Visita Directora Xeral de Xuventude

O Alcalde de Arbo, Horacio Gil e a Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asinaronn esta mañá o compromiso de adhesión ao programa Carné Xove.

 

  • A adhesión a este programa, como entidade colaboradora, ofrecerá vantaxes no acceso as instalacións da Piscina Municipal, sendo o Concello de Arbo a primeira entidade local en solicitar a adhesión ao Carne Xove.

 

  • O alcalde, Horacio Gil, destaca o compromiso da Xunta de Galicia co Concello de Arbo, nun compromiso que se extende a todas ás áreas do Concello

 

Coa sinatura deste acordo os usuarios do Carne Xove poderán ser, entre outras, beneficiarios dun desconto do 50% na entrada da piscina municipal, pola súa banda a Consellería de Política Social comprométese, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a incluír gratuitamente ao Concello de Arbo, como establecemento colaborador, xunto co seu enderezo, actividade e vantaxes ofertadas, na “Guía dixital do Carné xove” publicada na páxina web: http://xuventude.xunta.es

 

O carne xove é unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega de entre 12 e 30 anos, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40  países europeos adheridos ao programa Carné Xove.

Durante a reunión tamén se acordou que os interesados en solicitar o Carné Xove, poderán facelo a través do Concello de Arbo, en horario de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas.

O alcalde de Arbo, amosa a súa satisfacción polo interese mostrado pola Directora Xeral de Xuventude que se desprazou ata Arbo para manter esta xuntanza e asinar o acordo que permitirá á mocidade do concello desfrutar de todas as prestacións que implica o desenvolvemento deste programa, asemesmo tamén se mostra orgulloso de ser o primeiro Concello que solicita a adhesión ao Carne Xove para facer descontos en instlacións municipais. Horacio Gil, sinalou que dende o Concello se fará unha campaña para que toda a mocidade de Arbo poida facerse titular do Carné Xove, así como animar aos comercios locais para que se adhiran a este programa. O alcalde informa que igualmente se ten previsto aplicar diferentes incentivos para que os maiores de 65 anos e as familias numerosas, podan tamén acceder ás instalacións municipais en condicións vantaxosas.

 

 

Reunión do alcalde de Arbo coa Conselleira de Infraestructuras e Mobilidade

A CONCELLEIRA DE INFRAESTRUCTURAS E MOVILIDADE, ETHEL MARÍA VÁZQUEZ MOURELLE, MANTIVO UNHA XUNTANZA EN SANTIAGO, CO ALCALDE DO CONCELLO, HORACIO GIL EXPÓSITO.

A XUNTA COLABORARÁ EN VARIOS PROXECTOS DE INTERESE  E DE SUMA IMPORTANCIA PARA O MUNICIPIO DE ARBO

 

§  A Consellería de Infraestruturas financiará as obras de reforzo de firme e de construción dunha senda na contorna da bodega e o pazo e o Concello asumirá a titularidade deste antigo tramo da PO-400

§  Augas de Galicia apoiará ao municipio na mellora do sistema de abastecemento de auga, para o que actuará de forma inmediata na impermeabilización dos depósitos de auga

§  Actualmente está practicamente rematado o estudo sobre as necesidades de actuacións para a mellora da captación

§  Ademais Augas de Galicia redactará o proxecto para dotar de saneamento ao núcleo de Valouta na parroquia de San Cristóbal

 

 

Arbo, 2 de novembro de 2019.- A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo unha xuntanza co alcalde de Arbo, Horacio Gil, na que lle trasladou o compromiso da Xunta para incrementar a seguridade viaria na travesía de Cequeliños.

 

Segundo o acordado na reunión, o departamento de Infraestruturas financiará as obras de reforzo de firme e unha senda neste tramo da travesía de Cequeliños. Pola súa banda, o Concello de Arbo se compromete a asumir a titularidade deste antigo tramo da PO-400.

 

A conselleira tamén se comprometeu que o departamento que dirixe mantén a súa colaboración para encamiñar as solucións aos problemas que presentan os  sistemas de abastecemento no núcleo de Arbo e para dotar de saneamento ao núcleo de A Valouta na parroquia de San Cristóbal.

 

Neste eido, Ethel Vázquez indicoulle que está practicamente rematado o estudo de actuacións para á mellora da captación de Arbo, e que foi contratado este mesmo ano a través de Augas de Galicia por un importe de 18.000 euros.

 

En paralelo a estes traballos, comunicoulle ao alcalde que o organismo hidráulico da Xunta está a tramitar a contratacións das obras de impermeabilización de depósitos para tentar paliar as perdas de auga do sistema de abastecemento neste núcleo. O investimento previsto superará os 48.000 euros.

No que se refire ao saneamento no núcleo de Valouta na parroquia de San Cristóbal, Ethel Vázquez expresou a disposición da Xunta para tramitar a contratación da redacción deste proxecto.  

