Mercadiño Solidario

O concello de Arbo, dentro da súa programación do “Nadal Cultural 2015”, un ano máis vai a organizar o “Mercadiño Solidario”, o vindeiro 13 de decembro de 2015 dende  ás 11:00 ata ás 20:00 Na  Plaza do Mercado,  ONG como Fundai,  O Jatican, Asociación San Roque Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, entre outras  venderan mobles, roupa, artesanía, comida, bixutería, xoguetes, prantas e todo tipo de agasallos para estas  datas de Nadal.

 Todos os visitantes poderán atopar os agasallos axudando aos que máis o precisen. Tamén Asociacións do Concello exporán e venderan os produtos realizados polos socios ou colaboradores durante este ano.

Durante todo o día haberá talleres infantis, diversas actuacions musicais e  xogos 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011