CAMIÑO DA FICHUA

COMEZO DAS OBRAS DO CAMIÑO DA FICHUA 

As obras consisten no ensanche, acondicionamento, mellora de drenaxe e  pavimentación con aglomerado asfáltico en quente no camiño municipal de Fichua en Arbo. Para elo procederase a limpeza das cunetas e taludes do camiño, barrido do firme actual, rego de adherencia e capa de rodadura de aglomerado asfáltico en quen, estendico e compactado, asi como a obras de traslado de muros de mampostería e dranaxes necesarios para a conservación do camiño.

Contratación dous traballadores

CONTRATACION DE PERSOAL PARA A ACTUACIÓN DENOMINADA: SERVIZO DE REPARACIÓN, LIMPEZA E ADECENTAMENTO DE LUGARES PÚBLICOS E COLABORACIÓN NA PRESTACIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS DE ARBO, INCLUÍDA DENTRO DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓN PARA O FOMENTO DO EMPREGO NO MEDIO RURAL 2016.

O  postos seguintes:

-          (1)OFICIAL CONDUTOR

-          (1)PEÓN

O contrato da actuación terá unha duración de 6 meses, cunha xornada  diaria a tempo completo (100%),  baixo a modalidade contractual de “contrato de traballo de duración determinada de interese social”. As retribucións brutas totais mensuais do /a traballador/a, son as  establecidas segundo a publicación oficial do convenio colectivo que resulta de aplicación, correspondéndolles:

As persoas interesadas en tomar parte nesta contratación, deberán reuni-los seguintes requisitos:

1.    Requisitos específicos:

o   OFICIAL CONDUTOR: Estar en posesión do carné de conducir tipo C e CAP.

o   PEÓN: Estar en posesión do carné de conducir tipo B.

Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato

O Concello presentará oferta xenérica de emprego na Oficina Pública de Emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos que deban reunir os traballadores que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados.

O sistema de selección a empregar consistirá nun concurso de méritos, no que se procederá á valoración dos méritos alegados polos diferentes candidatos, coa finalidade de valorar a adecuación e idoneidade dos aspirantes remitidos polo Servizo Público de Emprego para o adecuado desenvolvemento das funcións, contidos e actividades do posto obxecto de cobertura.

A estes efectos, no proceso de selección valoraranse os méritos, cuxa documentación deberá entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Arbo,  no prazo máximo de tres días hábiles dende o día seguinte a comparecencia no Concello e entrega aos candidatos das  bases de selección.

 

 

REMTATE DAS OBRAS DE MURO EN SAN AMARO

 

O Concello de Arbo,  propon regularizar o ancho da via nun tramo de aproximadamente 30 ml, mediante a execución dun muro de mamposteria, que salve o desnivel existente coas fincas adxacentes, regularizando o seu trazado, para conseguir un uso seguro e comodo da mesma.

ESTADO ACTUAL

Para elo procederase a execución dun muro de contención proxectado nun tramo de 30 ml mediante a realización dunha excavación e preparación da base do cimento e a colocación de mamposto de pedra granítica ata cota de camiño, c obxeto de formar os muros de contención de 1,00 m de altura e que terán como mínimo 1,60 m de ancho na súa coronación, rechendo posteriormente, o trasdos de muro con material seleccionado.

ESTADO ANTERIOR

O lateral esquerdo e pegado o muro de peche da parcela, atopase nunha canaleta aberta de conducción de augas de rego cunha profundidade de 35 cms, que se procedera a pechar mediante a colocación dunha tuveria de PVC de 315 mm de diametro con catro arquetas sumideiro rexistrables para a condución de augas superficiais e a ampliación de calzada, evitando asi os posibles problemas que puidese presentar.

 

MELLORAS NA REDE DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO

AMPLIACION DA REDE DE SANEAMENTO EN CABEIRAS E MELLORA DA REDE DE ABASTECEMENTO EN A ALMUIÑA E COUTO

O Concello de Arbo quixo resolver o  problema de canalización das aguas residuais do Concello que actualmente verten de manera indiscriminada a cursos naturais, dando servizo aos núcleos que se ubican no borde dos camiños das zonas estudiadas, con edificacións alguna de elas de recente contrucción, dadio que se conta cun sistema de colectores con posibilidade de incorporar este caudal e transoirtalo cara a deputadora despios de construidos estos.

Do mesmo modo pretendese conrrexir unha serie de probemas que se orixinan nos tramos do abastecemento, localizados nas inmediacions de O Couto e A Almuiña, mediante a sustitucion de dous tramos de tuberia.

As actuacións anteriormente descritas, en dode as tuberias de saneamento serán de PVC, polo seu rendemento e estanqueidad, e os `pozos disporan de tapa de fundición dúctil con elemneto de peche, a fin de homoxenizar a rede.

Nos tramos de abastecemento introduciranse sendas chaves de paso alonxadas en arquetas con tapa de fundición.

 

MANTEMENTO E RESTAURACION CAMPO DE FUTBOL

 MANTEMENTO E RESTAURACIÓN DO CAMPO DE FUTBOL

ESTADO ACTUAL

Con data 3 de xullo de 2015, o alcade de Arbo Horacio Gil Exposito e o por aquel entonces presidente da Deputación Rafael Louzan, asinaban un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra  e o Concelo de Arbo, para levar a cabo a obra denominada “Mantemento e restauración do campo de Futbol Municipal de Arbo.

O importe o que se refería o convenio ascendia a 221.024,65 €.- e comprendía todos os gastos deque derivasen da obra a realizar, incluidos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde,.