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil agradece o compromiso da Xunta con Arbo, atendendo unha vez máis a proxectos estratéxicos de este concello, especialmente o que se refire o abastecemento integral,  que permitira mellorar o servizo de augas de todos os veciños e veciñas de Arbo e así cumprir coas  premisas en materia de abastecemento e acadar os obxetivos fixados -Mellorar as infraestructuras de comunicación municipais que serven de acceso a distintas localidades do municipio, co obxetivo de favorecer as condicions de transito e seguridade viario, así como perfeccionar o abastecemento e o saneamento, son algunhas da prioridades  para optimizar  a  calidade de vida dos arbenses, e cumprir coa folla de ruta marcada por este gobernó para os seguintes catro anos – afirma Horacio Gil. O rexedor, manifesta que co compromiso da Conselleira de Infraestrutura e mobilidade no reforzo de firme e de construción dunha senda na contorna da bodega e o pazo e o Concello asumirá a titularidade deste antigo tramo da PO-400 na parroquia de Cequeliños mellorarase a seguridade nese tramo de estrada o igual que ocorreu coas obras da rotonda da Vila en Arbo financiada o 100% por esta Conselleria.
 

Arbo di non a Lat por Arbo

O CONCELLO DE ARBO DÍ NON UNHA VEZ MÁIS Á LINEA DE ALTA TENSIÓN

Arbo a 25 de outubro de 2019 - O Pleno municipal do Concello de Arbo, en sesión extraordinaria urxente do día 24 de outubro, acordaba por unanimidade dos membros do plenario mostrar o seu rexeitamento contra a Linea 400 KV Fontefría-Frontera Portuguesa.

O día 16 de setembro de 2019 o Concello de Arbo recibe expediente para estudio de viabilidade dun trazado alternativo do tramo final da Linea 400 kV Fontefría-Fronteira Portuguesa que discurre entre o límite do veciño concello de As Neves e o barrio de Rozas, dentro da parroquia de Sela, e que combina co solicitado polo Concello de Arbo no ano 2013, alternativa que tanto o Concello como a veciñanza rexeitan como xa fixeran coa anterior proposta que discurría polos barrios de Valiñas e Poste.

Horacio Gil, alcalde de Arbo, manifesta que, como non podería ser doutra maneira, o Concello e él como alcalde, defenderán sempre o interese de todos os veciños e veciñas de Arbo, mantendo a postura de rexeitamento de calquera liña de alta tensión que poidera afectar a calquera zona dentro do territorio deste municipio, como se recolle no escrito de alegacións que o plenario acordou remitir ao Ministerio. Tamén se insiste neste escrito no rexeitamento á afección orixinaria aos barrios de Valiñas e Poste, pedindo o arquivo do expediente, así como considerar inviable a conexión coa alternativa proposta polo barrio de Rozas, pola afección ás persoas, ás súas propiedades e ao patrimonio, ademáis de non contar con salida ao enlace co país veciño.

En Ruta Coa Depo

O pasado 26 de outubro, a Asociación Down Xuntos de Pontevedra e a Asociación de Trasdeza  - A Estrada , visitaban o Concello de Arbo co programa “En Ruta coa Depo”

Un total de  aproximadamente 90 persoas visitaban o pasado sábado as pequeiras do Rio Miño e o Centro de Interpretación do viño e a Lamprea “Arabo”.  Os visitantes puideron gozar pola maña da impresionante panorámica das  Pesqueiras do Río Miño, unha síntese perfecta entre arquitectura e enxeñería que durante moitos anos formaron parte da vida laboral e a economía dos  arbenses, xunto coa pesca da  Lamprea.  Tras a bela estampa, comeron nun restaurante de Arbo e pola tarde e como remate da visita,  ás cinco da tarde, coñeceron o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”, donde puideron  acercarse un pouco máis aos emblemas de Arbo, que son o Viño e a Lamprea.

O programa em Ruta coa Depo, consiste en pasar un día coñecendo os lugares sinalados no roteiro asignado cunha persoa do equipo de guías, con xantar e transporte incluídos. Unha actividade moi ben acollida por todos os colectivos, donde o Concello de Arbo e o Museo Arabo, esta entre os destinos máis solicitados polas entidades participantes – manifesta o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil

Arbo gana a Batalla dos Eólicos as Neves

O CONCELLO DE ARBO, GAÑA A BATALLA DOS EÓLICOS CO CONCELLO DE AS NEVES

Arbo a 4 de outubro de 2019 .- O 4 de abril de 2008 o Concello de Arbo
presentaba no Rexistro da Conselleria de Presidencia Administración
Publica e Xustiza, o acordo adoptado na Xunta de Goberno Local de 13
de decembro de 2007, sobre o inicio do expediente de delimitación nos
termos municipais entre As Neves e Arbo


A orixe do problema foi a titularidade dos terreos nos que se enclavan
os muíños eólicos que se sitúan entre os municipios de Arbo e As
Neves. As comunidades de montes reciben unha compensación polo aluguer
sos seus terreos ás empresas produtoras de enerxía eólica e a
comunidade de montes de Cabeiras, en Arbo, sostiña que debía recibir
máis fondos porque había tres muíños que estaban realmente no seu
territorio, mentres que o Concello das Neves sostiña que as torres
estaban en terreos nevenses.

O 31 de outubro de 2012, por decreto da Conselleria de Presidencia
resolveuse o expediente de deslinde a favor de Arbo, decreto que foi
recorrido polo Concello de As Neves e que foi desestimado pola Sala do
Contencioso-Administrativo de Madrid o pasado 1 de outubro de 2019,
feito que clarifica definitivamente a titularidade dos terreos, e
posibilitará que a comuninade de montes afectada e o Concello de Arbo
perciban as compensacións económicas que legalmente lles pertencen.

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011