Reparto mascaras protectoras ao comercio Local

O CONCELLO DE ARBO COMPRA PANTALLAS PROTECTORAS QUE REPARTE ENTRE OS COLECTIVOS E O COMERCIO LOCAL DE ARBO

  • O Concello de Arbo adquire con fondos propios máscaras protectoras que repartiu entre os traballadoras de Axuda no Fogar, Servizos Socias e persoal de servizos varios
  • O alcalde Horacio Gil, repartía, ademais pantallas entre o persoal do Centro de Saúde, técnicos do 061, Garda Civil, Correos, Taxistas,  Praceiros e ao persoal do comercio local que ten que permanecer aberto.
  • O Concello de Arbo, xa repartiu xel desinfectante e luvas aos comercios arbenses ao principio desta crise sanitaria

A distribución de pantallas protectoras para previr o contaxio do coronavirus xa chegou aos establecementos comerciais que permanecen abertos en Arbo, tamén ao persoal sanitario do centro de saúde, correos, garda civil, persoal municipal e taxistas para prover a eses colectivos que teñen a obriga de prestar servizos considerados esenciais.

O reparto aos comerciantes foi realizado polo alcalde, Horacio Gil, que quixo coñecer en primeira persoa como viven os comerciantes este momento tan duro para todos, pero especialmente para eles que teñen que estar en continuo contacto con a cidadanía – informa o rexedor. Nestes momentos ante o aumento da demanda de material de protección e das dificultades para conseguir cubrir as necesidades existentes, o Concello quere colaborar na protección de todos os veciños e veciñas, do persoal dos comercios, do persoal municipal, dos técnicos do 061... posto que son os que máis expostos están  neste momento – remata o alcalde Horacio Gil

OUTRAS MEDIDAS CONTRA O CORONAVIRUS

O Concello segue coa desinfección semanal de todas as parroquias, co servizo de taxis gratuíto, a atención aos colectivos vulnerables as 24 horas, limpeza de contedores e desinfección de vehículos e locais municipais, entre outras.

O Concello de Arbo tamén repartiu o  material educativo primaria despois das conversas mantidas coa dirección do CEIP Antonio Carpintero,.

 

Arbo intensifica os servizo de desinfección

ARBO INTENSIFICA A DESINFECCIÓN DO MOBILIARIO URBANO, CONTEDORES E NÚCLEOS DE POBOACIÓN

 

Arbo a 31 de marzo de 2020.-

  • Son tres en total ás adegas de Arbo, As Laxas, Marqués de Vizhoja e Pazo Pondal, as que puxeron maquinaria e persoal para seguir coa desinfección. O alcalde Horacio Gil, coordina e supervisa os traballos de desinfección xunto co persoal das adegas e os voluntarios.

  • O persoal municipal está levando a cabo a desinfección dos contedores de lixo de todo o concello, locais municipais, praza do mercado e facendo un seguimento a todos os colectivos máis vulnerables de Arbo, entre outras medidas adoptadas.

 

O Concello de Arbo intensifica estes días a desinfección das rúas, zonas de paso dos veciños e veciñas, parques, xardíns…. coa finalidade de minimizar o risco de infección por coronavirus. Estas tarefas realizadas coa colaboración de tres adegas de Arbo, As Laxas, Marqués de Vizhoja e Pazo Pondal lévanse a cabo seguindo os protocolos establecidos,  supervisados e coordinados polo alcalde, Horacio Gil

 

As Laxas,  Marqués de Vizhoja  e Pazo Pondal, seguen colaborando  co Concello de Arbo na aplicación de produtos desinfectantes nas rúas, marquesiñas e lugares onde existe máis concentración de persoas e que se fixo extensible aos núcleos de poboación de todas ás parroquias. O venres Marqués de Vizhoja desinfectaba os núcleos da parroquia de Cequeliños, Mourentán e o barrio de San Xoan, o sábado e domingo Pazo Pondal actuaba nas parroquias de Cabeiras e Barcela e o luns  As Laxas, continuaba coa desinfección da parroquia de Sela.

