Sinatura Convenio coa Asociación Mulleres Rurais
SINATURA DO ANEXO PARA O ANO 2019 AO CONVENIO ENTRE O CONCELLO DE ARBO E A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS DE ARBO, asinado con data 21 de novembro de 2016

SINATURA DO ANEXO PARA O ANO 2019 AO CONVENIO ENTRE O CONCELLO DE ARBO E A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS DE ARBO, asinado con data 21 de novembro de 2016

SINATURA DO ANEXO PARA O ANO 2019 AO CONVENIO ENTRE O CONCELLO DE ARBO E A ASOCIACIÓN DEPORTIVA DE ARBO C.F, asinado con data 16 de novembro de 2017

SINATURA DO ANEXO PARA O ANO 2019 AO CONVENIO ENTRE O CONCELLO DE ARBO E A BANDA DE MUSICA DO MUNICIPIO DE ARBO, asinado con data 14 de novembro de 2016
.jpg)
SINATURA DO ANEXO PARA O ANO 2019 AO CONVENIO ENTRE O CONCELLO DE ARBO E A ASOCIACIÓN CULTURAL POLIFONICA DE ARBO, asinado con data 8 de novembro de 2016

O CONCELLO DE ARBO ALUGA UNHA PARCELA NO ENTORNO DO CENTRO DE SAUDE PARA APARCADOIRO MUNICIPAL

O inmoble atópanse situado no entorno do Centro de Saúde, Área Recreativa e Parque infantil de Turbela, do Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea e do inmoble adquirido polo Concello para o punto de atención infantil e o centro de maiores, próximo ao centro urbano de Arbo, nunha zona con boas infraestruturas e accesibilidade. A proximidade destas parcelas ao casco urbano onde se sitúan os supermercados, comercios, praza de abastos, biblioteca, multiusos, constitúe unha zona moi concorrida e con escasos aparcadoiros, circunstancias que converten estas parcelas en ubicación idónea para convertelas en aparcadoiro, non solo pola súa proximidade, senón tamén pola súa superficie, accesos e a forma, que permitirían un maior aproveitamento, non existindo parcelas no entorno coas mesmas características.
O alcalde do Concello de Arbo, xustifica a necesidade e a idoneidade da parcela, posto que o Centro de Saúde atópase situado fronte a vial provincial sen zonas habilitadas para aparcar, non existindo zona de estacionamento a menos de 700 metros. O alcalde manifesta que con estes aparcadoiros, localizados a escasos metros do Centro de Saúde atenderíase a necesidade dos doentes que visitan diariamente o centro de ter unha zona para aparcar, o que permitiría que as persoas maiores e os cativos, en moitos caso enfermos e impedidos non tivesen que desprazarse como o fan habitualmente andado e desta forma e dotando o centro de saúde de estacionamento gratuíto incluiríanse todos os servizos necesarios para o seu mellor benestar e saúde, mellorando o servizo público prestado e a súa calidade de vida aos usuarios.
O CONCELLO DE ARBO INSTALA PORTERIAS ABATIBLES DE FUTBOL 8 NO CAMPO MUNICIPAL DE ARBO
.jpg)
O Concello de Arbo, instala dúas porterías novas no campo de Fútbol Municipal de Arbo. As novas porterías son abatibles co obxetivo de favorecer o mantemento do cesped e para facilitar ao clube a súa retirada cando o campo de use para fútbol 11. Con esta adquisición tamén se facilita en gran medida ás tarefas de entrenamento dos diferentes equipo que utilizan a instalación , dando resposta as súas demandas.
A instalación destas porterías forman parte do plan municipal para mellorar as infraestruturas deportivas municipais, en meses anteriores xa se dotou a cantina do campo de auga quente, se colocaron medidas de seguridade nas porterías e se están realizando melloras nos vestiarios e no tellado do pavillón, entre outra melloras que se levan realizaron nos últimos anos
OS DEPUTADOS CARLOS LOPEZ FONT E OLGA M GARCIA BALLESTEROS VISITABAN XUNTO CO ALCALDE DE ARBO, HORACIO GIL AS OBRAS DA LOMBA
O Concello de Arbo e a Deputación Provincial melloraron a estrada provincial no barrio da Lomba – Mourentan do termo municipal de Arbo. Os Deputados Carlos Lopez e Olga M. García, achebanse ao Termino municipal de Arbo, para comprobar xunto co Alcalde do Concello de Arbo Horacio Gil, o remate das actuacións realizadas no entorno da estrada de titularidade provincial EP-5003, nas proximidades do seu cruce coa estrada EP-5205, no lugar de A Lomba.
O Deputado Carlos Lopez, aseguraba que esta actuación é sobresaínte e vai na liña de ter como prioridade ás persoas e garantir a seguranza viaria nas estradas provinciais.
