Plan de Limpeza

O CONCELLO DE ARBO, ACOMETE UN AMBICIOSO PLAN DE LIMPEZA E DESBROCE POR TODO O MUNICIPIO.

Arbo, a 13 de xullo de 2017.-  O concello de Arbo, acomete un plan de limpeza e desbroce utilizando os medios materiais e persoais que posue o Concello e reforzando o mesmo tempo,  servizo coa contratación dunha empresa externa especializada en eliminación de maleza en todo tipo de zonas.

A Empresa contratada para levar a cabo a limpeza, desprazou dous tractores con mecanismos máis completos e complexos que están nas areas forestais e de máis difícil de acceder. As condicions meteoroloxicas das últimas semanas, foi propenso para que a vexetación crecese con moita rapidez, o que tampouco permitía os servizos de limpeza, dar cobertura a todas as parroquias  do Concello.

Esta necesidade de acometer este ansioso  Plan de limpeza en todalas parroquias municipais, nace tendo en conta que estamos en temporada de alto risco de incendio e como exemplo e con intención de sensibilizar a poboación para que teña as súas parcelas completamente limpas porque poden  producir perigo de incendio e causar danos a persoas e bens, o que podería dar lugar a esixencia de responsabilidades o propietario desa finca.

Outro do interese deste  concello e a promoción Turística da Vila de Arbo. Arbo e pura natureza, e paisaxe, e turismo rural, é deporte de aventuras é gastronomía, é patrimonio cultural, relixioso, etnográfico…. E  para o Horacio Gil, alcalde de Arbo e responsable da Area de Turismo, o seu principal obxetivo e acadar o recoñecemento por parte dos visitantes e turistas como Arbo un referente turístico nacional.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011