ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DO CONCURSO DE CARTEIS DA “LXII FESTA DA LAMPREA”: CATEGORÍA LIBRE CELEBRADA O DÍA 2 DE FEBREIRO DE 2022.

ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DO CONCURSO DE CARTEIS DA “LXII FESTA DA LAMPREA”: CATEGORÍA LIBRE CELEBRADA O DÍA  2 DE FEBREIRO DE 2022.

 

Á vista das bases do concurso de carteis da “LXII Festa da Lamprea”: Categoría Libre aprobadas  pola Alcaldía  por resolución nº 648/2021  de 15.12.2021   para deseñar o cartel para “LXII Festa da Lamprea” promovendo así a principal festa gastronómica do Municipio que terá lugar os día 22,23 e 24 de abril do ano 2022.

 

Reunidos o día 2 de febreiro de 2022, ás 13:00 h.,  os membros do xurado que a seguido se relacionan designados por Resolución da Alcaldía  nº 30/2022 de data 26.01.2022:

 

-Teodoro de Francisco Antes, Arquitecto Municipal do Concello de Arbo.

-Lucía Costa Pereira, Secretaria da “Asociación  Deportiva C. Fútbol de Arbo”

-María Praxedes Francisco, representante do BANCO SANTANDER, en representación do ámbito empresarial.

-María Saladina Alonso Fernández.

Secretaria: Patricia Hernández Estévez, Secretaria do Concello de Arbo, que terá voz pero non voto.

 

Ausentes: Xerente de Restaurante A Rula, en representación do ámbito da hostalería, que escusa a súa asistencia.  

 

Está presente  no acto   o Sr. Alcalde, e non asiste o Sr. Concelleiro de Cultura.

 

Tendo en conta que nas bases se establecen tres premios:

1º Premio: 800,00 euros.

2º Premio: 400,00 euros.

3º Premio: 200,00 euros.

Unha vez rematado o prazo para a entrega das propostas o 17.01.2022, preséntanse en prazo  sete (7) sobres pechados e debidamente selados na oficina de correos e rexistrados de entrada no Concello.

 

Tras o exame das propostas de cartel presentadas en prazo,  o xurado acorda admitir as sete (7)  propostas recibidas,  ao terse presentado en forma e prazo conforme ao disposto na base 3ª das Bases do Concurso aprobadas.

 

Unha vez examinadas por parte dos membros do xurado as sete (7)  propostas presentadas e admitidas, e tras establecer o resultado da súa valoración en base aos criterios fixados nas bases e relativos á creatividade, o impacto visual e a súa relación coa filosofía do evento, resultan os tres carteis premiados, procedendo á apertura dos sobres pechados nos que figuran os nomes e identificación dos autores dos mesmos, sendo o resultado o seguinte e pola orde que se reflicte:

 

1º Posto: César Núñez Álvarez, de Astorga-León,  correspondéndolle o 1º Premio fixado nas bases polo cartel presentado  con R.E. núm. 66 de 14.01.2022 (selado e presentado na oficina de correos o 13.01.2022): Lema: A toda cor.

 

2º Posto: Rubén Lucas García, de Murcia,  correspondéndolle o 2º Premio fixado nas bases polo cartel presentado  con R.E. núm. 86 de 19.01.2022 (selado e presentado na oficina de correos o 17.01.2022), que participa con dous carteis, sendo o gañador o de: Lema: “A de Arbo”.

3º Premio: Tamara Filgueira Vázquez, de  Cerdedo-Cotobade, correspóndelle o 3º Premio fixado nas bases polo cartel presentado co  R.E. núm. 85 de 19.01.2022 (selado e presentado na oficina de correos de Astorga-León o 17.01.2022): Lema: “Lampreando”.

A continuación procédese a abrir os restantes sobres pechados nos que figuran os nomes e identificación dos autores dos demais carteis presentados a concurso e admitidos:

- Beatriz González Paz, de Vigo-Pontevedra (R.E. núm. 62 de 13.01.2022), que participa cun só cartel.

- Marcos Dios Almeida, de Vilaboa-Pontevedra (R.E. núm. 77 de 18.01.2022, que foi selado e presentado na oficina de correos o 17.01.2022), que participa con dous carteis cos lemas: “Corazonciño” e “Xuntiñas”.

-Jesús Vázquez Pérez, Barcela-Arbo (R:E. núm. 72 de 17.01.2022), que participa cun só cartel.

-Miguel Pérez Ramudo, Cambados-Pontevedra (R:E. núm. 67 de 14.01.2022, que foi selado e presentado na oficina de correos o 13.01.2022), que participa cun só cartel co lema: “Atrapa a Lamprea”.

