Remate obra en Cequeliños

REMATE DAS OBRAS DE MELLORA DE PAVIMENTACIÓN EN CAMIÑO DE  RASELA – CEQUELIÑOS  

Continuando coa serie de melloras e servizos en infraestructuras que o Concello de Arbo esta realizando a favor dos mesmos para a dinamización do Medio Rural, o concello de Arbo realizou obras de Mellora de Pavimentación en Camiño de Rasela, parroquia de Cequeliños do Termo municipal de Arbo.

O obxeto desta obra e definir e dimensionar as obras necesarias para mellorar o estado de algunas das infraestructuras viarias existentes no Concello de Arbo, o desenrrolo da actuación é a pavimentación e mellora dos camiños públicos municipais, sendo as actuación a realizar o desbroce e limpeza do camino retirando toda a vexetación, limpeza enerxica de superficie de pavimento existente, limpeza de cunetas, regularización de firme con aglomerado en quente

Remate da Obra

 

 REMATE DA OBRA "MELLORA DE PAVIMENTACIÓN EN CAMIÑO DE O POSTE – BARCELA"

Continuando coa serie de melloras e servizos en infraestructuras que o Concello de Arbo esta realizando a favor dos mesmos para a dinamización do Medio Rural, adxudicabase as obras de Mellora de Pavimentación en Camiño de O Poste, parroquia de Barcela do Termo municipal de Arbo.

As obras xa rematadas, tiñan, por  obxeto desta obra era definir e dimensionar as obras necesarias para mellorar o estado de algunas das infraestructuras viarias existentes no Concello de Arbo, o desenrrolo da actuación é a pavimentación e mellora dos camiños públicos municipais, sendo as actuación a realizar o desbroce e limpeza do camino retirando toda a vexetación, limpeza enerxica de superficie de pavimento existente, limpeza de cunetas, regularización de firme con aglomerado en quente, a capa de rodadura realizarase mediante unha mezcla bituminosa quente.

 

 

 

Aparcadoiro Municipal

O Concello de Arbo,  habilita unha parcela para aparcamento de vehículos na Rúa Antonia Tovar

A proximidade destas parcelas co casco urbano onde se sitúan os supermercados, comercios, praza de abastos, biblioteca, multiusos así como  outras actividades, constituíndo unha zona moi concorrida e con escasos aparcadoiros o que fai que a parcela acondicionada, mostra circunstancias favorables para convertelas en aparcadoiro, non solo pola súa proximidade, tamén a súa superficie (en conxunto) cunha superficie total de 918m2, accesos e a forma, permiten un maior aproveitamento, non existindo parcelas no entorno coas mesmas características,

 

No mes de maio, se habilitaba outra parcela na estrada Po-400 a altura de Rial do Pazo,   

 

mellora e pavimentación

O CONCELLO DE ARBO, ACABA DE ADXUDICAR AS OBRAS DE “MELLORA E PAVIMENTACIÓN DO ACCESDO A IGREXA DE SANTA MARIA DE ARBO”

O concello de Arbo, recibe unha subvención a través da Consellería de Medio Rural – AGADER, de concesión de axudas correspondentes ao Plan Mellora de Camiños Municipais con destino a execución da actuación denominada “Mellora e pavimentación do acceso a Igrexa de Santa Maria de Arbo” cun orzamento  de 53.538,87, estimándose o prazo de excecución do contrato en tres meses a contar dende a sinatura da acta de comprobación do planeamento.

As obras que se pretenden levar a cabo son reparar muro existente enfrente da Igrexa, repoñendo pedras caídas e realizando as obras de vaciado e compactado de trasdós, reparando tubería de abastecemento  e colocación de tuveria  nova. Colocación de recollida de pluviais e  colocación de balaustrada na zona do muro. Canalización de pluviais, colocación de tuverias e arquetas, colocar sumideiros e conectar a servizos existentes. Pavimentar as zonas afectadas polas obras e limpeza e reparación do arcen.

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011