SAF: Servizo de Axuda no Fogar

v    SAF: SERVICIO DE AXUDA NO FOGAR

É un servizo de axuda a persoas que precisan de colaboración para realizar distintas actividades da vida cotiá.

Calquera persoa ou unidade de convivencia pódese beneficiar del, sempre e cando se xustifique a súa necesidade, a partir dunha valoración técnica correspondente.

 De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.

Este servizo ten dúas funcións ben diferenciadas: a realización de tarefas domésticas e o coidado e atención de persoas dependentes, co beneficio de poder permanecer nos seus fogares mentres as condicións o permitan.

Para ter acceso a este servizo é necesario  a presentación dunha solicitude (Anexo I), dirixida ao Alcalde, no Rexistro Municipal do Concello, acompañada da seguinte documentación:

I.    Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmo domicilio, de ser o ca

II.    Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.

III.    Certificado de convivencia.

IV.    Informe médico ou clínico sobre o seu estado de saúde.

V.    Certificado de discapacidade e/ou certificado do grao de dependencia, de ser o cas

VI.    Xustificantes de ingresos da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia:

           

1.  Fotocopia da última declaración da renda, ou no seu defecto, certificado de imputacións do IRPF, expedido pola Axencia Tributaria correspondente.

2.  Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e outros bens que posúan

3.  Xustificante de aluguer de vivenda, de ser o caso.

4.  Calquera outra documentación que sexa requirida polo traballador/a social para a valoración do seu expediente.

O número de usuarios aumenta cada ano e neste momento son atendidas 40 persoas.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011