Festa da Espuma

Pompas de xabon, espuma e sol

A Festa da Espuma,  celebrouse con gran éxito, moita alegria e unha alta participación de nenas e nenos arbenses e veraneantes dipostos a divertirse, mentras o cañon situado na Praza do Consistorio, lanzaba copos e pompas de espuma sobre os participantes, que non pararon de xogar baixo un sol radiantes, entre a zona do cañon e a fonte que preside esta centrica Praza. 

 

 

Visita Sogama

Está prevista unha viaxe gratuíta en autobus ao Complexo Medioambiental de Cerceda pertenecente a SOGAMA (Sociedade Galega de Medio Ambiente).

Será o vindeiro Venres 21 de xullo de 2017, para todos os nenos e nenas a partir de 9 anos, e poderá acompañalos un adulto.

Saída: Colexio Antonio Carpintero de Arbo

Hora: 9.00 hrs

Inscricións no Concello O número de prazas é limitado, irá por orde de inscrición!!!

I Concurso Redacción Infantil

I CONCURSO DE REDACCIÓN INFANTIL “ARBO, UN VIAXE POLO TEMPO”

 Obxectivo e finalidade do concurso:

 

O Concello de Arbo convoca o I CONCURSO DE REDACCIÓN INFANTIL “ARBO, UN VIAXE POLO TEMPO”. Para achegar a poboación máis cativa, os acontecementos que tiveron lugar no transcurso do tempo na nosa vila.

 

 Participantes:

 

O Concurso vai dirixido aos nenos e nenas de Arbo, en idade comprendida entre os 6 e os 11 anos.

 

Tema, característica técnicas, soporte e material:

 

As redaccións serán orixinais, escritas a man e unha extensión máxima de dúas carillas DIN A - 4, cunha temática baseada nos costumes e na historia de Arbo.

 

 Presentación:

 

O prazo para a entrega dos traballos comeza o 17 de xullo e finalizará o día 8 de agosto de 2017.

 

Poderán presentarse nas oficinas municipais do Concello de Arbo ou na Biblioteca Pública.

 

As bases poden consultarse na paxina web do Concello de Arbo ou no taboleiro de anuncios do Concello

Arquivos

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011