Ampliación Camiño de Novas en San Cristovo

 O Concello de Arbo ven de acometer as obras de “Ampliación dos camiños de Apanceira e San Cristobal (Arbo)”, ao abeiro do  proxecto elaborado polo Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos D. Fernando Costa González, sendo o orzamento de execución por contrata de  68.890,14 € (IVE do 21% incluído), e contando co financiamento  da Consellería de Medio Rural (AGADER) no importe de 56.934,00 €, no  marco da   Resolución do 25 de xaneiro de 2016, pola que se aproba o Plan Marco: Mellora de camiños  municipais de acceso a explotacións agrarias-2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Ditas obras consisten de acordo co proxecto aprobado na ampliación e mellora dos camiños públicos citados, e as actuacións a realizar son:

Se prevé a ampliación do camiño existente 2,50 m. co desmontaxe e montaxe do muro tradicional (MURO 1). Posteriormente execución da tira de ensanche para caixeado do firme onde é necesario, o varrido do firme actual, regularización do firme onde é necesario, rego de adherencia e capa de rodaxe de aglomerado asfáltico en quente Tipo AC16 SURF 50/70 D (D-12) de 5 cm. De espesor final, estendendo e compactando con medios mecánicos, así como execución dos drenaxes necesarios para a conservación do camiño.

ESTADO ACTUAL

DURANTE A OBRA 

ANTES DA MELLORA DA ESTRADA

Posta en marcha da depuradora de Fonte Maria

Acaban de rematar as obras de  a posta en funcionamento da depuradora de Fonte María, levando a cabo rozas e limpezas no perímetro exterior e no interior desta infraestrutura, así como  a retirada dos elementos deteriorados e obsoletos.

Según manifestacións polo alcalde durante a obra “Estamos a retirar os residuos a través dun xestor autorizado, de cara a extraer os lodos do seu interior. Posteriormente repararanse os depósitos, realizando un saneamento das fisuras das paredes para garantir a non existencia de fugas e cambiaranse as tubaxes que realizan a inxección de aire no fondo do depósito principal por unhas de inox”,. A subvención recibida foi de algo máis de 35.000 euros.

Arbo tamén contou cunha axuda de 15.453 euros procedente da liña competitiva do Fondo de Compensación Ambiental que permitiu afrontar gastos de recollida de residuos sólidos urbanos.

En relación a esta liña de axudas en réxime de concorrencia competitiva e non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, destínase máis de 1,1 millóns de euros aos municipios pontevedreses. Estas subvencións destínanse a desenvolver proxectos relacionados coa recuperación mediambiental do territorio galego; en ámbitos tan importantes como a mellora do saneamento e depuración de augas residuais, abastecemento dos subministros de auga potable, eficiencia enerxética, recuperación de espazos naturais ou dotación de medios materiais e humanos para a conservación ambiental, entre outras moitas actuacións. 

Deste xeito, a orde inclúe dúas liñas de axudas diferenciadas. A liña en concorrencia non competitiva está destinada a aqueles concellos que albergan no seu territorio instalacións de aproveitamento eólico cun total de 832.700 euros de subvención. Pola súa banda, á liña competitiva puideron optar a totalidade das entidades locais galegas que contan con proxectos medioambientais axustados á convocatoria. Nesta liña, os concellos da provincia de Pontevedra recibiron 305.000 de euros.

O Fondo de Compensación Ambiental é unha iniciativa que o Goberno da Xunta puxo en marcha en 2010 e que permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico.

Ademais, este Fondo reflicte un triplo compromiso da Xunta: co medio ambiente -está dirixido a actuacións ambientais-, coas facendas locais, xa que representa un importante ingreso para as arcas municipais; e por último co reequilibrio territorial, xa que a maioría dos concellos beneficiados atópanse en zonas rurais do interior de Galicia. 

 

 

REHABILITACIÓN CASCO HISTORICO DE ARBO

 Rematadas as obras de rehabilitación do Casco Histórico de Arbo. As obras consistiron na conservación e mantemento do pavimento das prazas e rúas do casco histórico, solicitada con cargo a subvención para a rehabiitación do Patrimonio Historico Cultura , dirixidas os concellos da Provincia ano 2016.  

Reparación e colocación de pavimentación de granito existente nas praza do Concello e mercado e rúas anexas.

Importe da obra 5050,00 €.-

 

 

 

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011