Subvención para acondicionamento sendeiro da Moura

O Concello de Arbo recibe unha subvención para “Acondicionamento dos sendeiros da Moura e Das Pesqueiras”

No marco de axudas a investimentos non productivos vinculadas a realización de obxectivos agroambientais e climaticos en Concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas con Fondo Europeo Agricola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2017 da Conselleria de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publicada no DOG 10 de 15.01.2018 o Concello de Arbo recibe unha achega para acondicionar os Sendeiros da Moiura e Das Pesqueiras

O motivo das obras a realizar e o estado actual dos sendeiros, que os incendios do queimaron unha superficie de 1000 hectáreas no territorio do Concello de Arbo. A ruta viuse afectada en máis de dous terzos da súa extensión. A parte da ruta que discorre próxima a zona Rede Natura, no río Deva, e onde a vexetación de ribeira autóctona ten maior presenza, non se viu afectada. Ao longo de todo o sendeiro existian marcas de pintura, sinais, frechas de madeira e outras pequenas infraestruturas de madeira, como o miradoiro do Coto da Moura sobre a cunca do Deva. Como consecuencia do incencio a maioria dos elementos de sinalización resultaron danados o que fai complicado continuar o trazado da ruta.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011