Mellora Camiños Municipais

MELLORA DOS CAMIÑOS DE CHAN – BARCELA E FONTEMARÍA - ARBO

O Concello de Arbo acometeu as obras de “Mellora dos camiños de Chan – Barcela e Fontemaría - Arbo”  cun orzamento de execución por contrata das obras cifrado en 87.680,23  €, IVE do 21% incluído,  tres meses de prazo para executalas, nos termos de proxecto  do que é autor o Enxeñeiro de Camiños D. Alberto Moreno García (colexiado nº 3824), con financiamento da Consellería de Medio Rural e do Mar na contía de 72.463,00 € e do Concello de Arbo no importe de 15.217,23 € con cargo a aplicación orzamentaria 1531.619.

O expediente tramitado para a obtención dunha subvención para o Concello de Arbo no marco da Resolución do 20 de novembro de 2014, pola que se aproba o Plan Marco: Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015, financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PDR de Galicia 2007-2013, notificada a este Concello o 20.11.14 (R.E. 1422), e no que consta Resolución do Director Xeral de Agader de data 12.12.14, recibida o 15.01.15 (R.E. núm. 56), pola que se concede unha subvención a esta entidade de 72.463,00 € para o proxecto “Mellora dos camiños de Chan – Barcela e Fontemaría - Arbo

Obras de Saneamento en Sta Maria

“OBRAS DE SANEAMENTO EN SANTA MARÍA”

O Concello de Arbo vai acometer as obras de “Obras de Saneamento en Santa María”, cun orzamento de execución por contrata cifrado en 31.373,05 € (IVE do 21% incluído), sendo a base de 25.928,14 € e o IVE de 5.444,91 €, e cun prazo de execución de  un mes.

Para levar a cabo esta actuación cóntase con financiamento  do 100% da referida actuación con cargo a subvención concedida por Resolución do Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra de data 23.04.15 na cantidade dos 31.373,05 €,   ditada no marco do Plan de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15) cuxas bases foron aprobadas por acordo plenario de 28.11.14 e publicadas no BOP núm. 1 do 02.01.15.

 

Obras na Rede de Saneamento Costa e Mandelos

“OBRAS  NA REDE DE SANEAMENTO NA COSTA E MANDELOS”

O Concello de Arbo vai acometer as obras para a execución de “Obras  na rede de Saneamento na Costa e Mandelos”, cun orzamento de execución por contrata cifrado en 37.549,78 € (IVE do 21% incluído), sendo a base de 31.032,88 € e o IVE de 6.516,90 €, e cun prazo de execución de catro semanas.

Cóntase co financiamento  do 100% da referida actuación con cargo a subvención concedida por Resolución do Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra de data 23.04.15 na cantidade dos 37.549,78 €,   ditada no marco do Plan de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15) cuxas bases foron aprobadas por acordo plenario de 28.11.14 e publicadas no BOP núm. 1 do 02.01.15.

No proxecto básico e de execución  indícase que as obras consisten na execución de obras parciais na rede de saneamento de fecais en varias zonas do municipio de Arbo co fin de dar servizo a vivenda de nova implantación e mellorar o trazado e distribución da rede existente na zona de A Costa e Mandelos-Arbo.

 

II Festa da Bicicleta 2015

 

o vindeiro día 9 de agosto ás 10:00 horas e dentro das actividades que teran lugar co gallo da Festa da Lamprea Seca 2015, a Concelleria de Deportes do Concello de Arbo organiza a II Festa da Bicibleca. A saida será ás 10:00 horas dende a Praza do Concello e chegarase aproximadamente ás 12.00 horas a Carballeira de Turbela. Os nenos menores deberán ir acompañados por un adulto. É OBRIGATORIO LEVAR CASCO!!!!!

 

TEATRO

VERÁN CULTURAL 2015

Teatro “Alicia no Pais das Marabillas”  

O vindeiro día venres 7 de agosto, ás 21 horas,  no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo,  e dentro das actividades comprendidas dentro do “Verán Cultural 2015 de Arbo”, a Aula de Teatro Municipal de A Cañiza representara a obra de Teatro “Alicia no Pais das Marabillas”

A aula de teatro municipal da Cañiza naceu hai xa doce anos. Neste curso 2014-2015 están dirixidos por Diana Mera, alumna da 1ª promoción , licenciada na ESAD de Vigo e Directora e produtora da súa propia compañía “Aporía escénica”.

Este ano a obra que presentan é todo un clásico: Alicia no país das marabillas, do autor inglés Lewis Carroll, pero neste caso os  alumnos-as fixeron unha adaptación da obra , partindo da versión cinematográfica de Tim Burton.

A estrea foi o venres 26 de xuño no Auditorio municipal da Cañiza e como cada ano foi todo un éxito tanto de público como de crítica.

 

Actuación da Vella Barca en Sela

VERÁN CULTURAL 2015

 

Dentro das actividades que organiza o Concello de Arbo no seu programa do “Verán Cultural 2015” e a petición da Comisión  de Festas da Virxe do Carme de Sela o vindeiro domingo  19 de de xullo partires das 19 horas, no Torreiro da Feiras de Sela,   terá lugar a actuación  do Grupo de Baile, Gaitas e Pandereteiras da Asociación Cultural a Vella Barca, co gallo da Festa do Carme de Sela.

