors), unha iniciativa aberta a todas as cidades e municipios en Europa co obxectivo de involucrar ás autoridades locais e aos cidadáns no desenvolvemento e a aplicación da política enerxética da Unión Europea. O Pacto consiste no compromiso das cidades asinantes de ir máis alá dos obxectivos adoptados para o ano 2020 pola UE para reducir as emisións de CO2 a través de medidas de eficiencia enerxética, de accións relacionadas coa promoción das enerxías renovables e da mobilidade urbana sostible. A Xunta de Galicia e consciente de que o Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía e o mellor instrumento para implicar aos concellos de Galicia na loita contra o cambio climático.

Todos temos algo que facer e no ámbito da administración local deseñando estratexias para reducir esas emisións en función das nosas competencias”, tamén informa que para alcanzar os  obxectivos, o Concello de Arbo ao adherirse ao Pacto ten que  a redactar un Plan de Acción para a Enerxía Sostible e o Clima (PACES) cun inventario de referencia de emisións (IRE) para facer o seguimento da súa  efectividade das accións de mitigación e unha avaliación de riscos e vulnerabilidades ante o cambio climático .

O Concello de Arbo deberá concentrar os seus esforzos en reducir a demanda de enerxía nos seus territorios e adaptar a demanda enerxética á oferta promovendo a utilización de recursos enerxéticos locais.

 

https://www.pactodelosalcaldes.eu/es/

 

Melloras no Polideportivo Municipal

CONVENIO DE COLABORACIÓN ASINADO POLO SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE ARBO PARA A MELLORA DO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

Á vista do convenio asinado en maio de 2019 polo Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o alcalde do Concello de Arbo, para a realización de obras de mantemento no polideportivo municipal.

Tendo en conta que consta no expediente memoria redactada polo Arquitecto Asesor Municipal D. Teodoro de Francisco Antes, en data febreiro de 2019, que serviu de base para a petición da achega,  e no que se fixa como orzamento da referida actuación o importe de 14.978,00 € (IVE   do 21% incluído que ascende a  2.599,51 €.)

Posto que esta actuación conta con financiamento ao 100% do Ente autonómico en virtude do convenio asinado en maio de 2019 polo Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o alcalde do Concello de Arbo, para a realización de obras de mantemento no polideportivo municipal.

Considerando que esta actuación, tal e como se recolle na memoria técnica, ten como finalidade  as obras de mantemento no pavillón polideportivo municipal de Arbo, dado que presenta estragos e humidades.

 

O obxectivo e conseguir un óptimo nivel de funcionamento das infraestruturas municipais, neste caso deportivas, de forma que o Concello poida prestar servizos de calidade á veciñanza con independencia da súa idade, sexo.., apoiando aquelas actuacións cuxa finalidade é o deporte.

No pavillón Polideportivo de Arbo, realízanse distintas actividades organizadas por diversas asociacións do Concello de Arbo, entre elas, clases de Zumba, Pilates, bailes moderno, fútbol-sala.....

 As obras son necesarias para que as actividades, así como os eventos que organiza o Concello de Arbo durante todo ano non supoñan un risco para os usuarios.

A zona de intervención céntrase na cuberta dos vestiarios, e nos acabados interiores, deteriorados pola presenza de filtracións de auga da choiva.

As obras a realizar consisten en:

  • Substitución de panel sándwich de cuberta, sobre os vestiarios
  • Reparación de canaletas da anterior cuberta
  • Pintado de vestiarios, con reparacións puntuais (emplastecidos, etc..)
  • Substitución de porterías de fútbol

 

Cesión Tractor

O CONCELLO DE ARBO RECIBE DA CONSELLERIA DO MEDIO RURAL UN TRACTOR

O Concello de Arbo recibe da Conselleria do Medio Rural un Tractor dacordo o convenio asinado entre a Conselleria e o Concello de Arbo o pasado 1 de marzo de 2019.

O uso temporal do citado equipo (vehículo, desbrozadora e trituradora) (artigo 37.1 da lei 5/2011 de Patrimonio da Comunidade autónoma de Galicia, será destinado aós seguintes fins de utilidade pública e interese social:

  • Mantemento e limpeza da maleza nas infraestruturas rurais de titularidade municipal
  • Mantemento e limpeza de determinadas fincas pertencentes a masas común  de concentración/reestruturación parcelaria de titularidade do Concello
  • Mantemento e limpeza das redes secundarias de faixas de xestión de biomasa

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011