 

AGRADECEMENTO DO ALCALDE AOS VOLUNTARIOS, ADEGAS,  PERSOAL MUNICIPAL, SUPERMERCADOS, TENDAS E A TODOS OS ARBENSES

 

Horacio Gil,  agradeceu a través dun comunicado a todos os que durante estes difíciles momentos ofreceron e ofrecen a súa axuda; aos voluntarios,  ás adegas, que puxeron a disposición do Concello os seus traballadores e a maquinaria precisa para poder desinfectar e limpar as rúas, as prazas, os parques…chegando ao máximo de núcleos de poboación,  un traballo complicado, tendo en conta que Arbo é un concello rural con máis de 370 quilómetros de rede viaria e núcleos moi dispersos; ao persoal dos supermercados e tendas de alimentación, das farmacias, dos quioscos, aos panadeiros, aos carniceiros, aos transportistas, aos taxistas, ao persoal das oficinas bancarias,  aos agricultores e aos adegueiros,  a toda a corporación municipal, ao persoal municipal dos diferentes servizos, aos servizos sociais e do SAD que están a desenvolver as tarefas necesarias para que  os colectivos máis vulnerables e as persoas maiores do noso concello dispoñan das mellores condicións e non saían das súas vivendas, facendo que para eles este confinamento sexa o máis tranquilo e o máis levadeiro posible  e  a todos aqueles traballadores e traballadoras de todos os sectores que conseguen  co seu esforzo, responsabilidade e espírito de sacrificio, que esta crise sanitaria sexa máis soportable para todos.

 

Horacio Gil, remata  agradecendo especialmente ás adegas As Laxas, Pazo Pondal e Marqués de Vizhoja  a súa disposición e colaboración, así como tamén a todos e todas os voluntarios e voluntarias que participan nas labores de desinfección.

                                                                                                                             

 

Plan de desinfección contra o Coronavirus

O CONCELLO DE ARBO ELABORA UN PLAN DE DESINFECCIÓN EN TODO O MUNICIPIO COA COLABORACIÓN DE EMPRESAS DE ARBO

  • O Concello de Arbo, leva traballando dende o pasado sábado na desinfección das rúas do casco urbano e das zonas de máxima afluencia nas parroquias.

  • O concello de Arbo está a realizar estes traballos de desinfección coa colaboración de Adegas As Laxas e Adegas Marqués de Vizhoja, que puxeron a disposición do Concello a maquinaria e o persoal necesario para acometer estes traballos de hixienización en todo o municipio.

 

  • O persoal municipal está levando a cabo a desinfección dos contedores de lixo de todo o Concello.

  • O Concello de Arbo, está a adoptar diferentes medidas a favor dos colectivos máis vulnerables. Por resolución da alcaldía, púxose a disposición de todos os arbenses que se atopen dentro do colectivo de persoas vulnerables o servizo de taxis gratuíto para a realización de compras en supermercados e farmacias.

As  adegas arbenses  As Laxas e Marqués de Vizhoja puxeron a disposición do Concello de Arbo a súa maquinaria e persoal para colaborar co Concello de Arbo na aplicación de produtos desinfectantes nas rúas, marquesiñas e lugares onde existe máis concentración de persoas. Estes traballos de desinfección comezaron o sábado por  todo o casco urbano, seguiron onte polo barrio da Estación e a Estación de Renfe, a parroquia de Barcela, incluído o parque empresarial, a parroquia de Sela continuando hoxe polas restantes parroquias. Mañán volverá a facerse a desinfección pola tarde en todo o casco urbano e todas as súas rúas, e seguirase o mesmo plan nas diferentes parroquias.

O alcalde Horacio Gil, está coordinando, supervisando e acompañando en todo momento ao persoal voluntario das adegas e asegura que se trata dun operativo máis de prevención, que se seguirá levando a cabo mentres siga a crise sanitaria. O concello de Arbo, continuará aplicando todas as medidas que estean ao noso alcance para loitar contra o Covid-19.

Horacio Gil, considera que todas as medidas que se tomen nun momento de tanta urxencia son necesarias, e agradece as adegas As Laxas e a Marqués de Vizhoja  a súa disposición e colaboración, así como tamén a todos e todas os voluntarios e voluntarias, ao persoal municipal e a todos os veciños e veciñas de Arbo, pola súa colaboración e solicita que por favor sigan as indicacións facilitadas polas autoridades sanitarias, o Sergas, a Xunta de Galicia e o Goberno de España.

                                                                                                                             

 

Area de Comunicación do Concello de Arbo

 

O Concello de Arbo suspende a Festa da Lamprea

 

O CONCELLO DE ARBO SUSPENDE TODAS AS ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA OS VINDEIROS MESES , INCLUIDA A FESTA DA LAMPREA ANTE A CRISE SANITARIA QUE SE ESTA A VIVIR.

 

  • O Concello de Arbo apraza a Marcha BTT da Lamprea, a V Andaina da Lamprea, a Gala da Lamprea, o VIII Certame de Corais e a LX Festa da Lamprea, tamén se suspende o Campamento de Semana Santa

 

  • A atención aos maiores e aos colectivos máis vulnerables, facendolles a compra ou levándolle os medicamentos,  a desinfección das rúas, marquesiñas, praza de abastos, información aos colectivos… Son algunhas da medidas que se están a adoptar  dende os servizos municipais.

