MELLORA DO ACCESO A PAZOS

 O ACCESO AO LUGAR DE PAZOS-BARCELA AFRONTA UNHA NOVA FASE DE MELLORA

Os traballos de mellora deron comezo nos últimos días  e o Concello de Arbo invertirá  40.706,94 (IVE 21% incluído) para continuar coa mellora do acceso a Pazos – Barcela.

A actuación ten como obxectivo o ensanche e a mellora do acceso dun camiño municipal, no lugar de Pazos, na parroquia de Barcela – Fase II .

O Concello conta  con financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo as bases publicadas no BOPPO nº230 do 27/11/2021, pola que se convocan as bases reguladoras e convocatorias do Plan Provincial de obras e servizos (Plan Concellos 2022-2023), dentro da Liña 1 – Investimentos,  ao serlle concedida por Resolución da Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra unha subvención de 40.706,94 € para a actuación denominada “Ensanche e Mellora do acceso no lugar de Pazos – Barcela”


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011