I Concurso Redacción Infantil

I CONCURSO DE REDACCIÓN INFANTIL “ARBO, UN VIAXE POLO TEMPO”

 Obxectivo e finalidade do concurso:

 

O Concello de Arbo convoca o I CONCURSO DE REDACCIÓN INFANTIL “ARBO, UN VIAXE POLO TEMPO”. Para achegar a poboación máis cativa, os acontecementos que tiveron lugar no transcurso do tempo na nosa vila.

 

 Participantes:

 

O Concurso vai dirixido aos nenos e nenas de Arbo, en idade comprendida entre os 6 e os 11 anos.

 

Tema, característica técnicas, soporte e material:

 

As redaccións serán orixinais, escritas a man e unha extensión máxima de dúas carillas DIN A - 4, cunha temática baseada nos costumes e na historia de Arbo.

 

 Presentación:

 

O prazo para a entrega dos traballos comeza o 17 de xullo e finalizará o día 8 de agosto de 2017.

 

Poderán presentarse nas oficinas municipais do Concello de Arbo ou na Biblioteca Pública.

 

As bases poden consultarse na paxina web do Concello de Arbo ou no taboleiro de anuncios do Concello

Arquivos

© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011