P.A.I

O CONCELLO DE ARBO informa que para dar cumprimento ao Regulamento publicado en decembro do 2009 do PAI (Punto de Atención á Infancia), sito en Barcela:

 

  • Ábrese o prazo de preinscrición para novas solicitudes cara ao comezo do curso 2018/2019 (de setembro a xullo).
  • O prazo de entrega destas novas solicitudes comprende dende o 16 de marzo ata o 2 de abril de 2018.

 

Unha vez rematados os prazos, aplicaranse os criterios de admisión que aparecen no artigo 8 do Regulamento. O 16 de abril de 2018 farase público a listaxe provisional de nenas/os admitidas/os para o seguinte curso e a listaxe de agarda (se a houbese), e abrirase un período de 15 días para presentar reclamacións. A continuación publicarase a listaxe definitiva.

 

As solicitudes poden recollelas nas dependencias de Servizos Sociais, 2º andar ou na web do Concello. Para calquera dúbida, poden contactar no Concello de Arbo con Ana, en horario de oficina de 8.00 a 15.00 h, ou no teléfono 986 66 50 

Bolsa de Emprego SAF

No BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA,  de día de hoxe, sairon publicada a convocatoria  para a  constitución dunha bolsa de emprego SAF, no Concello de Arbo ante a perda de vixencia da Bolsa de emprego anteriormente consituida.  A partir de maña día 13 de feberiro queda o prazo de presentación de instancias ata o día 26 de febreiro.

Para máis información nos Servizos Sociais do Concello de Arbo. 

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011