 

  • O Concello de Arbo xa adoptara como primeira medida axilizar o pago aos provedores do Concello para que poidan manter a súa actividade empresarial.

 

  • O Concello de Arbo, seguira adoptando máis medidas de hixiene e desinfección e información durante estes días para facer fronte a esta situación de emerxencia Sanitaria e Recorda a importancia de cumprir coas medidas recomendadas polos servicios sanitarios, pola Xunta de Galicia e do Goberno de España.

 

  • O concello de Arbo solicita e agradece o máximo cumprimento e a colaboración na aplicación de todas as medidas adoptadas

 

 

A situación xerada pola evolución do coronavirus COVID-19 supuxo a adopción de medidas de contención extraordinarias. O Concello de Arbo xa tomaba as primeiras medidas días antes da declaración do Estado de Alarma. O Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea “Arabo”, a Biblioteca Municipal e o  Punto de Atención a Infancia foron pechados, suspendéronse todas as actividades que desenvolvían asociacións culturais, deportivas ou colectivos nas instalacións municipais, pecháronse espazos de xogo infantil, o auditorio, o pavillón, os recintos deportivos, os parques, as áreas recreativas e suspendeuse o mercado do mércores.

 

O Concello de Arbo recorda a importancia de cumprir coa aplicación das medidas recomendadas polas autoridades sanitarias, pola Xunta de Galicia e polo Goberno de España.

 

O alcalde, Horacio Gil, manifesta que “non é momento para festas ou lecer. Coa crise do coronavirus o Concello de Arbo, ten outras prioridades máis inmediatas. A atención aos maiores e aos colectivos máis vulnerables, a desinfección das rúas, marquesiñas, praza de abastos, colocación de desinfectante de máns na praza de Abastos, dar información a tódolos colectivos e informar aos veciños e veciñas de Arbo,, son algunhas das medidas que se están a adoptar dende os servizos municipais, sempre coa finalidade de protexer o benestar dos veciños e veciñas de Arbo.

 

Toda a actividade suspendida traerá consecuencias; os meses de febreiro, marzo, abril e maio son a temporada da lamprea en Arbo e cando máis traballan os nosos servizos de hostalaría. Durante a época e pesca da Lamprea e cando máis traballan os restaurantes, casa de turismo rural en todos os demais sectores de turismo de Arbo,  o que supón unha perda económica moi importante para este concello.

Unha vez que saiamos desta crise sanitaria, o Concello de Arbo valorará xunto con todos os sectores afectados por esta crise e valorar cantas iniciativas sexan necesarias e que dentro das posibilidades e competencias municipais, podamos axudar e dinamizar a economía local e para favorecer a recuperación e reactivación económica do noso Concello.  Xa estamos traballando  nas medidas necesarias para poder axilizar ao máximo o pago aos provedores, para colaborar coa continuidade da súa actividade empresarial, tratando de minimizar ao máximo os problemas de liquidez que esta crise lles puidera ocasionar e tratar de manter os postos de traballo.”

 

O rexedor agradece a todo o persoal dos servizos municipais do Concello de Arbo, en especial a servizos sociais e ao SAF, que están reforzando o servizo e complementando con outras medidas que adoptou o concello como facerlle a compra de alimentos ou de medicinas aos sectores maiores e máis vulnerables. Tamén agradecer os veciños e veciñas e as empresas de todos os sectores que se puxeron en contacto para ofrecer ao Concello os seus servizos e a tódolos arbenses que están a cumprir as medidas establecidas pola Xunta de Galicia e o Goberno de España.   

 

 

Visita Universitarios del Basque Culinary Center

UNIVERSITARIOS DO BASQUE CULINARY VISITAN ARBO PARA CONOÑECER O MUNDO DA LAMPREA

  • O pasado 10 de marzo alumnos e alumnas do Basque Culinary Center visitaban Arbo, para coñecer os segredos da Lamprea de Arbo
  • A Basque Culinary Center, e a primeira universidade española especializada en Gastronomía e artes culinarias

 

Un ano máis os alumnos e alumnas do Basque Culinary Center, viñeron descubri este manxar que caracteriza Arbo. A Lamprea de Arbo acompañada dos afamados viños con denominación de orixe Rias Baixas deixan pegada sempre.

Os univertarios do Basque Culinary Center, acompañados polo alcalde do Concello de Arbo,  puideron coñecer de primeira man con cociñeiros arbenses que coidan con esmero a tradición da preparación da lamprea, a pesca da lamprea, a forma de cociñala e a degustación en todalas súas maneiras de preparación.

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011