Mellora e adaptación "Mercado Municipal"

 Rematadas as obras de mellora e adaptación das instalacións do Mercado Municipal. Fase II

 -          Supresión das barreiras arquitectónicas e de comunicación e instalación dun novo pavimento antiesvarante, posto que o actual resulta moi perigoso para os usuarios en xeral, pero sobre todo para aqueles que poidan presentar algún problema de mobilidade reducida; na Fase I executada o ano pasado levouse a cabo a construción dun aseo adaptado a persoas con mobilidade reducida, nesta fase contémplase a supresión de barreiras comunicativa coa instalación de sinalización da praza en Braille

-   Demolición dos actuais postos de venta centrais, onde se leva a cabo a venta de peixe, verduras e froitas e instalar puntos de venta que sexan funcionais e esteticamente máis modernos, limpos e hixiénicos o estar enteiramente realizados en aceiro inoxidabble, e tamén dispor de fregadeiros realizados no mesmo material, con grifos especificamente deseñados e pensados para a actividade que se desenvolve nas prazas

-   Mellora do pavimento central da praza de abastos, demolendo o existente que se atopa en mal estado e ademais e perigoso  e esvarante cando se molla

-     Instalación de carteleira de aceiro inoxidable sobre os novos postos de aceiro inoxidable para que os vendedores poidan rotulalos có seu nome

- Instalación dun punto de información ós usuarios do Mercado Municipal de Abastos coa instalación dun MUPI informativo comercial, onde os praceiros poderán publicar as novidades, campañas e ofertas que se están desenvolvendo.

- Colocación dun maior número de consignas para facilitar as compras dos usuarios da Praza de Abasto

-  Instalación dun colector de residuos con bocas de reciclaxe separadas para incentivar a reciclaxe dentro da Praza de Abastos.

-   Cambio do actual falso teito que se atopa en moi mal estado dando unha imaxe sucia e de abandono

- Melloramento do illamento térmico coa instalación de espuma ríxida de poliuretano fabricada “in situ"

- Retirada de iluminación actual e substitución da mesma por iluminación tipo LED

-  Instalación de luminarias de emerxencia

-   Instalación de aparcabicicletas para promover o uso deste tipo de vehículo

- Limpeza de fachada e reacondionamento das letras de “Mercado Municipal”

Contratación Persoal

 

O Concello de Arbo pretende seleccionar e contratar unha auxiliar de Axuda no Fogar:

 

Denominación da praza:  Auxiliar de Axuda no fogar  (G.C. 7).

Número de prazas a prover: 1

Clase de persoal: laboral temporal.

Modalidade do contrato temporal: Obra ou Servizo determinado.

Xornada:  Xornada Parcial: 2,25 horas/día, con flexibilidade horaria de mañá e tarde.

Retribucións brutas mensuais:  298,78 €

Duración: dende a formalización do contrato laboral ata o remate da obra ou servizo.

Funcións: as propias que deriven da natureza da praza.

Requisitos imprescindibles:  os previstos na cláusula 4ª das bases.

Instancias: En modelo oficial, que será facilitado aos interesados,  e que deberá presentarse no prazo de sete  días naturais dende o seguinte a aquel en que o anuncio de convocatoria sexa inserido no diario “ Atlántico”, dada a urxencia de dar cobertura e este servizo esencial.

Proceso selectivo: Mediante a avaliación dos méritos alegados, segundo os baremos que constan nas referidas bases.

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011