De acordo coas bases,  as propostas presentadas e premiadas quedarán en poder do Concello, podendo facer uso das mesmas para calquera evento que desenvolva, e podendo ser obxecto de exposición ou reprodución por parte dos convocantes, sen que elo dea dereito a retribución algunha para os concursantes. 

 

O Concello poderá efectuar cantas reproducións precise do cartel que obteña o premio e difundilo, sen que polo seu autor poda evocar dereitos ao respecto, podendo empregar a imaxe completa do cartel ou parte dela para realizar material relacionado coa festa.  

Do mesmo xeito, poderá introducir algunha modificación nos carteis premiados se existira algunha dificultade técnica para a súa impresión ou para introducir algún texto ou logotipo que non figure inicialmente nas bases.

As obras non premiadas devolveranse aos seus autores, podendo estes pasar a recollelas polas dependencias municipais  a partir do quinto dia posterior ao fallo do xurado no mesmo lugar onde foron entregadas.

Non sendo outro o obxecto desta reunión, levántase a presente en Arbo a 02.02.2022, sendo asinada polos asistentes en mostra da súa conformidade.

Teodoro de Francisco Antes, Arquitecto Municipal do Concello de Arbo.

Lucía Costa Pereira, Secretaria da “Asociación  Deportiva C. Fútbol de Arbo”

María Praxedes Francisco, representante do BANCO SANTANDER

María Saladina Alonso Fernández.

A Secretaria,  dando fe do acto, Patricia Hernández Estévez

“MELLORA PAVIMENTO E DRENAXE NO CAMIÑO PORTAFEITO ACCESO A EIDOS DE ARRIBA (SELA)”.

OBRAS DE “MELLORA PAVIMENTO E DRENAXE NO CAMIÑO PORTAFEITO ACCESO A EIDOS DE ARRIBA (SELA)”.

No día de hoxe aprobase o inicio do proceso de  licitación do proxecto MELLORA PAVIMENTO E DRENAXE NO CAMIÑO PORTAFEITO ACCESO A EIDOS DE ARRIBA”., na parroquia de Sela, cun orzamento que ascende a 79.911,68 euros, IVE engadido.

 

Trátase dunha actuación que serve para mellorar de xeito notable o proxecto contemplado inicialmente para a o Acceso aos Eidos de Arriba en Sela

 

A actuación conta cunha achega da Deputación Provincial no marco do Plan Concellos 2021 LIÑA 1-INVESTIMENTOS,

 

A primeira e segunda fase deste vial foi acometido pola  Xunta de Galicia  cunha financiación do 100%

ABASTECEMENTO DO CUARTO

ARBO LICITA A RENOVACIÓN DA REDE DE ABASTECEMENTO EN CUARTO, PARROQUIA DE SAN CRISTOVO DE MOURENTAN, ARBO

  • As obras consistirán na construción dunha rede abastecemento de subministración de auga potable para substituír á actual rede de abastecemento en mal estado. 
  • Orzamento: 49.979,74 €  (IVE 21% incluído).
  • Esta actuación conta con financiamento do 100% de Augas de Galicia

 

O Concello de Arbo, licita a obra de renovación da rede de abastecemento en Cuarto da Parroquia de San Cristovo de Mourentan.

O importe das actuacións ascende a 49.979,74€ € (IVE 21% incluído), e contan co financiamento do 100% de Augas de Galicia, dacordo coa Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021.

Obxecto do contrato:

O obxecto do contrato ven constituído por  unha serie de actuacións co obxectivo de mellorar a rede de abastecemento do  Concello de Arbo, en concreto no lugar de Cuarto, na parroquia de San Cristovo de  Mourentán.

 O alcalde, Horacio Gil – informa que con esta obra, “preténdese unha solución máis  adecuada e a descrición das actuacións necesarias para repoñer as redes de abastecemento do   Concello   de Arbo, en concreto  no  lugar  de Cuarto,  na  parroquia  de San  Cristovo  de  Mourentan”

Para iso no proxecto, defínese, tanto o tipo de tubaxe, os diámetros e presións nominais das mesmas, así como o mellor trazado das tubaxes que se repoñen. Tamén se repoñerán as acometidas que parten da rede principal a cada unha das vivendas.

Dende o goberno arbense, queren garantir o abastecemento sen cortes por avarías, dado que  a tubaxe existente  sofre roturas con bastante asiduidade, ocasionando cortes na subministración de auga ás vivendas existentes no núcleo de Cuarto, manifesta Horacio Gil.

O Concello de Arbo, non conta con medios nin persoais nin materiais para a realización  das obras proxectadas e que son necesarias porque  este tramo de tubaxe que se pretende mellorar, sofre constantes avarías, e estas supoñen numerosos cortes na subministración de auga ás vivendas existentes no núcleo de Cuarto e Pimende.

