Adxudicación redacción proxecto abastecemento

A XUNTA ADXUDICA A REDACCIÓN DO PROXECTO DA 2ª FASE DA MELLORA DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO NO CONCELLO DE ARBO

 

  • O contrato, cun investimento de máis de 18.000 euros, ten como obxectivo  definir o deseño construtivo para a rehabilitación do bombeo de captación, impulsión, tratamento e conexión entre os depósitos do Couto e Arbo
  • O proxecto dálle continuidade á 1º fase do estudo realizado para a mellora xeral do sistema de abastecemento neste municipio, e que desenvolve a nivel construtivo a impermeabilización de varios depósitos e a instalación de equipamentos
  • Augas de Galicia mantén o seu apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento

 

Arbo , 2 de marzo de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto da 2ª fase da mellora do sistema de abastecemento, no Concello de Arbo.

Este contrato, cun investimento autonómico de máis de 18.000 euros, foi adxudicados á empresa Ingenia Proyectos Técnicos, S.L.   

Os traballos a realizar consisten na redacción dun proxecto construtivo para proseguir co desenvolvemento do abastecemento de Arbo, que inclúa a renovación do bombeo principal, nova tubaxe de impulsión ao Couto de maior diámetro, nova estación de tratamento de auga potable, e nova conexión entre o depósito do Corgo e o de Arbo.

Este actuación dálle continuidade á 1º fase do estudo realizado a pasado ano por Augas de Galicia para a mellora xeral do sistema de abastecemento neste municipio.

No mesmo realizouse un estudo de alternativas, nas que se inclúe as propostas de intervención obxecto deste contrato. Tamén permitiu o desenvolvemento a nivel construtivo e, coma primeira fase, a impermeabilización de varios depósitos e a instalación de determinado equipamento para o control do caudal servido e do cloro libre na auga potable.

Con estas actuación, o organismo hidráulico da Xunta atende á petición de colaboración do Concello de Arbo. O mesmo, ante os problemas no sistema de abastecemento municipal, solicitou a colaboración para a mellora da rede, encamiñada a asegurar o subministro estival, a reducir as importantes perdas de caudal e a optimizar os depósitos.

Augas de Galicia mantén o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.

 

Visita Directora Xeral de Xuventude

Política Social escoita  as propostas da mocidade  de Arbo en materia de xuventude

Esta é a segunda visita que a Directora Xeral de Xuventude realiza a Arbo

Cristina Pichel tamén informou a mocidade que asistiu o encontro de programas e actividades que poden ser do seu interese.

Arbo a 25 de febreiro de 2020

A Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou o Concello de Arbo donde mantivo un encontro no día de onte coa mocidade no Salón de Plenos da Casa Consistorio  para coñecer as súas propostas con motivo de seguir mellorando os programas e actuacións dirixidas a xente xove.

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, informou os presente dalgunhas melloras que se foron introducindo e que afectan a este colectivo como son que o carné xove pode solicitarse nas dependencias municipais, que o carné permite o desconto do 50% na entrada da piscina, así como en outros cinco establecementos máis do concello como son LIBRERÍA ARCOIRIS, LIBRERÍA CAPRICHOS, que ofrecen un 10% de desconto en material escolar, ALBERGUE O COTO, con un 7% en habitacións e casa completa, agás tempada alta, ARREPIÓNS VAGUADA  e AVENTURA, empresas de deportes de aventura que ofrecen un 10% en actividades deportivas no río Miño. O rexedor tamén comunicou que se esta xestionando a posibilidade de unha oficina de información xuvenil e de organizar cursos e outras actividades durante este ano.

 

Modificación ordenanza do lixo

O CONCELLO DE ARBO REBAIXARÁ UN 10% O RECIBO DO LIXO

 

  • O Concello de Arbo impulsa unha bonificación do 10% para todos os veciños e veciñas de Arbo no recibo do lixo

 

  • O Pleno do Concello de Arbo, aprobaba no día de hoxe, á Proposta da Alcaldía  a modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida de lixo para trasladar aos usuarios do servizo o aforro obtido polo Concello coa aplicación da bonificación do 10% no  canon unitario de tratamento de residuos urbanos de SOGAMA

En febrero do ano 2019 o Alcalde do Concello de Arbo solicitaba a aplicación de dita bonificación declarando asumir o compromiso de adoptar as medidas para trasladar, con efectos económicos, o importe equivalente ao da devandita bonificación ás persoas beneficiarias do servizo e de procurar unha redución de residuos medíante o mantemento ou a aprobación de novas medidas que fomenten a recollida selectiva, orientadas á prevención e redución da produción de lixo convencional ou ao fomento da reciclaxe dos envases lixeiros.

Con esta bonificación o Concello obtivo un aforro no canon a aboar a SOGAMA polas toneladas entregadas polo servizo municipal durante o ano 2019, aforro que se obterá tamén durante o 2020, e que se pretende trasladar aos usuarios do servizo a través dos recibos da taxa pola prestación do servizo de recollida de lixo emitidos durante o ano 2020, buscando así repercutir directamente dita bonificación no canon unitario nas persoas usuarias e beneficiarias  do servizo.

