Asesoramento psicoloxico

ASESORAMENTO PSICOLÓXICO INDIVIDUAL E FAMILIAR PARA OS/AS USUARIOS QUE SOLICITEN DITOS SERVIZOS DENDE OS SERVIZOS SOCIAIS BÁSICOS DO CONCELLO DE  ARBO

O Concello de Arbo presta o servizo de asesoramento psicoloxico individual e familiar par aos/as usuarios que solitien ditos servizos dende os servizos sociais basicos do concello de Arbo,subvencionada o abeiro do Plan Concellos 2016 - Liña 3 Actividades, da Excma Deputación Provincial de Pontevedra, publicado no BOPPO nº 233 de data 02.12.2015.

importe subvencionado: 3998,40 €.-

Para aquelas familias que o necesiten o Concello de Arbo, pon a disposición dos veciños o Asesoramento Psicolóxico individual e familiar. A solicitude deberá realizarse nos Servizos Sociais Básicos do Concello de Arbo, de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 horas. 

Persoa de Contacto:

 - Traballadora Social

- Educadora Familiar

 

Voluntariado Social

É un programa que potencia as intervencións profesionais realizadas no municipio a partir da acción voluntaria, altruísta e responsable da xente, podendo chegar así a elementos da situación social que de outro modo sería imposible detectar polos diferentes profesionais.

Ten por obxectivo sensibilizar e motivar a persoas ou grupos do municipio cara a participación no voluntariado, recoller propostas dos voluntarios para xerar novas áreas de actuación e difundir publicamente as accións voluntarias para que a sociedade coñeza e valore a súa labor.

As áreas onde se levan a cabo estes servizos de voluntariado son as seguintes: protección civil, medio ambiente, formación, cultura e ocio, educación, saúde, atención aos maiores, infancia, mulleres, persoas con discapacidade ou colectivos en risco social.

Os destinatarios deste programa son persoas maiores de dezaseis anos de idade. Cada voluntario decidirá o tempo que quere participar e poderá escoller a área que mais lle interese.

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011