Mesa Local de Coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero (MCL)
Arquivos
Descargar: Mesa da MCL - 125,69 Kb.
O Banco de Alimentos municipal ten por obxectivo principal recadar alimentos non perecedoiros e redistribuílos entre as persoas con menores recursos, co fin de solventar as súas necesidades básicas.
O Concello recibe a maior parte dos alimentos do Banco de Alimentos de Vigo - Cruz Vermella, que pertence a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), pero tamén grazas ás campañas de recollida como por exemplo a “Operación Kilo”, “Nadal Solidario”, festivais, etc…
Ten por obxecto informar e guiar ao cidadán dos distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar a persoas e grupos afectados con problemáticas específicas, diagnosticando a situación e derivándoa, se fose preciso, aos servizos sociais de atención especializada.
Áreas e recursos de maior interese para o cidadán:
§ Comunidade
- Axuda económica para o pago de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico …
- Reintegro de gastos do Sistema de Saúde de Galicia
- Asistencia xurídica gratuíta
- Etc …
§ Dependencia
- Valoración e recoñecemento da situación de dependencia nos supostos de emerxencia social.
- Valoración e recoñecemento da situación de dependencia para menores de 3 anos.
- Servizo de axuda no fogar SAAD
- Servizo de atención diúrna e de noite para persoas en situación de dependencia
- Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia
- Servizo de Teleasistencia para persoas en situación de dependencia
- Servizo de xeolocalización para persoas en situación de dependencia
- Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal (065)
- Centros residenciais para maiores propios da Xunta
- Centros residenciais para maiores con prazas públicas concertadas
- Etc….
- Pensión non Contributiva de Invalidez
- Complemento de Terceira Persoa
- Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada
- Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)
- Axudas de inclusión social (AIS)
- Recoñecemento do grao de discapacidade
- Programa de Respiro Familiar para coidadores de persoas en situación de dependencia
- Prazas xuvenís e de inclusión (discapacidade) no programa Campaña de verán-2015
- Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2015
- Servizo de Teleasistencia para persoas en situación de dependencia
- Abono anticipado de deducións por familia numerosa, monoparental ou discapacidade
- Etc….
§ Familia e Infancia
- Axudas de inclusión social (AIS)
- Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos
- Recoñecemento ou asimilación a categoría de descendente ao concibida/a
- Estadías nas residencias de tempo libre
- Punto de atención á infancia
- Axuda económica para o pago de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico …
- Deducións no canon da auga a familias numerosas ou en risco de exclusión
- Prestacións familiares da Seguridade Social
- Bonificacións no transporte interurbano para familias numerosas
- Abono anticipado de deducións por familia numerosa, monoparental ou discapacidade
- Asistencia xurídica gratuíta
- Etc….
§ Maiores
- Pensión non contributiva de xubilación
- Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada
- Ingreso en residencias para maiores con autonomía
- Programa "Ti tamén contas" 2015 - Deputación de Pontevedra
- Programa de Saúde e Benestar 2015 - Deputación de Pontevedra
- Programa diúrno de balnearios na provincia de Pontevedra "Coidarte 2015"
- Coñece a túa provincia Deputación de Pontevedra
- Programa de Turismo Social para maiores do IMSERSO
- Servizo de Teleasistencia para persoas en situación de dependencia
- Asistencia xurídica gratuíta
- Etc ….
Son servizos dirixidos a toda a poboación. O seu obxectivo é informar aos cidadáns sobre os distintos recursos, prestacións e dereitos en materia de servizos sociais, así como a valorar situacións problemáticas, orientar e asesorar na búsqueda de solucións.
UBICACIÓN
Enderezo: Concello de Arbo
Praza consistorio, 1
36430 – Arbo
Correo electrónico: concellodearbo@concellodearbo.es
Teléfono: 986 665 000
TÉCNICOS/AS E SERVICIOS QUE REALIZAN:
· Traballadora social (Mar Sousa):
Horario: de luns a xoves de 9:00 horas a 13:00 horas, e os venres só con cita previa.
Correo electrónico: servizosocialarbo@yahoo.es
· Educadora social (Ana):
Horario: de luns a venres de 8:00 horas a 15:00 horas.
Correo electrónico: educafarbo@hotmail.com
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011