Clausura obradoiro de Emprego

Arbo.- 27 de marzo de 2017 - O pasado venres 24 de marzo na Casa Consistorial de A Cañiza, tivo  lugar a clausura do Obradoiro de Emprego 'II Paradanta'

O acto o que acudió o Delegado de la Xunta Jose Manuel Cores Touris, o alcalde de Arbo Horacio Gil Exposito, asi como o alcalde de A Cañiza, Crecente e Covelo.

O obradoiro de emprego que comezou no mes de setembro de 2016, preparou os vinte alumnos participantes, para a  formación en fábricas de albanelería e actividades auxiliares de conservación e mellora de montes, que permitiron acometer importantes proxectos na nosa vila, como a reparación e reacondicionamento dos lavadoiros  da Estación, das Regadas e de Vilaverde; a plantación, poda e limpeza dos parques de San Antonio e Rial do Pazo, o xardín do Lavadoiro de Turbela ou o acodicionamento da rotonda de San Benito.

O Delegado da Xunta así como os alcalde da Paradanta, mostraron a súa satisfación e felicitaron os alumnos polo traballo realizado en estes meses, coincidindo todos que este tipo de acción, axudan as persoas desempregadas a que logren reinsertarse laboralmente.

Area de comunicación 

 

 

 

 

 

Visita da Subdelegada

La subdelegada del Gobierno visita Arbo 

 

La subdelegada del Gobierno en Pontevedra, Ana Ortiz, realizó su primera visita institucional al Concello de Arbo este martes. Allí fue recibida por el alcalde, Horacio Gil, y ambos mantuvieron un encuentro en el que el regidor informó a la subdelegada sobre la situación del municipio en diversas materias relacionadas con el Gobierno central. 

 

La Escuela de Turismo Itinerante del CSHG formo a los hosteleros de la ruta de la Lamprea del Concello de Arbo.

Arbo a 8 de marzo .- O Concello de Arbo e Turismo de Galicia , a través da Escola de Turismo Itinerante,  desenvolveu tres cursos de formación dirixidos aos hostaleiros da ruta da lamprea, os días 21 de febreiro, 6 e 7 de marzo co obxectivo de mellorar o servizo e facer unha xestión eficiente dos negocios.

Os establecementos hostaleiros que traballan na ruta da lamprea do río Miño poideron  mellorar o seu servizo e a súa xestión grazas á Escola de Turismo Itinerante do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), dependente da Axencia de Turismo de Galicia que impartiu tres cursos nas próximas semanas para estos profesionais.

Os cursos impartidos por profesores do Centro Superior de Hosteleria de Galicia, trasladaronse ata o Concello de Arbo para mostar os restauradores do Concello de Arbo, A Vila da Lamprea por excelencia, Como mellorar o posicionamento en internet, a reputación on-line e ferramentas para ser máis visibles na rede a alidade e técnicas na atención ao cliente. Tipoloxías de cliente. Tratamento de queixas e reclamacións. Información e coñecemento da ruta da lamprea. E as ferramentas de xestión de alimentos e bebidas do restaurante (ficha técnica, escandallos e receitas). Ferramentas para a análise (contas de explotación, instrumentos básicos de análise e xestión de custos).

A  formación  é un pilar fundamental para o desarrollo do sector turístico de Arbo, foi unha inicitiva moi ben acollida por todolos sectores de hostelería e turismo desta zona, tendo unha ampla participación dos restaurantes e casas de turismo rural do municipio, que avaliaron de forma moi positiva e beneficiosa este tipo de cursos para mellorar o seus servizos.

A Clausura do Curso asistiu a Directora da Escola de Turismo de Galicia, dona Marta Fernandez

A Ruta da lamprea  que da a coñecer o importante patrimonio que rodea a este peixe e a súa captura. Este novo elemento dinamizador do turismo na zona vai unido ao viño e á gastronomía, polo que é fundamental que os establecementos hostaleiros de  un bo servizo.

Arbo forma os seus hosteleiros

CURSOS DE FORMACIÓN PARA OS HOSTELEIROS DA RUTA DA LAMPREA

O Concello de Arbo e Turismo de Galicia, a través da Escola de Turismo de Galicia,  imparten tres cursos durante os días 21 de febrero, 6 e 7 de marzo.

Con esta iniciativa pretendese que os establecementos hosteleiros que traballan na Ruta da Lamporea do Rio niño poideron mellorar o servizo e a súa xestión gracias a escola intinerante do Centro Superior de Hosteleria de Galicia (CSHG), dependente da Axencia de Turismo de Galicia.

A primeira xornada “Como mellorar o posicionamento en internet, a reputación on-line e ferramentas para ser máis visibles na rede”  - Formador: Antonio Vázquez, xestor de Marketing do CSHG tivo lugar onte día 21, e o acto de presentación acudio a Directora Xeral de Turismo de Galicia Nava Castro e Marta Fernández Vázquez
Directora CENTRO SUPERIOR DE HOSTELERÍA DE GALICIA

A ruta da lamprea é un dos novos produtos turíticos que desenvolve a Axencia de Turismo de Galicia. Implica a sete municipios do Baixo Miño, Condado e A Paradanta e pretende dar a coñecer o importante patrimonio en torno á lamprea e a súa captura. Este novo elemento dinamizador do turismo na zona vai unido ao viño e á gastronomía, polo que é fundamental que os establecementos hostaleiros den un bo servizo.