ESTADO ANTERIOR

As obras  realizadas consitiron na renovación do pavimento de césped artificial. Para elo eliminarase o existente e regularizarase a base resistente previamente a colocalcion do novo césped.

ESTADO ANTERIOR

Realizarase o pntado da s líneas de xogo

ESTADO ANTERIOR

Repararase a instlación de rego existente.

Traballos de demolicions as que lle seguirán as obras de albañioera, instalación de fontanería, electricidade, etc…


 

OBRAS DE MELLORA DA CASA CONSITORIO

OBRAS DE MELLORA NA CASA DO CONCELLO

O Concello de Arbo pretende levar a cabo  obras de reparación na Casa Consistorio de Arbo, sita na Praza Consistorio nº 1 

As obras a realizar consisten nos seguintes apartados:

ESTADO ANTERIOR

-       Retirada da tella mixta e rástreles, así como panel, no faldón adxacente o canelon

-       Limpeza, saneamento e reparación do actual canalon

-       Formación de pendentes según novo diseño da rede de evacuación e posterior execución do novo acabado do mesmo, así como a colocación de novas baixantes

OFICINA PLANTA BAJA  -  OFICINA CALDAS 

-       Reposición da cuberta na súa constitución actual con reposición de aquelas partes ou elementos que se visen afectados ou se atopen deteriorados

OFICINAS PLANTA BAJA - OFICINAS CALDAS 

-       Revisión da facha e correción dos defectos ou faltas que se atopen na mesma, tales como selado da carpinteria , limpeza de desagües en ventanais e balcons, tomado de xuntas na fabrica de pedra, etc..

HUMIDADES ENTRADA CONCELLO 

-       Reparación dos desconchons e demaís problemas, en parametros verticais e horizontais mediante o saneo e reparación dos mesmos e o seu posterior pintado

HUMIDADES SECRETARIA 

HUMIDADES ESCALEIRAS

HUMIDADES ESCALEIRAS

HUMIDADES ESCALEIRAS 

HUMIDADES TEITO

-       Reparación dea tarima de madeira nas dependencias afectadas, procedendo o levantamento e reposición das partes danadas para a súa posterior colocación e tratamento de acabado final

HUMIDADES SECRETARIA 

-       Instalación de nova rede de telecomunicacións no edificio, actualmente absoleta e deteriorada

HUMIDADES SALON DE PLENOS

-       Instalación de rede electrica alimentación o sistema informatico coa introdución de estabilizador de rede

SALON DE PLENOS 

-       Equipamento de mobiliario en dependencias municipais de planta baixa

SALON DE PLENOS 

SALON DE PLENOS 

ALCALDÍA

 

MURO DE CONTENCION EN SELA

MURO DE CONTENCION EN SELA

ESTADO ACTUAL 

Tratase dun muro que delimita o vial municipal sito no nucleo de Sela coa finca adxacente, sita  a cota inferior o vial. O muro executado en mamposteria ordinaria  de pequenas dimensions, desmoronase nun tramo de aproximadamente 20 ml sobre a finca contigua sita na cota inferior, debido a caussas non claras. Proponse a reposición do muro afectado mediante a execución do muro de mapostería procedendo a excavación de terras ata a cota de cimentación a regularizar o ancho da via no tramo de aproximadamente 63 ml mediante a execución de muro de manposteria , que salve o desnivel existente coas fincas adxacentes, regularizando o seu trazado e a colocación de valla de seguridade ou quitamedos que permita o uso deo mesmo dunha forma comoda e segura. Para elo procederase a execución dos muros de contención proxectados nun tramo de 63 ml mediante a realización da excavación e preparación da base par o cemento do muro e a colocación de mampostos de pedra granirica, ata cota do camiño. 

          ESTADO ACTUAL                                                                                                                

ESTADO ANTERIOR 

REPARACIÓN DANOS DO TEMPORAL NA PO-400

A Xunta inviste 200.000 euros en Arbo para reparar danos do temporal de febreiro

A Xunta de Galicia executou obras por importe  de 200.000 euros para reparar os danos producidos polo temporal de febreiro de 2016.

Entre as obras realizadas destacan a reconstrución de dous muros en A Regadas e San Xoan e as melloras na PO-400, a altura de Rial do Pazo consistentes en mellora no asfaltado,  colocación de Varanda, zona de estacionamento e beiraruas.

Mellora no Centro de Saude

OBRAS CENTRO DE SAUDE

A Conselleria de Sanidade realizaou as seguintes obras no Centro de Saude de Arbo

-         Limpeza e selado de canelons e baixantes do tellaldo

-         Limpeza e selado de canelons e baixantes dos lucernarios

-         Sustitución de cristais de lucernario

-         Selado de todas as unións e anclaxes de toda a perfileria da cuberta

-         Selado de todalas fisuras con fibra de vidrio e caucho da cuberta

-         Sustitución de tellas deterioradas

-         Reparación de todalas grietas das fachadas

-         Reparacións interiores das fiestas polas cales entraba auga

 

 

CAMIÑO TEIMENDE

 REMATE DA OBRA "CAMIÑO DE TEIMENDE"

As obras consisten no ensanche, acondicionamento, mellora de drenaxe e  pavimentación con aglomerado asfáltico en quente no camiño municipal de Teimende en Arbo. Para elo procederase a limpeza das cunetas e taludes do camiño, barrido do firme actual, rego de adherencia e capa de rodadura de aglomerado asfáltico en quen, estendico e compactado, asi como a obras de traslado de muros de mampostería e dranaxes necesarios para a conservación do camiño. 

ESTADO ACTUAL DO CAMIÑO

 

ESTADO ANTERIOR 

 

 

 

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011