concurso

O CONCELLO DE ARBO, CONVOCA UN CONCURSO DE CARTEIS E REDACCIÓN DA “LVIII FESTA DA LAMPREA”PARA OS ALUMNOS C.E.I.P ANTONIO CARPINTERO

O Concello de Arbo convoca o concurso de carteis e redacción con motivo da celebración da “LVIII Festa da Lamprea” que terá lugar os días 27, 28 e 29 de abril do ano 2018, para os alumnos matriculados no C.E.I.P Antonio Carpintero

Soamente poderán participar os alumnos matriculados no C.E.I.P Antonio Carpintero.

No concurso de carteis participaran todolos cursos.

No concurso de redacción  participan os alumnos de 3º a 6º de primaria. 

Tema:  o Cartel terá como tema fundamental Arbo, “LVIII Festa da Lamprea” gastronomía, paisaxe,  patrimonio, o Viño, a Lamprea, os Rios Miño, Cea, Deva, etc,

Soporte: Calquera que o concursante considere axeitado.

Material: Lápices de cores, ceras, acuarelas, témperas, collage, etc..                                                                                                                                            

Tema:  A redacción terá como tema fundamental Arbo, “LVIII Festa da Lamprea” gastronomía, paisaxe,  patrimonio, o Viño, a Lamprea, os Rios Miño, Cea, Deva, etc, e tera unha extensión máxima de dous folios escritos por unha cara.

 

Os premios consistiran en material didactico, xogos, etc


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011