 

Presentación da Festa da Lamprea 2017

O CONCELLO DE ARBO PRESENTA NA CASA DE GALICIA A LVII FESTA DA LAMPREA, QUE TERÁ LUGAR O ÚLTIMO FIN DE SEMANA DE ABRIL DE 2017

 As instalacións da Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia foron o escenario elixido polo Concello de Arbo (Pontevedra) para presentar en Madrid a profesionais do sector turístico e medios de comunicación a “Tempada da lamprea 2017” e a “LVII Festa da Lamprea”, que terá lugar o último fin de semana de abril, do día 28 ao 30, por primeira vez como Festa de Interese Turístico Nacional.

Na presentación, que tivo lugar o pasado 8 de febreiro, interviñeron o alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito, o presidente do Consello Regulador Rías Baixas, Juan Gil Araujo, a directora xeral de Turismo, Nava Castro González, a secretaria de Estado de Turismo, Matilde Pastora Asián González, que pechou o acto, e o delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega López.

Entre os asistentes ao acto estaban a directora da Escola Superior de Hostalería de Galicia,  o presidente da Fundación Segundo Gil Dávila, de Arbo, Antonio Vieitez, membros da corporación municipal de Arbo, representantes das bodegas de Arbo e do Consello Regulador Rías Baixas, Lorenzo Diaz e Josemi, pregoneros das últimas edicións da Festa da Lamprea e  periodistas e criticos gastronomicos de distintos medios de comunicación.

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, agradeceu ao alcalde Horacio Gil que trouxese á Casa a presentación da nova tempada e a LVII Festa da Lamprea, peixe prehistórico do que dixo que é “manxar que namora” e do que Arbo é capital, ademais de feudo do augardente “preparado de forma artesanal”. “A lamprea é un peixe máxico que en Arbo converten en comida de deuses”, valorou.

Tamen tivo palabras de recoñecemento para o municipio de Arbo, do que afirmou que “é un paraíso que combina o val do Deva e do Cea. A veciñanza de Portugal engade unha vocación de terra limítrofe que comunica, relaciona e comparte”. “Aquí os señores feudais construíron fortalezas e máis tarde os pazos exhibiron a súa planta señorial”, engadiu.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, sinalou que os “maiores bens” do seu municipio, de algo menos de 3.500 habitantes, son o viño e a lamprea, recurso este último do que lembrou que “leva existindo máis de 500 millóns de anos, é un dos primeiros vertebrados”, e que grazas á súa abundancia en Arbo especializáronse na súa preparación e levan xa 56 anos celebrando “unha das festas gastronómicas máis antigas de Galicia”. Resaltou que “o ano pasado declarouse esta celebración como Festa de Interese Turístico Nacional, polo que esta LVII edición celebrarémola coa cabeza aínda máis alta”.

“Eses días, a lamprea e o viño serán o centro de atención, que tamén despuntan en agosto, cando explotamos a versión seca deste peixe noutro evento, aínda que o resto do ano tamén hai boa e variada gastronomía, como é imperativo en Galicia”, engadiu o alcalde, que tamén sinalou outras posibilidades para gozar de Arbo, como o turismo rural, o deporte de aventura e “un gran patrimonio inmaterial cheo de lendas, crenzas e rituais de carácter místico e relixioso”. Así puido verse inmediatamente despois da súa intervención, coa proxección dun vídeo promocional sobre o municipio.

Juan Gil, presidente do Consello Regulador Rías Baixas, explicou que “para os devotos do viño, Arbo, xunto con toda a subzona do Condado e a Denominación de Orixe Rías Baixas na súa totalidade, ofrece algúns dos mellores brancos do mundo, sen esquecernos dos sorprendentes tintos ou dos emerxentes espumosos”. “Coa base do albariño como variedade principal, pero co concurso tamén das demais variedades desta marabillosa terra, Arbo pode presumir, coa cabeza moi alta, de ofrecer unha colección de viños que satisfarán aos máis esixentes consumidores”, mantivo.

A directora xeral de Turismo, Nava Castro, resaltou que “a Festa da Lamprea de Arbo recibiu a declaración de Interese Turístico Nacional o pasado ano, unha merecida distinción que demostra tanto a antigüidade, arraigamento e continuidade da festa como a súa singularidade” e que “esta festa é unha das celebracións gastronómicas populares con máis tradición e máis peculiares de Galicia, e contamos con máis de trescentas”. Castro referiuse á lamprea como “un dos produtos máis auténticos de Galicia”, que presentou unido a “os estupendos caldos de uva albariño do municipio”.

Expuxo así mesmo que en paralelo á Festa da Lamprea en Arbo celébranse distintas actividades “que permiten ao visitante gozar do mellor desta terra”. Tamén que en Arbo souberon sacar partido á lamprea durante todo o ano, a través da denominación seca. “Como complemento a esta festa, desde Turismo de Galicia creamos un novo produto turístico ao redor deste particular pescado e a súa captura, a Ruta da Lamprea” que combina numerosos recursos vinculados a este produto “en cada unha das zonas dos tres ríos nos que habita en Galicia, Miño, Tambre e Ulla” e que “potencia a oferta turística dos dezaoito municipios que a integran”, explicou.

Matilde Asián quixo mostrar coa súa presenza o apoio do Ministerio a esta festa gastronómica que se celebra desde 1961. A secretaria de Estado sinalou a visión turística de quen a iniciou e destacou a oferta de Arbo como destino turístico, declarando que “foi un pracer declarar Festa de Interese Turístico Nacional” á Festa da Lamprea. “A gastronomía é un elemento indisociable da experiencia turística e está estreitamente vinculada ao territorio, polo que iniciativas como esta contribúen positivamente ao sector turístico”, engadiu.

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011