campamento de nadal

CAMPAMENTO DE NADAL do Concello de Arbo

Arbo a 21 de novembro de 2017.- Un a no máis o Concello de Arbo organiza un campamento lúdico-pedagoxica para os máis cativos. 

O concello de Arbo, abre o prazo de inscrición para o participar no campamento de nadal 2017-2018, que se presenta co nome de “Desexos dun Nadal Máxico”.

Un espazo onde se porán en marcha un conxunto de iniciativas encamiñadas a favorecer o desenvolvemento persoal e social d@s menores, asi como proporcionará a@s nenos e nenas durante o período vacacional de Nadal a oportunidade de gozar do seu tempo libre e ocio autotélico, con actividades lúdico-educativas que fomenten o desenvolvemento de hábitos de diversión creativa. 

O campamento de Nadal vai encamiñado a fomentar a conciliación da vida famiiar e Laboral, e permite aos pais e nais traballadores ter un lugar donde deixar aos seus fillos durante o periodo vacacional dos máis cativos. Ao memos tempo que fomentase unha educación en valores de igualdade, convivencia, tolerancia....

Esta actividade esta finaciada por a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo. 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011