O Concello de Arbo, en colaboración coa Fundación “Segundo Gil Dávila”, CONVOCA DEZ AXUDAS DE ESTUDOS DE 500,00€ cada unha.
Poderán solicitar esta axuda aqueles mozos e mozas, que realicen estudos universitarios no presente curso 2.017/2.018 e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar empadroado no Concello cun ano de anterioridade ao momento en que se solicita a beca.
b) Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a beca. A estes efectos, non poderán ser beneficiarios de beca aqueles estudantes aos que unicamente lles reste, para a obtención do título, a acreditación dun determinado nivel de coñecementos dun idioma estranxeiro.
b) Estar matriculado nalgunha das ensinanzas universitarias do sistema educativo español para obter un título universitario oficial.
c) No caso do Master, só se terán en conta aqueles que habilitan para o exercicio profesional.
d) Non atoparse incurso nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
A Instancia de solicitude dirixirase ó Sr. Alcalde - Presidente do Concello de Arbo, acompañada da documentación establecida nas Bases da convocatoria ( a disposición dos solicitantes nas Oficinas Municipais e na páxina Web).
O prazo de presentación estará aberto dende o día 2 ata o día 30 de Outubro de 2017.
MELLORA E SEGURIDADE VIAL DO CAMIÑO MERELLE FONTAN
Continuando coa serie de melloras e servizos en infraestructuras que o Concello de Arbo esta realizando a favor dos mesmos para a dinamización do Medio Rural, acabanse de adxudicar as obras de Mellora de Pavimentación en Camiño Merelle - Fontan parroquia de Cabeiras do Termo municipal de Arbo.
As obras incluidas consisten na mellora da seguridade vial en dous lugares concretos dentro da parroquia de Cabeiras
No tramo de Merelle planease o ensanche e pavimentación dun camino que parte desde as ultimas casas do lugar, e baixa en dirección a Fontan. O camino e moi estreito e contemplase mellorar o trazado dunha curva moi pechada, a vez que se ensancha o tramo completo para conseguir un ancho e plataforma.
Por outro lado no lugar de Fontan existe unha intersección donde se xuntas as pistas que veñen A Pedreira, A Igrexa e do propio núcleo de Fontan. As actuacións contempladas neste proxector encamiñanse a mellorar a seguridade vial de dita intersección, mellorando a visibilidade, o trazado dunhas curvas e a pavimetación actual
Comezan as obras de Mellora do Camiño de Devesa
As obras a realizar no caimño de Devesa son no tramo 1 a ampliación do camino coa renovación de capa de rodadura e desprazamento de peche existente e no tramo 2 renovación de capa de rodadura mediante desbro, limpeza, pavimentación, rularización de firme, capa de rodadura mediante unha mezcla bituminosa en quen, formación de plataformad en ampliación con base de zahorra artificial e realce de tapas de rexistro na estrada
REMATADAS AS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DE MINA E AMPIACIÓN DA PISTA EN RIAL – COTIÑO (CEQUELIÑOS)
Continuando cunha serie de melloras que se están acomentendo polo Concello de Arbo, no mes de agosto adxudicabanse as obras de acondicionamento de Mina e Ampliación da Pista en Rial-Cotiño ( Cequeliños), as mesmas consistirón en ampliación de vial, construcción de muro de talud enfrente da mina, ampliación de vial e construcción de muros en parcelas.
A Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, esta a desenvolver as obras do Acondicionamento do Sendeiro Rio Deva a Praia Fluvial de San Xoan
O Concello de Arbo, quere continuar pondo en valor o entorno do Rio Deva a través de acondicionamentos de sendeiros, mobiliario na Praia Fluvial e a divulgación de rutas a través de paneis informativos. Deste xeito, o Concello de Arbo, solicitou a Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, colaboración para o acondicionamento do Sendeiro dende o Rio Deva a Praia de San Xoan de Arbo. Neste marco a citada conselleira, comezou as obras de previstas que consisten na roza manual do trazado, a mellora do camiño, a instalación de pasarela de madeira e escaleiras, construción dun muro de cachotaría para estabilizar o camiño e instalación dun panel interpretativo coa información relativa ao sendeiro.
O Concello de Arbo acaba de rematar as obras de arranxo do muro de peche do Campo de Futbol de Arbo.
Estado anterior
Durante o temporal que tivo lugar neste Concello hai uns meses, o muro do recinto do campo de futbol, a causa das fortes choivas e vento, derrumbouse deixando unha parte do recinto sen protección e con acceso o citado campo, sendo ademais un perigo para os nenos e nenas que frecuentemente realizan actividades nesas instalación deportivas.
Estado Actual
As obras de mellora consistiron en construcción de novo tabique, conservando a altura e o diseño que tiña anteriormente. O Orzamento das obras ascenden a un importe de aproximadamente 7.000 euros, e foron realizadas por unha empresa do Concello de Arbo.
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011