Obras no Parque Empresarial de Arbo

APROBADA A RESOLUCIÓN QUE INICIA AS OBRAS DE MELLORA NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE ARBO

Á vista do expediente que se tramitou en febreiro de 2018 perante a Consellería de Economía, Emprego e Industria, para a obtención dunha subvención de 30.695,82€ - para a actuación denominada “Melloras no Polígono Industrial de Arbo”, no marco de subvención para habilitación e mellora de infraestruturas do parque empresarial,  ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2017 da Consellería de Economía, Emprego e Industria polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia,  se procede a súa convocatoria para o ano 2018 publicada no DOG 12 do 17.01.2018.

Na memoria do proxecto técnico indícase que con estas obras no parque empresarial continuase por parte do Concello cunha serie de melloras nos servizos e infraestruturas que o Concello de Arbo esta realizando en favor das mesmas para a dinamización do medio rural.

O motivo das obras a realizar é o mal estado do Polígono Industrial de Arbo sito na parroquia de Barcela, para dotarlle de maior seguridade e co obxectivo de dinamizar o asentamento de empresas é necesario o remodelamento deste espazo publico.

A actuación a realizar é a mellora das beirarrúas, con obras que consistirán no fresado da pintura existente en mal estado, sobre as beirarrúas de formigón e un posterior tratamento superficial con dobre capa de slurry asfáltico con acabado coloreado.

Ademais  tamen recibiuse o abeiro da mesma orde una  subvención de 6.502,53€ -  para a actuación de seguridade no polígono.

O motivo das obras a realizar é a seguridade do Polígono Industrial, instalando dúas cámaras de vídeo vixilancia e un vídeo gravador con disco duro , entre outras medidas.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011