Parque Forestal Bouza de Miguel (2ª Fase)

O CONCELLO DE ARBO LICITA ACTUACIÓN NO PARQUE FORESTAL DE BOUZA DE MIGUEL

BOUZA DE MIGUEL, UN AREA RECREATIVA PARA PASAR UN DÍA DE DIVERSIÓN EN FAMILIA

  •  As actuación a contratar levaranse a cabo no Parque Forestal Bouza de Miguel nunha segunda Fase.
  • O importe do contrato ascendería á cantidade de 31.212,88 (IVE do 21%  incluído que ascende a 5.417,11 €.-) que serán subvencionados pola Deputación e con fondos propios do Concello de Arbo
  • O Concello conta  coa concesión de subvención concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra por importe de 21.849,02 €, ao abeiro  do reparto da segunda convocatoria de axudas a Concellos destinadas a Mellora dos Montes mediante a creación de Parques Forestais, e conta con recursos propios para financiar a parte non cuberta pola subvención no orzamento definitivo aprobado cara o exercicio 2020 e publicado no BOPPO de 9 de xuño de 2020.

 

Este Concello ten a necesidade de contratar as actuacións  a levar a cabo no “Parque Forestal Bouza de Miguel” nunha segunda fase (anualidade 2019-2020) e tras a redacción da correspondente separata dun proxecto máis global.

A zona obxecto de estudio localízase no lugar de Bouza de Miguel, parroquia de Santa María de Arbo, pertencente ao concello de Arbo, provincia de Pontevedra.

 

 O Concello de Arbo, asinou un convenio coa Comunidade de  Montes en Man Común de Arbo, por ser os propietarios dos terreos,  que permite a realización destas actuacións en solo veciñal.

 

Coa execución das actuacións contempladas no presente proxecto preténdese acadar un múltiple obxectivo:

 

ï‚· Redución do risco de incendio e da ameaza que este supón sobre as vivendas no caso de producirse, mediante a eliminación de especies pirofitas e creación de áreas de frondosas caducifolias en torno os núcleos de poboación e instalación municipais, que actuarán como corta lumes verde.

 

ï‚· Mellora da diversidade florística do espazo mediante o uso de especies frondosas autóctonas e conversión de piñeirais en carballeira ou fraga.

 

ï‚· Mellora do uso público, mediante colocación e instalación de diversos elementos de características construtivas integradoras co espazo forestal no que se sitúa.

Actuacións

As actuacións poden clasificarse en tres grandes grupos:

  1. Actuacións de prevención de incendios forestais
  2. Actuacións de mellora dos valores ambientais coa: eliminación de acacia e mimosa, Eliminación de Eucalipto e Piñeiro, e a Creación de áreas poboadas por mestura de  frondosas caducifolias.
  3. Medidas de posta en valor do uso público ca: instalación dun punto de recollida de residuos sólidos, a construción dun Asadeiro, a colocación dunha Fonte, a creación dunha área de aparcadoiro e a Instalación dun Circuíto de Biosaúdables, de características construtivas que os fan integrables neste entorno forestal e a súa promoción coa elaboración de material audiovisual para a promoción do espazo

Finalización obra vivenda Social en Cequeliños

O CONCELLO DE ARBO XA DISPON DA SUA PRIMEIRA VIVIENDA SOCIAL

·A vivenda esta ubicada na antiga Escola de  Mestres de  Cequeliños

·Para financiar as obras dende o Concello de Arbo optaban a unha  línea de Subvencións da Xunta de Galicia orientada a restauración de este tipo de inmobles.

A finais do ano 2019 o Concello de Arbo recibía unha achega por importe de 8.269,00€ do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente para a posta en marcha da súa primeira vivenda social.

 A adxudicación do contrato realizábase a principio de ano, sendo unha empresa local de Arbo, a encargada de realizar os traballos para a posta en marcha da vivenda social. As obras de rehabilitación da casa de Mestres de Cequeliños, tiveron que se aprazadas durante o estado de alarma o que retrasou un pouco a evolución do proceso.

Outras das vivendas de titularidade municipal a Casa de Mestres en Sela, foi rehabilitadas para a posta en Marcha da Casa do Maior que dan servizo a cinco dependentes dende xuño de 2019

 

O obxetivo é iniciar un programa de restauración das vivendas de mestres de Cequeliños para polas a disposición en réxime de alugamento, á residencia habitual e permanente para aquelas familias con baixos recursos. Así o anunciou o rexedor da localidade de Arbo, Horacio Gil, quen explicou que unha vez rematada a antiga casa de mestres de Cequeliños reforzarase a política social que se esta levando a cabo dende a chegada do seu Goberno ao Concello de Arbo  “Melloras no SAF, Axudas de Emerxencia social,  a Casa do Maior en Sela, a compra de inmoble para Centro Social que se licitara en breve, ou o terreno para a residencia da Terceira Idade” avalan o traballo realizado dende o ano 2014 ata o momento.


Achega para elaborar PACES

O CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA ACHEGA DE 4000,00€.- PARA A ELABORACIÓN DUN PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXIA SUSTENTABLE (PACES) 

Ao abeiro da Orde do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía Sostible cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2020 (código de procedemento MT210A) (D.O.G. Nº 93, 14 de maio de 2020), o Concello de Arbo, recibe  a resolución ditada pola directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, por delegación da súa Conselleira, pola que se lle concede ao CONCELLO DE ARBO, unha axuda por importe de 4000,00 €.- para a asistencia técnica na elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).

 En base a notificación, o Concello de Arbo, ten previsto elaborar e presentar o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES) , este documento respalda os compromisos adquiridos polo Concello de Arbo ao adherirse ao Pacto dos Alcaldes.

