Bolsa de Traballo para contratacions laborais temporais para o SAF

Vista a necesidade de constituir unha Bolsa de Emprego de persoal laboras para o persoal de axuda no fogar deste Concello, manifestada polos servizos sociais de base, procedese a convocar  as "Bases para a Formacion dunha Bolsa de Traballo no Concello de Arbo para realizar constratacións llaborais temporais como Auxiliares de Axuda no Fogar (SAF), cando conconorran algunha das seguintes causas:

- Baixas por incapacidade temporal

-Xubilación parcila ou anticipada polo periodo que medie entre a xubilación e a cobertura da dita praza polos procedementos de provisión de postos de traballo previstos legalmente

- Acumulación de tarefas de carácter puntual do servizo de axuda no fogar

- Calquera outra que esixa e inmendiatez na contratación

os interesados en formar parte desta Bolsa de Emprego, presentaran a súa intancia no modelo que aparece no Anexo I das bases aqui publicadas no prazo de sete días naturais contados dende a súa publicación no ultimo anuncio da convocatoria, Atlántico Diario ou BOP da provincial de Pontevedra 

Contratación Persoal

 

O Concello de Arbo pretende seleccionar e contratar unha auxiliar de Axuda no Fogar:

 

Denominación da praza:  Auxiliar de Axuda no fogar  (G.C. 7).

Número de prazas a prover: 1

Clase de persoal: laboral temporal.

Modalidade do contrato temporal: Obra ou Servizo determinado.

Xornada:  Xornada Parcial: 2,25 horas/día, con flexibilidade horaria de mañá e tarde.

Retribucións brutas mensuais:  298,78 €

Duración: dende a formalización do contrato laboral ata o remate da obra ou servizo.

Funcións: as propias que deriven da natureza da praza.

Requisitos imprescindibles:  os previstos na cláusula 4ª das bases.

Instancias: En modelo oficial, que será facilitado aos interesados,  e que deberá presentarse no prazo de sete  días naturais dende o seguinte a aquel en que o anuncio de convocatoria sexa inserido no diario “ Atlántico”, dada a urxencia de dar cobertura e este servizo esencial.

Proceso selectivo: Mediante a avaliación dos méritos alegados, segundo os baremos que constan nas referidas bases.

Contratación Persoal

O Concello de Arbo abre o procedemento selectivo para a contratación, con carácter temporal, de vinte persoas desempregadas non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI ou PREPARA) dentro do II Plan de Conservación e funcionamento de Bens e Servizos Municipais 20115 (publicado no BOP de Pontevedra de 28 de setembro de 2015), concedido a esta entidade a través de acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra de 9 de outubro de 2015:

 

·         1 Peón fontaneiro (72211012)

·         2 Peóns carpinteiros (71311049)

·         1 Peón electricista (75101033)

·         3 Peóns da construción (96021013)

·         7 Peóns de horticultura-xardinería (95121019)

·         1 Operarios de condución de vehículos e manexo de maquinaria agrícola (83211010)

·         2 Axudantes de tarefas de axuda no fogar (57101013)

·         2 Operario de servizos xerais (limpeza) (92101050)

·         1 Axudante socio-cultural (37241034)

Duración do contrato: 2 meses

Xornada:  35 horas semanais


Requisitos: persoas desempregadas non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI  ou PREPARA.), inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados nas categorías/ocupacións referidas na base anterior e que estean dispoñibles para o emprego. Será a Oficina de Emprego quen envíe ao Concello as persoas candidatas para os postos mencionados anteriormente.


 

 

 

Arquivos

Programa Garantia Xuvenil

 

PLAN DE EMPREGO XUVENIL DA XUNTA DE GALICIA

O Concello de Arbo, informa acerca do desenvolvemento do Plan de Emprego Xuvenil da Xunta de Galicia, enmarcado dentro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, que se articula para dar resposta á situación laboral na que se atopan moitos mozos en Galicia, establecendo unha serie de subvencións e incentivos para facilitar a empresas e autónomos a contratación de persoas novas, entre 16 e 29 anos, co fin de que poidan recibir unha oferta de emprego tras rematar a súa educación formal ou quedar desempregados.

As empresas e autónomos poderán contratar aos mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e desfrutar así de subvencións para a formalización de contratos para a formación e aprendizaxe e das diversas axudas previstas, que poden chegar aos 12.000 euros, no caso de Cooperativas e Sociedades Laborais, e aos 8.200 euros no caso das Empresas, según sexa o tipo de contratación.

Toda esta información poderán atopala en www.garantiajuvenil.gob.es, accedendo ao Portal de Garantia Xuvenil, na Oficina de Emprego de A Cañiza, na OMIX de Ponteareas ou dirixirse a Técnica de Emprego do Concello de Arbo.

 

 

 

 

 

 

http://garantiaxuvenil.xunta.es/gaxuve/es/programa-de-garantia-juvenil

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011