Ordenanza Emerxencia Söcial

O CONCELLO DE ARBO, ACABA DE APROBAR A ORDENANZA REGULADORA DAS AXUDAS DE SERVIZOS SOCIAIS.

 

Co fin de dispensar unha atención básica e urxente no momento en que as necesidades se produzan, así como apoiar aquelas  persoas, familias, ou unidade de convivencia que carecen de recursos económicos para satisfacer as súas necesidades básicas(en relación coa alimentación,aloxamento, etc.), ou calquera outra situación que poida suponer  un factor de marxinalidade ou risco de exclusión social.

Considéranse axudas de emerxencia social,  aquelas prestacións económicas de pago único, de carácter extraordinario e finalista, destinadas a resolver as situacións de emerxencia que afecten ás persoas ou familias as que sobreveñan situacións de necesidade o se vexan privados dos medios de vida primarios e imprescindibles.

A contía máxima da Axuda de Emerxencia Social non poderá exceder dos 1000 euros por beneficiario/a no mesmo exercicio económico.  Poderán solicitar axudas económicas as persoas físicas por si mesmas ou en nome da súa unidade familiar que, reunindo os requisitos establecidos, atravesen unha situación de necesidade social.

As axudas están destinadas a atención dos gastos derivados do uso da vivenda (¨gasto de alquiler, Créditos hipotecarios, recibos de auga , luz..), alimentación básica e hixiene persoal , gastos de atención sanitaria e outros tratamentos, axudas de apoio a infancia (Libros e/ou outro material escolar, Actividades extraescolares. Importe máximo de 50 €/ano, pagamentos de desprazamentos dentro do propio concello para a realización de xestións ou a asistencia a actividades relacionadas cos programas de educación familiar, do servizo de axuda no fogar ou de asistencia a recursos sociais, educativos ou sanitarios do propio concello,  Axudas destinadas ao pagamento parcial ou total de audiófonos, tratamentos odontolóxicos non financiados polo Servizo Público de Saúde, entre outras. As achegas teñen o limite marcado na ordenanza reguladora.

 

Para máis información nos Servizos sociais do Concello de Arbo de luns a Xoves.

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011