Este servizo será para e asistencia técnica para redacción do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible do Concello de Arbo incluindo todas as accións e metodoloxía segundo a estratexia do modelo PACES e as apostas do Cocello para mitigar emisións de GEI e adaptarse ao cambio

O Concello non dispón dos medios materiais e persoais necesarios para a prestación do referido servizo.

Por elo, dende a Alcaldía solicítase orzamento a empresa a empresa SICASOFT SOLUTIONS, S.L con CIF:B-70452263, con ampla experiencia neste campo, que achega a súa proposta económica para o servizo de asistencia técnica para a elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).

O valor estimado ao que ascende o presente contrato fíxase en 3.305,78 € (IVE excluído), sendo o orzamento base de licitación de 4.000,00 €, dos que corresponden á base os referidos 3.305,78 € e ao IVE do 21% o importe de 694,22 €.-

 

 

 

Dan Comezo as Obras do Camiño de Esmoriz

DAN COMEZO AS OBBRAS NO CAMIÑO DE ESMORIZ

  • O importe do contrato ascende a  123.544,75 € (IVE incluído do 21% que ascende a 21.441,65 €)
  • Para a realización das obras o Concello de Arbo conta cunha achega da Deputación Provincial
  •  O prazo de execución do contrato  será de 3 meses.

Dada a ampla superficie do concello, e o gran número de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicado, sendo necesaria proxectos de pavimentación que rexeneren completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado.

Con este novo investimento na mellora de camiños rurais responde as peticións  de agricultores e veciños e veciñas  da zona.

 A obras acométense  por mor do mal estado do camiño de Esmoriz  e tamén se pretende a mellora das infraestruturas vinculadas ao servizo de abastecemento e saneamento municipal, co fin de dar un mellor servizo aos seus habitantes, e así prevese a implantación da rede de saneamento que non existe en dito camiño de Esmoriz.

Mellora Parque Parque P.A.I e adqusisón de mobiliario

O CONCELLO DE ARBO MELLORARA O PARQUE INFANTIL DE BARCELA E COLOCARA MOBILIARIO NO CASCO URBANO

  • Importe da obra 19.354,96€.-
  • Este concello ten a necesidade de dotar de mobiliario urbano no Casco urbano e unha balaustrada no parque infantil no Punto de Atención a Infancia
  • A zona obxecto da memoria ubicase no Casco Urbano de Arbo e no lugar de Coruxa - Barcela, pertencente ao concello de Arbo, provincia de Pontevedra.

 

O Concello de Arbo,  detectou a necesidade de mobiliario urbano para mellora do servizo o cidada e a calidade do mesmo.

 Detectouse a necesidade de colocar unha nova balaustrada no Punto de Atención a Infancia (PAI) para a mellora da seguridade e das prestacións aos usuarios do parque infantil e colocación de  xardineiras para ubicar no Casco Urbano para delimitar as zonas peatonais.

Ante esta  necesidade de contratar o proxecto “Subministro de Material para colocar en distintos puntos do Concello en Parque PAI Barcela e zonas Públicas Casco Urbano, o Concello de Arbo solicitou subvención que foi  concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos - Plan de obras e Servizos (Plan Concellos) 2020, dentro da Liña 1 – Subministración

Adxudicación Obra Urzal

O CONCELLO DE ARBO, ADXUDICA A OBRA DE  “ENSANCHE E MELLORA DO CAMIÑO URZAL –CIVIDA  2ªFASE

  • As actuacións propostas consisten na mellora e ampliación da pavimentación e mellora do Camiño de Urzal-Civida 2ª FASE
  • Importe do contrato: 90.978,94 € (IVE incluido do 21% que ascende a 15.789,73 €)
  • O Concello conta con financiamento ao 100% para acometer dito investimento en base a subvención concedida polo Ente Provincial no marco do Plan Concellos 2020

 

O Concello de Arbo, adxudica a  contratación das obras de Ensanche Mellora do camiño de Urzal – Civida 2ªFase” a traves da plataforma de contratación do Concello de Arbo.

 As obras, que daran comezo nas vindeiras semanas,  incluídas  neste proxecto consisten no ensanche e a mellora dun tramo do camiño existente no lugar de  Urzal na parroquia de Barcela e do que xa se executou o ano pasado a primeira fase deste proxecto

O importe do contrato ascendería á cantidade de 90.978,94 €  (IVE do 21%  incluído que ascende a 15.789,73 €)  e conta coa subvención da Deputación provincial de Pontevedra.

Contratación para instalación de climatización na Planta Segunda da Casa Consistorial

O CONCELLO DE ARBO CONTRATA A INSTALACIÓN DA CLIMATIZACIÓN NA PRANTA SEGUNDA DA CASA COSISTORIAL 
 
 
Obxecto do contrato:
 
Subministro e montaxe de catro unidades climatizadoras para a Planta Segunda da Casa Consistorial
 
Valor Estimado:
O orzamento base de licitación ascende á cantidade de 9.554,52 (IVE 21% incluído) 
 
Xustificación da necesidade 
Actualmente as oficinas da segunda Planta da Casa Consistorial non conta con climatizador. 
As oficinas situadas na planta superior están directamente conectadas co Tellado, non contan con ventanais, e  as vélux coas que contan en algún dos casos dan directamente a cornisa do edificio o que non permite que o aire entre.
A importancia de dotar as oficinas da planta superior de climatización é mellorar ás condicións  de traballo dos empregados que teñen o seu posto de traballo ubicado nesta planta superior, garantindo unha temperatura adecuada no verán. 
Coa climatización buscase unha solución rápida tendo en conta que durante os meses de máis calor os traballadores,  están soportando temperaturas de ata 35 graos.
 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011