O alcalde do Concello de Arbo, destaca que esta modificación suporá un aforro no pago  do lixo é farase efectiva nos vindeiros recibos.  “Non é a primeira ordenanza que este goberno  modifica facendoa máis ventaxosa para os arbenses - así o traslada o rexedor Horacio Gil que asegura o seu compromiso cos veciños e veciñas de Arbo– “nos últimos anos dende a chegada deste goberno, modificouse a ordenanza da auga, piscinas municipais, I.C.I.O sempre pensando na economía, na creación de emprego e no benestar dos habitantes deste municipio “

Horacio Gil, prosigue:  “con estas medidas tamén se pretende reducir a cantidade de lixo que se bota ao colector xenérico, e promover a reciclaxe. Deste xeito darase un paso máis no compromiso de respectar ao medio ambiente e na concienciación municipal con respecto á importancia de actuar para reducir o volume de residuos que se xeran na actualidade”.

 

Reunión dos alcades de Arbo e As Neves en Madrid para tratar sobre a LAT

O ALCALDE DE ARBO E O ALCALDE DAS NEVES REUNIANSE EN MADRID CO DIRECTOR XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL DO MINISTERIO PARA ATRANSICIÓN ECOLÓXICA PARA TRATAR SOBRE A LINEA DE ALTA TENSIÓN QUE AFECTA AOS DOUS CONCELLOS.  

 

  • Os alcaldes de Arbo, Horacio Gil (PP), e de As Neves, Xosé Manuel
    Rodríguez Méndez (BNG), mantiveron este luns en Madrid unha xuntanza co Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio para aTransición Ecolóxica, Ismael Aznar Cano, para tratar o paso da liña dealta tensión por varias zonas habitadas dos dous concellos.
  • O alcalde do Concello de Arbo, recibía o pasado 11 de febreiro a comunicación para reunirse a día de hoxe en Madrid co Director General de Calidad y Evaluación Ambiental. Horacio Gil,  fixo partícipe de esta comunicación   e invitou o alcalde do municipio de As Neves, o considerarse tamén afectado pola recente proposta de trazado alternativo proposto por Red Eléctrica.

 

Horacio Gil e Xosé Manuel Rodríguez expuxéronlle ao Director Xeral o rexeitamento das dúas corporacións e das veciñas e veciños de Arbo e de As Neves a esta iniciativa e ao recente estudo de tratado alternativo proposto á mesma.

Este tendido, que dacordo coa información de Red Eléctrica Española, circularán máis de 400.000 voltios, pasaría por Fontefría, en A Cañiza, e entraría en Portugal, moi preto de vivendas dos dous concellos, algo que non ten xustificación considerando os prexuízos para as persoas e o territorio.

 

Á vista destes argumentos, o director xeral adquiriu o compromiso de convocar unha reunión entre os Concellos de Arbo e As Neves,representantes de Red Eléctrica Española e do propio Ministerio deTransición Ecolóxica, pasado un prazo de dous meses, tempo no que estudará as contestacións ás consultas previas que formularon  tanto os concellos coma persoas individuais e colectivos de Arbo e As Neves.

A instancia dos dous alcaldes, o director xeral consultará con RedeEléctrica outras opcións a ese tendido tendo en conta a firme oposición das corporacións e os veciños de Arbo e As Neves a calquera das alternativas de trazado propostas ata agora.

Colocación de Placa Conmemorativa na

 O ALCALDE DO CONCELLO DE ARBO, HORACIO GIL, DESTAPABA A PLACA DEDICADA A VECIÑA DA GRANXA “DONA FILOMENA”

  • Arbo, a 16 de febreiro de 2020- O Alcalde de Arbo do Concello de Arbo, destapaba o sábado pola tarde, xunto cos veciños e veciñas e familiares de “Dona Filomena”  a Placa conmemorativa no Camiño de A Granxa-Arbo “Costa da Filomena”
  • 14 veciños da Granxa en Arbo, presentaban o pasado 27 de febreiro de 2019 un documento donde solicitaban a colocación dunha placa coa denominación de “Costa da Filomena”,  por ser moitas as  persoas que coñecían e acostuman a denominar a costa pola que ascende cara o camiño que transcorre dende o Lugar de A Granxa ao Lugar de Ferral con ese nome.
  • O acto que tivo lugar na tarde de onte, acudiu o alcalde, membros da corporación, descendentes de Dona Filomena e veciños e veciñas de Arbo.

No mes de marzo a proposta da alcaldía, o pleno do concello de Arbo, aprobaba por unanimidade aprobar e recoñer unha costume centenaria como era a denominación da “Costa da Filomena”. Dado que as persoas maiores do  lugar ás que se lle consultaban utilizaban dita denominación, o alcalde considerou que a  perda desta costume sería deixar escapar parte da historia deste municipio e concretamente, da historio desta familia, polo que o trasladou o pleno para a súa aprobación.

 

 Según manifesta o alcalde do Concello de Arbo, veciño tamén do barrio da Granxa,  dona Filomena, tería que haber sido unha persoa singular para que os veciños, decidisen denominar esta costa co seu nome, e entendemos por tanto que toda persoa singular merece un recoñecemento, como xa se fixo anteriormente neste Concello.  O rexedor afirma que a historia dos barrios e a historia de todos, e que as tradicións e costumes forman parte da lenda dun lugar.

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011