A Deputación de Pontevedra destina máis de 13.000 € do Plan +Provincia para levar a a pavimentación de vial municipal e a demolición de galpón no barrio do Ferral, co obxectivo de mellorar a accesibilidade e mobilidade de persoas e vehículos, ampliando a vía para posibilitar o acceso de vehículos.
A presente actuación e necesaria para, dunha parte, r e a l i z a r n o v a p a vi m e n t a ción do vial no núcleo de Ferral e, de outra, a demolición de cuberto reparando os encontros coa estrada municipal, no barrio de Ferral, situado na Parroquia de Santa María de Arbo do Concello de Arbo, co obxecto de facilitar a accesibilidade e mobilidade das persoas e vehículos, ampliando o vial para posibilitar o acceso de vehículos, tanto privados como de emerxencia e maquinaria.
A intervención que se pretende, busca dotar de mellores servizos os cidadáns, renovando a rede de abastecemento, dado o gran número de fugas detectado e manter a imaxe e a conservación do patrimonio municipal.
.jpg)
.jpg)
.jpg)
A Deputación de Pontevedra concede ao Concello de Arbo, a cantidade de 34.700,44 euros, con destino ao financiamento da actuación “DRENAJE Y MEJORA DE PLATAFORMA DE ACCESO A MARAÑA DESDE SAN XOAN DE ARBO. FASE 1” (exp.: 2025018864), en base a un orzamento que importa 34.700,44 euros.

.png)
O CONCELLO DE ARBO resultou beneficiario das axudas destinadas a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles. Fondos de recuperación e resiliencia na actuación L1 - COLECTOR MARRÓN, cunha axuda concedida de 64620 no procedemento MT975T. Sendo esta unha operación cofinanciada pola Unión Europea, a través do fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE — NextGenerationEU.

O Certame de Corais Vila de Arbo é un evento anual que busca apoiar e fomentar a cultura musical polifónica. Este certame consolidouse como un referente para os amantes da música coral, ofrecendo unha plataforma para que coros de diversas localidades poidan mostrar o seu talento e compartir a súa paixón pola música.
O obxectivo principal do Certame de Corais Vila de Arbo é incentivar a modalidade polifónica, un estilo musical que destaca pola súa riqueza harmónica e a súa capacidade para unir voces nun conxunto harmonioso. Ademais, o certame busca:
Promover a cultura musical: Fomentar o interese pola música coral e a súa apreciación na comunidade.
Incentivar a participación: Ofrecer un espazo para que coros de diferentes rexións poidan participar e mostrar o seu traballo.
Fortalecer a comunidade musical: Crear lazos entre os participantes e o público, fortalecendo a comunidade cultural na rexión.
O certame está organizado polo Concello de Arbo, quen traballa en estreita colaboración coa Coral Polifónica de Arbo e a Federación Coral Galega (FECOGA). A colaboración coa Coral Polifónica de Arbo e FECOGA asegura un estándar de calidade na organización e execución do evento, brindando unha contorna profesional e acolledora para todos os participantes.
O XI Certame de Corais “Vila de Arbo” terá lugar o día 22 de marzo do 2026 en horario de tarde no Auditorio Segundo Gil Davila de Arbo.
.jpg)
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011