Plan de desinfección contra o Coronavirus

O CONCELLO DE ARBO ELABORA UN PLAN DE DESINFECCIÓN EN TODO O MUNICIPIO COA COLABORACIÓN DE EMPRESAS DE ARBO

  • O Concello de Arbo, leva traballando dende o pasado sábado na desinfección das rúas do casco urbano e das zonas de máxima afluencia nas parroquias.

  • O concello de Arbo está a realizar estes traballos de desinfección coa colaboración de Adegas As Laxas e Adegas Marqués de Vizhoja, que puxeron a disposición do Concello a maquinaria e o persoal necesario para acometer estes traballos de hixienización en todo o municipio.

 

  • O persoal municipal está levando a cabo a desinfección dos contedores de lixo de todo o Concello.

  • O Concello de Arbo, está a adoptar diferentes medidas a favor dos colectivos máis vulnerables. Por resolución da alcaldía, púxose a disposición de todos os arbenses que se atopen dentro do colectivo de persoas vulnerables o servizo de taxis gratuíto para a realización de compras en supermercados e farmacias.

As  adegas arbenses  As Laxas e Marqués de Vizhoja puxeron a disposición do Concello de Arbo a súa maquinaria e persoal para colaborar co Concello de Arbo na aplicación de produtos desinfectantes nas rúas, marquesiñas e lugares onde existe máis concentración de persoas. Estes traballos de desinfección comezaron o sábado por  todo o casco urbano, seguiron onte polo barrio da Estación e a Estación de Renfe, a parroquia de Barcela, incluído o parque empresarial, a parroquia de Sela continuando hoxe polas restantes parroquias. Mañán volverá a facerse a desinfección pola tarde en todo o casco urbano e todas as súas rúas, e seguirase o mesmo plan nas diferentes parroquias.

O alcalde Horacio Gil, está coordinando, supervisando e acompañando en todo momento ao persoal voluntario das adegas e asegura que se trata dun operativo máis de prevención, que se seguirá levando a cabo mentres siga a crise sanitaria. O concello de Arbo, continuará aplicando todas as medidas que estean ao noso alcance para loitar contra o Covid-19.

Horacio Gil, considera que todas as medidas que se tomen nun momento de tanta urxencia son necesarias, e agradece as adegas As Laxas e a Marqués de Vizhoja  a súa disposición e colaboración, así como tamén a todos e todas os voluntarios e voluntarias, ao persoal municipal e a todos os veciños e veciñas de Arbo, pola súa colaboración e solicita que por favor sigan as indicacións facilitadas polas autoridades sanitarias, o Sergas, a Xunta de Galicia e o Goberno de España.

                                                                                                                             

 

Area de Comunicación do Concello de Arbo

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011