O Alcalde do Concello de Arbo, informaba que Estes traballos melloran a accesibilidade do treito e dotan de servizos á veciñanza da Lomba, repercutindo na súa calidade de vida.
Subvencións concedidas ao Concello de Arbo pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no marco da “Convocatoria de subvencións a concellos destinadas á mellora dos montes mediante a creación de parques forestais” (BOPPO nº 243de 21.12.17):
Este Concello tras solicitude presentada no marco da Liña 1 da convocatoria do Ente Provincial para o ano 2018 resultou beneficiario da seguinte subvención por acordo da Xunta de Goberno do Ente Provincial de data 22.06.18:
*Subvención por importe de 5.488,56 € (70%) para a redacción do proxecto para a creación do parque forestal de “San Xoán de Arbo”, cun orzamento total de 7.840,80 €, sendo o importe de achega municipal de 2.352,24 € (30%). A redacción do referido proxecto foi encargada polo Sr. Alcalde á mercantil “SERVICIOS TÉCNICOS E OBRA DO RURAL S.L. -XIRELA” no importe de 7.840,80 €.
Este Concello tras solicitude presentada no marco da Liña 2 da convocatoria do Ente Provincial para o ano 2018 resultou beneficiario da seguinte subvención por acordo da Xunta de Goberno do Ente Provincial de data 22.06.18:
*Subvención por importe de 38.271,74 € (70%) para levar a cabo as actuacións no parque forestal de “Bouza de Miguel”, cun orzamento total de 54.673,91 €, sendo o importe de achega municipal de 16.402,17 € (30%). As actuacións incluídas son: Implantación de medidas fronte incendios forestais: rozas e actuacións de eliminación das especies seucaliptus e pinus en faixas de defensa primaria, así como a mellora de valores naturais: formacións arbóreas, creación dunha zona de uso e aproveitamento da cidadanía: parque, incluída a sinalización e divulgación do parque. O orzamento por importe total de 54.673,91 € presenta o seguinte detalle:
Capítulo I: Rozas: 2.929,81 €
Capítulo II: Plantación: 3.083,92 €.
Capítulo III: Parque: 28.106,90 €.
Capítulo IV: Sinaléctica: 3.450,00 €
Capítulo V: Divulgación: 400,00 €
Total orzamento execución material: 37.970,63 €.
Beneficio Industrial 13%: 4.936,18 €.
Gastos Xerais 6%: 2.278,24 €
IVE 21%: 9.488,86 €
Total orzamento final: 54.673,91 €
A actuación foi contratada a través de licitación por procedemento aberto, con división en lotes, co seguinte detalle:
LOTE 1 Comprende os capítulos I e II de orzamento: actuacións sobre a vexetación (rozas e plantación)
Orzamento base de licitación IVE 21% excluído: 7.156,34 €. (IVE 21% 1.502,83 €)
Orzamento base de licitación IVE 21% incluído: 8.659,17 €.
LOTE 2: Comprende os capítulos III, IV e V de orzamento: as actuacións de creación área infantil, divulgación e sinalización
Orzamento base de licitación IVE 21% excluído: 38.028,71 € (IVE 21% 7.986,03 €)
Orzamento base de licitación IVE 21% incluído: 46.014,74 €.
O contrato para a execución das actuacións incluída no lote II foi adxudicado neste ano 2019 á mercantil “ZONA DE OBRA O ROSAL S.L.” no importe de 37.271,94 € (IVE incluído), atopándose pendentes de adxudicación as actuacións incluída no lote I, ao quedar deserto o procedemento aberto neste parte, e estar en tramitación un procedemento negociado sen publicidade conforme ao disposto na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público.
Dáselle publicidade a dito cofinanciamento recibido da Deputación Provincial de Pontevedra para ditos fins, cumprindo coas obrigas establecidas nas bases da convocatoria do ano 2018.
REMATADAS AS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN DO ACCESO A PARAVEDRA, NA PARROQUIA DE MOURENTAN
Obras Incluidas no Plan Cocellos 2018-Anualidade 2019 da Deputación de Pontevedra

Arbo a agosto de 2019.- As obras de mellora do acceso a Paravedra na parroquia de Mourentan, foron executadas segundo o proxecto.

O obxecto das obras consistiron na ampliación do vial existente para facer posible o paso de vehículos polo mesmo. A obras realizanse por mor do mal estado do vial mencionado donde o firme atopase deteriorado e con fochancas en diversas zonas o que perigoso o paso de vehículos é peons

.jpg)
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011