CAMIÑO BARREIRA E SABUGUEIRO

 

A Consellería de Medio Rural,  a traves da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural ten previsto asumir a execución dentro do Plan de Emerxencias 2016  con cargo aos seus orzamentos as obras de infraestruturas rurais do Plan de Emerxencias 2016 consistentes en Camiño Sabugueiro e Camiño A Barreira (Ref. X-13005), cun orzamento máximo de 59.956,71 €.

As obras que se pretenden levar a cabo teñen por obxeto reparar e mellorar as condicions de uso dos camiños, facilitando as labores que teñen que levar a cabo os vecinos a través do uso do mesmo.

Ditas obras son fundamentalmente as seguintes:

*Desescombro e limpeza por medios manuais e mecánicos

*Colocación de tubería de regadío enterrada PVC 300 mm e realización de arquetas para os regantes

*Realización de muros de contención de manposteria

*Reparación do camino público mellorando pavimento con aportación de formigon

 

CAMIÑO DA FICHUA

COMEZO DAS OBRAS DO CAMIÑO DA FICHUA 

As obras consisten no ensanche, acondicionamento, mellora de drenaxe e  pavimentación con aglomerado asfáltico en quente no camiño municipal de Fichua en Arbo. Para elo procederase a limpeza das cunetas e taludes do camiño, barrido do firme actual, rego de adherencia e capa de rodadura de aglomerado asfáltico en quen, estendico e compactado, asi como a obras de traslado de muros de mampostería e dranaxes necesarios para a conservación do camiño.

REMTATE DAS OBRAS DE MURO EN SAN AMARO

 

O Concello de Arbo,  propon regularizar o ancho da via nun tramo de aproximadamente 30 ml, mediante a execución dun muro de mamposteria, que salve o desnivel existente coas fincas adxacentes, regularizando o seu trazado, para conseguir un uso seguro e comodo da mesma.

ESTADO ACTUAL

Para elo procederase a execución dun muro de contención proxectado nun tramo de 30 ml mediante a realización dunha excavación e preparación da base do cimento e a colocación de mamposto de pedra granítica ata cota de camiño, c obxeto de formar os muros de contención de 1,00 m de altura e que terán como mínimo 1,60 m de ancho na súa coronación, rechendo posteriormente, o trasdos de muro con material seleccionado.

ESTADO ANTERIOR

O lateral esquerdo e pegado o muro de peche da parcela, atopase nunha canaleta aberta de conducción de augas de rego cunha profundidade de 35 cms, que se procedera a pechar mediante a colocación dunha tuveria de PVC de 315 mm de diametro con catro arquetas sumideiro rexistrables para a condución de augas superficiais e a ampliación de calzada, evitando asi os posibles problemas que puidese presentar.

 

MELLORAS NA REDE DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO

AMPLIACION DA REDE DE SANEAMENTO EN CABEIRAS E MELLORA DA REDE DE ABASTECEMENTO EN A ALMUIÑA E COUTO

O Concello de Arbo quixo resolver o  problema de canalización das aguas residuais do Concello que actualmente verten de manera indiscriminada a cursos naturais, dando servizo aos núcleos que se ubican no borde dos camiños das zonas estudiadas, con edificacións alguna de elas de recente contrucción, dadio que se conta cun sistema de colectores con posibilidade de incorporar este caudal e transoirtalo cara a deputadora despios de construidos estos.

Do mesmo modo pretendese conrrexir unha serie de probemas que se orixinan nos tramos do abastecemento, localizados nas inmediacions de O Couto e A Almuiña, mediante a sustitucion de dous tramos de tuberia.

As actuacións anteriormente descritas, en dode as tuberias de saneamento serán de PVC, polo seu rendemento e estanqueidad, e os `pozos disporan de tapa de fundición dúctil con elemneto de peche, a fin de homoxenizar a rede.

Nos tramos de abastecemento introduciranse sendas chaves de paso alonxadas en arquetas con tapa de fundición.

 

MANTEMENTO E RESTAURACION CAMPO DE FUTBOL

 MANTEMENTO E RESTAURACIÓN DO CAMPO DE FUTBOL

ESTADO ACTUAL

Con data 3 de xullo de 2015, o alcade de Arbo Horacio Gil Exposito e o por aquel entonces presidente da Deputación Rafael Louzan, asinaban un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra  e o Concelo de Arbo, para levar a cabo a obra denominada “Mantemento e restauración do campo de Futbol Municipal de Arbo.

O importe o que se refería o convenio ascendia a 221.024,65 €.- e comprendía todos os gastos deque derivasen da obra a realizar, incluidos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde,.

ESTADO ANTERIOR

As obras  realizadas consitiron na renovación do pavimento de césped artificial. Para elo eliminarase o existente e regularizarase a base resistente previamente a colocalcion do novo césped.

ESTADO ANTERIOR

Realizarase o pntado da s líneas de xogo

ESTADO ANTERIOR

Repararase a instlación de rego existente.

Traballos de demolicions as que lle seguirán as obras de albañioera, instalación de fontanería, electricidade, etc…


 

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011