Adxudicación Contrato Melloras no Arabo

O Concello de Arbo Adxudica o Contrato  do “Deseño, promoción e execución da actualización  e mellora da exposición permanente do Centro de Interpretación da Lamprea e do Viño do Condado “Arabo”

O Concello conta  coa concesión de subvención  por importe de 59.518,27 €.- ao abeiro  do reparto de axudas para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades  colaboradoras na xestión da medida LEADER de Galicia e para a concesión de axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

O Centro de Interpretación do viño e da Lamprea Arabo, e unha fiestra cara os visitantes para descubrir o que o Concello de Arbo pode ofrecer, ademais de transmitir a través dos paneis e os vídeos a verdadeira realidade e a historia de Arbo.

Con estas actuacions pretendese mellorar o deseño, promoción e execución da actualización  e mellora da exposición permanente do centro de interpretación da lamprea e do viño do condado“ de titularidade municipal:

As actuación proxectadas son :

  1. Dotación de sistemas multimedia para o visionario de contidos de vídeo e interactivo: pantallas táctiles, monitores de vídeo, proxectores.
  2. Elaboración de contidos: redacción de textos, traducións galego/castelá, fotografía, grafismos, vídeo e contidos interactivos.
  3. Proposta e execución de material expositivo, paneis e/ou vitrinas expositoras.
  4. Elaboración dun folleto promocional que describa a proposta museística
  5. Execución e instalación
  6. Creación dun espazo para albergar unha exposición permanente sobre a Festa da Lamprea.

O importe do contrato ascendería á cantidade de 65.945,00 € (IVE 21%  incluído que ascende a 11.445,00 €)

No proxecto establécese que a execución  da totalidade das accións recollidas no documento técnico  deberá realizarse antes do 1 de outubro de 2019, ao atoparse fixada na normativa reguladora da subvención concedida como data para a execución e xustificación das actuacións o 15 de outubro de 2019.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011