Remate das obras no Pavillón Municipal

REMATAS AS OBRAS DE MANTEMENTO  NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE ARBO

Arbo, a 1 de novembro de 2017.-  o Concello de Arbo asinaba un convenio de cooperación en setembro coa  Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para o  mantemento do pavillón municipal, por un importe de 10.000 €.- 

O Concello de Arbo acometeu no mes de outubro obras de mantemento do  pavillón polideportivo, dado que presentaba desperfectos en paramentos, revestimentos e mobiliario, entre as obras a realizar esta o pintado da pista deportiva, marcado e sinalización da mesma. Pintado de vestuarios, das portas de acceso, consolodiración de paramento de fabrica de ladrillo cara a vista. Canalización de canalons de pluviais e baixantes vistas de aluminio, cubrición do oco existente con chapa de aluminio e aportación de mobiliario e accesorios a pe de pista como son dous bancos, umha silla e 8 tramos de 5 m de lonxitude de malla delimitadora de pista.  As obras xa rematas dan un aspecto innovador  e estético da instalación. O Pavillón e unha das intalacions municipais, xunto co multiusos, máis usada polas Asociación Deportivas Arbense, sendo un total de cinco as asociación que actualmente a utilizan.  


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011