Servizo de Educación e Apoio Familiar

É un servizo municipal de prevención e apoio ás familias para favorecer o cumprimento das necesidades, o benestar e a plena participación na comunidade.

Ten por obxecto:

- A orientación, apoio e prevención a familias en situación de risco, co obxectivo de favorecer o correcto desenvolvemento dos seus membros e posibilitar a  integración do núcleo familiar na comunidade.

·  A mediación e acompañamento ás familias para que participen nos diferentes recursos do Concello.

- A realización de actividades de grupo coas familias tratando temas como: promoción de hábitos saudables, habilidades sociais e comunicativas, educación afectiva e emocional, gozo do tempo libre en familia, educación en igualdade, organización e economía familiar, búsqueda de emprego, coordinación con outros servizos e organismos,…

- Vai dirixido a todas as familias, centros educativos, outros servizos comunitarios,…


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011