Reparación Estacións Deputadoras

REPARACIÓN E MELLORA DAS ESTACIÓNS DEPURADORAS DO CONCELLO DE ARBO

Con cargo a subvención concedida pola Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia e Consellerria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e co finaciamento do 100% da referida actuación, o concello de Arbo procederase a reparación e mellora das estacións depuradoras do Concello de Arbo, consistentes en:

- Estación de Sela: Sementado de céspede resistente en toda a parcela e matemento da depuradora.

- Bombeo en Sela: Arranxo e mantemento do bombeo

-Depuradora de Barcela: Colocación dunha zona axardinada na entrada e sementarase céspede en toda a parcela, revisión e mantemento, pintado da estructura das antiguas depuradoras, e montaxe de bomba.

- Depuradora de Eiras: Mellora e acondicionamento do tramo de regato lindeiro coa instalación, pintado das estructuras das antigas depuradoras, colocación de zona axardinada na entrada e sementado de céspede, e montaxe de bomba para mellorar o gasto de mantemento. 

Retranqueo Muro en Sela

RETRANQUEO DE MURO PARA AMPLIACIÓN DE VIAL

Con cargo a subvención concedida por Resolución da Deputación de Pontevedra e co financiamento do 100%  o Concello de Arbo procedeu a execución  das obras consistentes no desmonte de parte do actual muro de peche e contención, baleirado do fronte de parcela e reconstrución do muro na súa nova posición, co fin de dar continuidade ao viaria de recente execución que comunica a zona de Eidos de Abaixo coa estrada PO-400, de forma que quede dito vial enlazado co vial existente que atravesa o nucleo de Sela. 

As obras pendentes de rematar, facilitarán os veciños de Sela a entrada dende a PO-400 a Feira.

 

Eficiencia Enerxetica

PROXECTO DE EFFICIENCIA ENERXÉTICA DO ALUMEADO PÚBLICO NO NÚCLEO URBÁN DO CONCELLO DE ARBO

Co fin de  lograr unha maior eficiencia enerxética no alumeado público do núcleo urbán na estrada PO-400 nas zonas Antonia Tovar e San Benito, debido a que a instlación actual atópase en estado deterioro con obsolencia da tecnoloxía empregada (lá,àras e luminarias) procedese o abeiro da Orde do 24 de novembro de 2014 da Conselleria de Vicepresidencia e Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,  a executar o proxecto de eficiencia enerxética do alumeado publico do núcleo urbán do Concello de Arbo. 

As actuación consiten en substitución das lámpadas e luminarias de vapor de sodio por luminarias novas de tecnoloxía LED máis eficientes, instalación dun controlador de centralización nos cadros de mando para poder controlar, punto a punto, os novos puntos de luz instalados, revisión da posta a terra do cadro, examinado e comporobación das proteccións eléctricas de cada liña coas novas cargas, e comprobación e conexión das partes metálicas accesibles dos soportes das luminarias así como das propias luminarias. 

Obras no Auditorio Municipal

REPARACIÓN E MANTEMENTO NO AUDITORIO MUNICIPAL

Con cargo a subvención concedida pola Deputación de Pontevedra e co financiamento do 100% da obra, o Concello de Arbo procedeu a executar as obras para a reparación e o mantemento do Centro Multiusos de Arbo. A intervención que se realizou buscou manter a imaxe e a conservación do edifico, dado o grado de deterior no que se atopaba. As obras consistiron  na retirada da tella en mal estado e colocación de outra nova en toddas as cubertas do citado edificio, así como en pintado da zona de entrada e o Auditorio Muncipal. 

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011