A Deputación destina máis de 13.000 € do Plan +Provincia para que Arbo poida mellorar a accesibilidade e mobilidade no barrio do Ferral

A Deputación de Pontevedra destina máis de 13.000 € do Plan +Provincia para levar a a pavimentación de vial municipal e a demolición de galpón no barrio do Ferral, co obxectivo de mellorar a accesibilidade e mobilidade de persoas e vehículos, ampliando a vía para posibilitar o acceso de vehículos.

 

A presente actuación e necesaria para, dunha parte, r e a l i z a r  n o v a  p a vi m e n t a ción do vial no núcleo de Ferral e, de outra, a demolición de cuberto reparando os encontros coa estrada municipal, no barrio de Ferral, situado na Parroquia de Santa María de Arbo do Concello de Arbo, co obxecto de facilitar a accesibilidade e mobilidade das persoas e vehículos, ampliando o vial para posibilitar o acceso de vehículos, tanto privados como de emerxencia e maquinaria.

A intervención que se pretende, busca dotar de mellores servizos os cidadáns, renovando a rede de abastecemento, dado o gran número de fugas detectado e manter a imaxe e a conservación do patrimonio municipal.

 

COLECTOR MARRÓN

O CONCELLO DE ARBO resultou beneficiario das axudas destinadas a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles. Fondos de recuperación e resiliencia na actuación L1 - COLECTOR MARRÓN, cunha axuda concedida de 64620 no procedemento MT975T. Sendo esta unha operación cofinanciada pola Unión Europea, a través do fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE — NextGenerationEU.

XI CERTAME DE CORAIS VILA DE ARBO

O Certame de Corais Vila de Arbo é un evento anual que busca apoiar e fomentar a cultura musical polifónica. Este certame consolidouse como un referente para os amantes da música coral, ofrecendo unha plataforma para que coros de diversas localidades poidan mostrar o seu talento e compartir a súa paixón pola música.

O obxectivo principal do Certame de Corais Vila de Arbo é incentivar a modalidade polifónica, un estilo musical que destaca pola súa riqueza harmónica e a súa capacidade para unir voces nun conxunto harmonioso. Ademais, o certame busca:

Promover a cultura musical: Fomentar o interese pola música coral e a súa apreciación na comunidade.

Incentivar a participación: Ofrecer un espazo para que coros de diferentes rexións poidan participar e mostrar o seu traballo.

Fortalecer a comunidade musical: Crear lazos entre os participantes e o público, fortalecendo a comunidade cultural na rexión.

O certame está organizado polo Concello de Arbo, quen traballa en estreita colaboración coa Coral Polifónica de Arbo e a Federación Coral Galega (FECOGA). A colaboración coa Coral Polifónica de Arbo e FECOGA asegura un estándar de calidade na organización e execución do evento, brindando unha contorna profesional e acolledora para todos os participantes.

O XI Certame de Corais “Vila de Arbo” terá lugar o día 22 de marzo do 2026 en horario de tarde no Auditorio Segundo Gil Davila de Arbo.

 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011