Visita da Directora Xeral da Administración Local e do Delegado da Xunta

A XUNTA E O CONCELLO DE ARBO COLABORAN NA MELLORA DAS  INFRAESTRUTURAS VIARIAS

 

  • A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron esta mañá o concello

Arbo (Pontevedra), 2 de outubro de 2019. A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe o concello de Arbo acompañados polo seu alcalde, Horacio Gil, onde ambas administracións colaboraron na mellora de varias infraestruturas viarias

Durante a súa visita, Marta Fernández-Tapias, destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades e da veciñanza, xa que os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns.

A Xunta e o concello de Arbo colaboraron o ano pasado nun proxecto para a mellora da pavimentación de dous camiños públicos municipais nos núcleos de O Couto e Almuíña co obxectivo de rexenerar a rodadura de ambas estradas. Os traballos incluíron o desbroce e a limpeza dos dous camiños. No caso do camiño do Couto tamén se retiraron as raíces das árbores que deterioran o seu firme. Con esta actuación mellorouse o servizo aos usuarios que transitan por estas vías, tanto vehículos como peóns, e quedaron rematadas as  conexións coa actual rede viaria de Arbo conseguindo un conxunto interconectado. 

 

Adquisición Ben Inmoble

 

O CONCELLO DE ARBO ASINA A  ADQUISICIÓN DO IMMOBLE  SITO NO LUGAR DE CHAN PARA DESTINALO A CENTRO SOCIAL PARA A TERCEIRA IDADE E PUNTO DE ATENCIÓN INFANTIL (P.A.I)

 

        

O pasado día 17 de xullo na notaria de A Cañiza o alcalde, Horacio Gil, facía efectiva a compra do inmoble sito en a Chan, denominado “Arboreda”, por un importe de 175.000 euros.

O prezo de compra prezo foi de 175.000€.-, adquírindose  co fin de situar no mesmo o futuro Centro Social para a Terceira Idade e Punto de Atención Infantil (P.A.I), complementando as actuais instalacións e servizos que posúe este Municipio e destinados a estes colectivos, cada vez máis numerosos en concellos do rural como Arbo.  As negociacións por parte do alcalde e o expediente de compra arrancaban no ano 2016,  sempre co obxetivo de dotar Arbo dun local que beneficiase aos veciños e veciñas de Arbo.

 

O alcalde do Concello de Arbo informa que dito inmoble dado que esta situado no entorno do Casco urbano,  resulta o máis idóneo para a implantación do  Centro Social para a Terceira Idade e Punto de Atención Infantil (P.A.I).

O rexedor segue informando que este Centro Social para a Terceira Idade é imprescindible por ter como misión principal a acollida, entretemento e coidado deste colectivo. O Punto de Atención á primeira infancia é de vital importancia para unha localidade como Arbo e cumpre as seguintes funcións: función social, xa que favorece a conciliación entre a vida familiar e laboral. Función asistencial, cubrindo as necesidades físicas dos nenos e nenas a través da adquisición e do desenvolvemento dos seus primeiros hábitos. Tamén se atenden as necesidades puntuais e aqueles casos nos que concorran situacións ou circunstancias que lles impidan ás familias o seu coidado. E función educativa, ofrecendo aos nenos e ás nenas un entorno de aprendizaxe, socialización e estimulación idóneo para o desenvolvemento integral das súas capacidades. A futura localización do P.A.I nestas instalacións ven a mellorar notablemente o servizo que ofrece actualmente este concello, ampliando a súa capacidade e calidade como centro de atención e coidado dos pequenos.

 

Adhesión ao Pacto de Alcaldes

O CONCELLO DE ARBO SUMASE AO PACTO DE ALCALDES CONTRA O CAMBIO CLIMATICO

O concello de arbo aprobaba o pasado 15 de marzo no plenario municipal adherirse á iniciativa europea  do pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía

A Comisión Europea puxo en marcha en 2008 o Pacto dos Alcaldes (Covenant of Mayors), unha iniciativa aberta a todas as cidades e municipios en Europa co obxectivo de involucrar ás autoridades locais e aos cidadáns no desenvolvemento e a aplicación da política enerxética da Unión Europea. O Pacto consiste no compromiso das cidades asinantes de ir máis alá dos obxectivos adoptados para o ano 2020 pola UE para reducir as emisións de CO2 a través de medidas de eficiencia enerxética, de accións relacionadas coa promoción das enerxías renovables e da mobilidade urbana sostible. A Xunta de Galicia e consciente de que o Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía e o mellor instrumento para implicar aos concellos de Galicia na loita contra o cambio climático.

