III Andaina da Lamprea

Un ano máis o Concello de Arbo organiza a Andaina da Lamprea, que este ano vai pola súa 3ª Edición, e  terá lugar o domingo 8 de abril sendo o “pistoletazo” de saída ás actividades programadas antes da Festa da Lamprea deste ano 2018.
Cada unha das rutas que propoñemos cada ano, nos leva a vivir unha experiencia inesquecible, e en cada “Andaina da Lamprea” coñecerás novos espazos, que desexaras visitar nas distintas estacións do ano.
A saída será dende a Praza do Concello ás 9.30 h.
Percorrido circular de aproximadamente 13 Km.
O prezo da andaina ascende a 5 euros e será ingresado no numero de conta ES12 2080 5011 8230 4000 6781.
Entrega de agasallos para todos os participantes e unha  degustación de lamprea e viño de Arbo.
As inscricións  poderán  recollerse nas oficinas municipais ou baixarse da páxina web do Concello (www.concellodearbo.es)
máis información no teléfonos: 986 66 50 00 / 640237341 

© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011