Arbo di non a Lat por Arbo

O CONCELLO DE ARBO DÍ NON UNHA VEZ MÁIS Á LINEA DE ALTA TENSIÓN

Arbo a 25 de outubro de 2019 - O Pleno municipal do Concello de Arbo, en sesión extraordinaria urxente do día 24 de outubro, acordaba por unanimidade dos membros do plenario mostrar o seu rexeitamento contra a Linea 400 KV Fontefría-Frontera Portuguesa.

O día 16 de setembro de 2019 o Concello de Arbo recibe expediente para estudio de viabilidade dun trazado alternativo do tramo final da Linea 400 kV Fontefría-Fronteira Portuguesa que discurre entre o límite do veciño concello de As Neves e o barrio de Rozas, dentro da parroquia de Sela, e que combina co solicitado polo Concello de Arbo no ano 2013, alternativa que tanto o Concello como a veciñanza rexeitan como xa fixeran coa anterior proposta que discurría polos barrios de Valiñas e Poste.

Horacio Gil, alcalde de Arbo, manifesta que, como non podería ser doutra maneira, o Concello e él como alcalde, defenderán sempre o interese de todos os veciños e veciñas de Arbo, mantendo a postura de rexeitamento de calquera liña de alta tensión que poidera afectar a calquera zona dentro do territorio deste municipio, como se recolle no escrito de alegacións que o plenario acordou remitir ao Ministerio. Tamén se insiste neste escrito no rexeitamento á afección orixinaria aos barrios de Valiñas e Poste, pedindo o arquivo do expediente, así como considerar inviable a conexión coa alternativa proposta polo barrio de Rozas, pola afección ás persoas, ás súas propiedades e ao patrimonio, ademáis de non contar con salida ao enlace co país veciño.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011