 

O alcalde de Arbo, horacio Gil manifesta que “todos temos algo que facer e no ámbito da administración local deseñando estratexias para reducir esas emisións en función das nosas competencias”, tamén informa que para alcanzar os  obxectivos, o Concello de Arbo ao adherirse ao Pacto ten que  a redactar un Plan de Acción para a Enerxía Sostible e o Clima (PACES) cun inventario de referencia de emisións (IRE) para facer o seguimento da súa  efectividade das accións de mitigación e unha avaliación de riscos e vulnerabilidades ante o cambio climático . O Concello de Arbo deberá concentrar os seus esforzos en reducir a demanda de enerxía nos seus territorios e adaptar a demanda enerxética á oferta promovendo a utilización de recursos enerxéticos locais.

Revisión de Frontera con la Camara de MonÇao

La ceremonia, realizada en pleno río Miño, a bordo del patrullero "Cabo Fradera",  contó con la representación de todos los municipios, 5 portugueses y 8 gallegos.

La firma del acta de reconocimiento de fronteras consolidó las estrechas relaciones a todos los niveles existentes entre los ayuntamientos de Galicia y el Alto Minho portugués 

El acto de reconocimiento de la frontera en el río Miño sirvió también para reunir a los alcaldes  de municipio de España y Presidente de Camaras del pais vecino Portugal.

El acto que tuvo lugar el pasado martes contó con la presencia también de la Armada española, a través de la Coomandancia Naval del Miño, y de la Mariña portuguesa, que cuenta con una Capitanía Marítima en Caminha.

Horacio Gil reuníase en Madrid co Secretario de Estado de Enerxía

O ALCALDE DO CONCELLO DE ARBO, HORACIO GIL, VIAXA A MADRID PARA COÑECER DE PRIMEIRA MAN O ESTADO DO TRAZADO DA LIÑA DE ALTA TENSIÓN QUE AFECTA A ARBO.


Arbo a 3 de setembro de 2019 - No día de hoxe o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil reuníase en Madrid co Secretario de Estado de Enerxía don José Dominguez Abascal, para coñecer o estado do trazado da liña de alta tensión que pasa por Arbo.


Durante a reunión, o Secretario de Estado de Enerxía informou ao alcalde que REE presentou un trazado alternativo, cruzando o Río Miño por un corredor máis despexado e afastado do núcleo urbano de Arbo. O alcalde coñeceu de primeira man os detalles deste trazado alternativo proposto por REE, do tramo final da Linea a 400KW Fronteira-Portuguesa que modifica o punto de cruce sobre o río Miño.


Horacio Gil convocou para maña mércores no salón de Plenos do Concello de Arbo, á Asociación de afectados pola liña de alta tensión así como ao Portavoz do Grupo Político Agrelar, para informarlles sobre a reunión de hoxe en Madrid. 


Según declara Horacio Gil esta reunión solicitárase no mes de xullo, e as novas son produto do esforzo e o traballo realizado nos últimos anos, e a xestión dende o ano 2015 co goberno de Mariano Rajoy e que se seguen a desenvolver co actual goberno. O alcalde manifesta que entre a administración do Estado e o Concello de Arbo, manterase contacto continuo para ir analizando todo o relativo a este trazado, Horacio Gil, incidiu que tanto os membros do actual Goberno como o grupo da oposición e os veciños e veciñas de Arbo, sempre deixaron claro a súa oposición firme ao trazado da Linea de Alta Tensión. O novo trazado, explica o alcalde, suporía realizar o enganche internacional nun punto diferente ao proposto no trazado orixinal da interconexión, pero a validez deste novo punto de enganche esta pendente de confirmación por parte das autoridades portugueses, polo que roga cautela e non deixa de insistir en que en Arbo non podemos permitir que esta Liña afecte a vida cotiá dos veciños e veciñas de Sela e Barcela, así como do resto das parroquias do municipio pontevedrés de Arbo. 

Dende o concello trasládase a necesidade de seguir traballando e cooperando entre administracións polo interese que supón para Arbo, para Galicia e para España este trazado que supón o menor dano posible.
Esta non é a única reunión á que ten asistido Horacio Gil, para preocuparse sobre o trazado da Lat, a última foi no mes de novembro de 2018, sendo o seu obxetivo primordial desde a súa chegada ao Goberno e durante os anos de oposición o rexeitamento a Linea de Alta tensión e o apoio incondicional aos veciños arbenses.

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011