(16).jpg) Co gallo da conmemoracion do 25 N, este ano colocáronse margaridas nos maceteros do centro urbano. Estas flores conteñen palabras en prol da igualdade, e nas que colaboraron o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria do colexio Antonio Carpintero de Arbo.
Co gallo da conmemoracion do 25 N, este ano colocáronse margaridas nos maceteros do centro urbano. Estas flores conteñen palabras en prol da igualdade, e nas que colaboraron o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria do colexio Antonio Carpintero de Arbo.
Estas margaridas permanecerán expostas durante todo o mes de novembro de 2021 e realizáronse grazas a axuda concedida pola Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral de Igualdade) e aos fondos do Pacto de Estado do Ministerio de Igualdade.
	(31).jpg)
Anuncio do Concello de Arbo de Convocatoria para a selección, en réxime de persoal laboral temporal, dunha (1) praza de auxiliar administrativo socio-cultural.
	
 Descargar: BOE-B-2021-46316.pdf - 164,05 Kb.
 Descargar: BOE-B-2021-46316.pdf - 164,05 Kb. Descargar: Solicitude - Anexo I .pdf - 189,11 Kb.
 Descargar: Solicitude - Anexo I .pdf - 189,11 Kb.PAVIMENTACIÓN DAS BEIRARÚAS DO VIAL DE ACCESO A SELA
Unha vez executados, certificados e xustificados os proxectos das actuacións incluídas na Liña 1: Investimentos do Plan Concellos 2020, e advertidos da existencia de remanentes por baixas na adxudicación a favor do Concello de Arbo, en ditos proxectos do Plan Concellos 2020, que importan un total de 10.991,00 €, existindo a posibilidade de reinvestilo en novos proxectos conforme ao establecido na base décimo novena da convocatoria de axudas, no marco do Plan de Obras e Servizos para o ano 2020 (Plan Concellos 2020), en concreto, na Liña 1: Investimentos, da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra publicada no BOPPO nº 1 de 2 de xaneiro de 2020.
Por alcaldía resolveuse realizar a finalidade obxecto da subvención “Pavimentación de Aceras de Acceso a Sela” co fin de mellorar e ampliar os camiños públicos e mellorar a accesibilidade dos habitantes, asumindo o compromiso de cumprir as condicións impostas nas bases do Plan Concellos 2020, aprobando o proxecto e solicitouse á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, unha subvención polo 100% da referida actuación, con cargo ao Plan Concellos 2020- Liña 1: Investimentos, ao abeiro da base décimo novena da convocatoria de axudas
Coas obras proxectada preténdese dar resposta a demanda dos veciños e veciñas de Sela, tendo en conta que na actualidade ditas beirarúas atópanse sen pavimentar e con moita maleza crecendo na zona destinada aos peóns, o que impide o paso seguro da veciñanza.
	
	
	
 
  
		© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011