O  Concello desexa arranxar esta problemática, e decide renovar a tubaxe existente, entre a arqueta do cruzamento do desvío aos núcleos e ata a zona sur do núcleo de  Pimende, mediante a reposición da mesma,  con tubaxe en  polietileno de alta densidade de diámetro 90 mm e 16 bar  de presión  e  tubaxe  de  PEAD    de diámetro    40 mm,  repoñer as arquetas  que aloxarán as válvulas de corte e as válvulas redutoras de presión e renovar as acometidas domiciliarias.

Todo elo, co fin de garantir unha mellora prestación deste servizos básico aos veciños e veciñas deste núcleo de poboación.

 

“MELLORA PAVIMENTO E DRENAXE NO CAMIÑO PORTAFEITO ACCESO A EIDOS DE ARRIBA (SELA)”.

OBRAS DE “MELLORA PAVIMENTO E DRENAXE NO CAMIÑO PORTAFEITO ACCESO A EIDOS DE ARRIBA (SELA)”.

 

  • A Xunta de Goberno da Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 9 de xullo de 2021, adoptou  conceder unha subvención ao Concello de Arbo, no marco do Plan Concellos 2021 LIÑA 1-INVESTIMENTOS, con destino ao financiamento do investimento “MELLORA PAVIMENTO E DRENAXE NO CAMIÑO PORTAFEITO ACCESO A EIDOS DE ARRIBA (SELA)”.

 

  • Importe das obras 79.911,68 €

 

 

 

 

 

ACTUACIÓNS

 

O obxectivo do presente proxecto no ramal en saburra e no ramal 1, é a execución dunha nova capa de rodadura, tomando como base o pavimento actual, que será a base do pavimento proxectado. Previamente realizarase unha  explanación da devandita base no ramal saburras, no ramal 1 será necesario conformar a chaira realizando desmonte e perfilado de noiros, e estendendo e compactando base de saburra. Posteriormente aplicarase unha rega de adherencia  ECR-2 cunha dotación de 1 kg/ m2 para posteriormente estender unha capa de mestura  bituminosa en quente tipo AC 16 Surf D (antigo D-12) de 5 cm de espesor. Así mesmo realizarase o rozado mecánico de cunetas e noiros por ambas as marxes do camiño.

Nos ramais 2 e 3, executarase desmonte e terraplén, para posteriormente compactar a chaira, que quedará como pavimento final do camiño.

En todos os ramais, complementarase a actuación coa execución de canalizacións de drenaxe de pluviais, consistentes en cuneta de drenaxe lonxitudinal en terras ou en formigón, arquetas de recollida de augas e canalizacións de drenaxe transversal e de salva cunetas para acceso a leiras.

Unha vez finalizados os traballos de pavimentación marcaranse os bordos de calzada con marca viaria.

 

 

“Subministro de material para colocar San Xoán de Arbo – LOTE I”

O concello de Arbo contrata o  Subministro de material para colocar San Xoán de Arbo – LOTE I”, de acordo coa concesión de subvención concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra ao Concello de Arbo - Plan de obras e Servizos (Plan Concellos) 2021, dentro da Liña 1 – Investimentos.

Orzamento do subministro:    3.241,17 €                       

A actuación  a realizar consiste no suministro de balaustrada de aceiro no lugar de Cruceiro (San Xoan) en Arbo.

Coa execución das actuacións contempladas no presente proxecto preténdese acadar un múltiple obxectivo:

 

  • Mellorar o servizo a cidadanía e a calidade do mesmo
  • Mellorar a seguridade  dos usuarios

 

REHABILITACIÓN CASCO HISTORICO

 O Concello de Arbo realizara   obras de rehabilitación do casco histórico de Arbo ”, tras resolución de concesión de Subvención pola Deputación         Provincial de Pontevedra por acordo da  Xunta  de Goberno  de data  10 de decembro de 2021, no marco da convocatoria de subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2021.

Orzamento das obras: 4.489,10 € (IVE 21% incluído).

Achega da Deputación: 3.017,18 € 

Aportación do Concello con cargo a Fondos Propios: 1471,92€.-

A intervención conten os seguintes procesos e materiais:

Demolicion de pavimento de granito existente roto ou en malas condicións .

Execución de pavimentación con laxas de granito.

Reparacion de pavimentación con laxas de granito.

O patrimonio cultural  e arquitectónico é a expresión da totalidade de coñecementos, crenzas e valores, tanto artísticos como filosóficos e morais, que conforman a tradición das persoas e é a base das súas actividades expresadas en termos físicos de espazo e tempo, a través de procesos e axentes específicos.