O  Concello de Arbo e a Comisión de Festas invita  a todos a acercarse ata Sela e disfrutar deste evento

Mellora Parque Infantil de Turbela

MELLORA DO PARQUE INFANTIL DE TURBELA 

O Concello de Arbo esta a executar a actuación de investimento denominado "adecuación, mellora e ampliación de infraestructuras públicas en Arbo: Parques Infantis e alumeado público" cun orzamneto de 10.032,89 €.-"  Con esta actuación preténdese a adecuación, mellora e ampliación de varías infraestructuras dentro do territorio do Concello de Arbo, levando a cabo as obras consistentes en adecuación á normativa en materia de parques infantis entre outros do parque existente en Turbela  ao carón do centro médico.  

Axencia de Desenvolvemento Local Arbo

Axencia de desenvolvemento Local de Arbo

  Políticas activas de emprego e impulso empresarial no Concello de Arbo.

O concello de Arbo ven realizando e participando en diferentes iniciativas locais, nacionais, interfronteirizas e europeos para a promoción e creación de emprego na zona, con diferentes resultados positivos. Dende fai bastantes anos, o Concello conta con un axente de emprego e desenvolvemento local que dinamiza a contribúe ao asentamento e éxito destas actuacións a favor do emprego. Como engadido, salientar que Arbo atende, ademais a un número importante de cidadáns portugueses.

Arbo presenta un conxunto de importantes vantaxes para o seu desenvolvemento, como son non so o continuo crecemento do seu parque empresarial se non tamén a proximidade de Portugal  e as apartacións da economía fronteiriza. Ademais, esta asentada na zona unha importan te industria arredor do viño Albariño – Rías Baixas, que  require de atención e promoción continuada dende o punto de vista do desenvolvemento.

Todo elo sen esquecer das potencialidades turísticas, gastronómicas e de mencionar que aporta como recursos a continuar desenvolvendo o territorio de Arbo.

Definición do Proxecto global e obxectivos.

O Axente de Emprego e Desenvolvemento Local manunha estreita relación co  entorno económico para alcanzar a promoción económica do tecido existente, facendo chegar a tódalas empresas do territorio as medidas de fomento da competitividade e o acceso as mesmas. Do mesmo modo promoverán a cultura emprendedora no territorio, fomentando a iniciativa empresarial e apoiando novos proxectos de autoemprego individual e colectivo, informando das medidas de apoio existentes e poñendo en relación ao emprendedor e os recursos especializados.

Así mesmo informa as empresas e aos emprendedores das subvenciones para a contratación de traballadores e do fomento do emprego.

O axente de emprego encargase de levar a cabo a inserción laboral dos demandantes de emprego a través da oferta dos recursos humanos dispoñibles no  territorio, especialmente no que se refire as políticas activas de emprego, identificando as necesidades de persoal a corto e medio prazo, e propoñendo accións de mellora da empregabilidade da poboación desempregada.

O  axente de emprego realiza unha serie de actividades como son:
-Organización de eventos e reunións cos sectores económicos e sociais.

-Edición de material promocional e didáctico.

-Atención de peticións de información e asesoramento e titoría e acompañamento de proxectos empresariais xeradores de emprego.

-Realización de estudios, deseño e xestión de proxectos de dinamización local.

-Implantación e seguimento dos programas de promoción do emprego.
 

 Horario de Atención o Publico

 Luns a venres de 8:00 a 15:00 horas

 Dirección:  2º Andar no Concello de Arbo

Plaza Conistorio 1 36430 - Arbo

Telefono 986 66 50 00

Correo electrónico:  aedlarbo@hotmail.com

 

 

Eficiencia Enerxetica

PROXECTO DE EFFICIENCIA ENERXÉTICA DO ALUMEADO PÚBLICO NO NÚCLEO URBÁN DO CONCELLO DE ARBO

Co fin de  lograr unha maior eficiencia enerxética no alumeado público do núcleo urbán na estrada PO-400 nas zonas Antonia Tovar e San Benito, debido a que a instlación actual atópase en estado deterioro con obsolencia da tecnoloxía empregada (lá,àras e luminarias) procedese o abeiro da Orde do 24 de novembro de 2014 da Conselleria de Vicepresidencia e Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,  a executar o proxecto de eficiencia enerxética do alumeado publico do núcleo urbán do Concello de Arbo. 

As actuación consiten en substitución das lámpadas e luminarias de vapor de sodio por luminarias novas de tecnoloxía LED máis eficientes, instalación dun controlador de centralización nos cadros de mando para poder controlar, punto a punto, os novos puntos de luz instalados, revisión da posta a terra do cadro, examinado e comporobación das proteccións eléctricas de cada liña coas novas cargas, e comprobación e conexión das partes metálicas accesibles dos soportes das luminarias así como das propias luminarias. 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011