 

SUMINISTRO DE MATERIAL EN ZONAS PUBLICAS DO CASCO URBANO

Rematada a colocación de “Subministro de Material para colocar en distintos puntos do Concello, San Juan, Barcela, Sela, Cabeirazs e Zonas Públicas do Casco Urbano,

o Concello de Arbo solicitou subvención que foi  concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos - Plan de obras e Servizos (Plan Concellos) 2021, dentro da Liña 1 – Investimentos, mediante Resolución da Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra de 04.08.2021, no importe de 12.055,05 € para Subministro de Material  en zonas públicas do Casco Urbano en Barcia e San Xoán, sobre a base da memoria técnica para o “Subministro de material para colocar en distintos puntos do Concello: San Xoán, Barcela, Sela, Cabeiras e zonas públicas do casco urbano”, asinada polo arquitecto municipal D. Teodoro de Francisco Antes en data 12.05.2021.

 

REMATADO OBRAS DE LAVADOIRO DE BARCELA

REMATADA AS OBRAS DE RESTAURACIÓN DO LAVADOIRO DE BARCELA

 

  • O obxecto do contrato  foi a execución da obra de “Mellora  do Lavadoiro de Barcela”. Unha empresa local realizou a restauración do ben municipal

 

  • Con esta son máis dunha veintena de actuación realizadas en lavadoiros e fontes municipais.

 

  • Tamen se realizou a canalización de augas, por debaixo da estrada autonómica PO-400 dende o lavadoiro, para evitar a escorrentía das augas e que foi executada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a petición do Concello de Arbo

O Concello de Arbo, platéxabase a “Mellora do lavadoiro de Barcela” para a súa posta en valor, deste elemento tradicional que forma parte dos lavadoiros públicos e que polo seu estado de deterioración ou por xerar un impacto na paisaxe do seu arredor, necesita unha intervención.

Esta obra adxudicada por importe de 12.901,37 €  (IVE 21%  incluído), foi financiada  polo Instituto de Estudos do Territorio da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dacordo a Resolución do 3 setembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia e polo Concello de Arbo con cargo a fondos propios municipais, levarase a cabo por unha empresa local.

 

LAVADEIRO BARCELA

ARBO, CONTRATA AS OBRAS PARA A RESTAURACIÓN DO LAVADOIRO DE BARCELA

 

  • O obxecto do contrato  é a execución da obra de “Mellora  do Lavadoiro de Barcela”

 

  • A actuación prevé  a posta en valor do lavadoiro, elemento tradicional que forma parte dos lavadoiros públicos do Concello

 

  • Con esta son máis dunha veintena de actuación realizadas en lavadoiros e fontes municipais.

 

 

O Concello de Arbo, platéxase a “Mellora do lavadoiro de Barcela” para a súa posta en valor, deste elemento tradicional que forma parte dos lavadoiros públicos e que polo seu estado de deterioración ou por xerar un impacto na paisaxe do seu arredor, necesita unha intervención.

 

Esta obra adxudicada por importe de 12.901,37 €  (IVE 21%  incluído), será financiada  polo Instituto de Estudos do Territorio da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dacordo a Resolución do 3 setembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia e polo Concello de Arbo con cargo a fondos propios municipais, levarase a cabo por unha empresa local.

 

O Lavadoiro de Barcela, trátase dun pequeno lavadoiro situado no lugar do Cruceiro na parroquia de Barcela en Arbo.  Situado  nunha cota inferior dos viais cos que limita e ten o seu acceso. Consta dunha planta cadrada con vaso realizado en ladrillo, pilares e cuberta de placa ladríllea, o lavadoiro é de ladrillo revestido.

 

AS OBRAS A REALIZAR

 

As actuacións  consisten  no debroce e limpeza da parcela na entorna do lavadoiro, reparación e encintado dos muros de pedra, reparación do lavadoiro, revestido do vaso e do resto do lavadoiro, pintado da estrutura existen con cores acordes ao medio, pavimentación do chan do lavadoiro con solado de pedra, deixando canal de recollida e evacuación de auga, colocar peldaños de baixada o lavadoiro, reparación da cuberta e colocar tella cerámico e pilares e revestilos con pedra de tipo país e acondicionamento de toda a contorna.

25 NOVEMBRO

Co gallo da conmemoracion do 25 N, este ano colocáronse margaridas nos maceteros do centro urbano. Estas flores conteñen palabras en prol da igualdade, e nas que colaboraron o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria do colexio Antonio Carpintero de Arbo.

Estas margaridas permanecerán expostas durante todo o mes de novembro de 2021 e  realizáronse grazas a axuda concedida pola Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral de Igualdade) e aos fondos do Pacto de Estado do Ministerio de Igualdade.

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011