Presentación proposta Arbense Distinguido 2020

 

O ALCALDE DE ARBO, PROPON AO POBO DE ARBO, COMO ARBENSE DISTINGUIDO 2020, POLO SEU COMPORTAMENTO EXEMPLAR NO COVID-19

  • O alcalde Horacio Gil, presenta a proposta de alcaldía ao Pleno da Corporación para nomear Arbense Distinguido 2020 o Pobo de Arbo
  • Foron momentos moi duros, de moito medo, pero no que todo o pobo de Arbo, demostrou que somos unha vila unida e esa unión foi o que fixo que o Concello de Arbo fora unha “Zona Cero
  • O Pleno do Concello de Arbo será encargado de aprobar o recoñecemento de Arbense Distinguido

o alcalde Horacio Gil, asinaba no día de onte, a proposta para o pleno de declarar aos veciños e veciñas de Arbo, a condecoración de Arbense Distinguido 2020 ao “Pobo de Arbo” por ser capaces entre todos de superar xuntos a crise sanitaria que afectou a Galicia, a España e a toda a humanidade en agradecemento e recoñecemento a súa exemplar actitude e comportamente nesta situación de excepción provocada pola pandemia do coronavirud e o Estado de Alarma

 

Dende o primeiro momento da declaración desta pandemia, o goberno municipal  de Arbo, puxo todos os seus esforzos e recursos humanos e económicos en tratar de salvagardar a seguridade e a saúde da veciñanza, sobre todo dos colectivos máis vulnerables, e amortecer o impacto económico provocado polo confinamento e a consecuente inactividade laboral.

 “Apostamos por unha xestión da crise sanitaria baseada na colaboración de todos os servizos dos que dispomos, colaborando coas forzas e corpos de seguridade, co exército e co persoal sanitario na procura de superar esta situación” afirma o alcalde de Arbo, Horacio Gil

Dende o o goberno municipal, sempre se foi conscientes do esforzo que supuña para todos e todas o mantemento das duras medidas que condicionaron de maneira extraordinaria o noso día a día, polo que dende o Concello queren  agradecer a todos os que durante estes difíciles momentos ofreceron a súa axuda, aos voluntarios, ás adegas, que puxeron a disposición do Concello os seus traballadores e a maquinaria precisa para poder desinfectar e limpar as rúas, as prazas, os parques…; aos costureiros e costureiras que participaron no programa “Tecendo Solidariedade en Arbo” que teceron máscaras reutilizables que se repartiron entre todos os arbenses; ao persoal dos supermercados e tendas de alimentación, das farmacias, dos quioscos, aos panadeiros, aos carniceiros, aos transportistas, aos taxistas, ao persoal das oficinas bancarias, aos agricultores, a toda a corporación municipal, ao persoal municipal dos diferentes servizos, aos servizos sociais e do SAD que desenvolveron as tarefas necesarias para que os colectivos máis vulnerables e as persoas maiores do noso concello dispuxeran das mellores condicións e non saíran das súas vivendas, facendo que para eles este confinamento fora o máis tranquilo e o máis levadeiro posible e tamén a todos aqueles traballadores e traballadoras de todos os sectores que conseguiron co seu esforzo, responsabilidade e espírito de sacrificio, que esta crise sanitaria fora máis soportable para todos.

Como alcalde, considero que desta nefasta epidemia de coronavirus poden extraerse moitas leccións e me gustaría destacar e por en valor o exercicio de responsabilidade e solidariedade dos veciños e veciñas de Arbo, que mesmo foi difícil de xestionar, un compromiso orientado cara á axuda desinteresada, arriscando moitas veces a súa propia saúde para poñerse a disposición das necesidades dos seus con veciños – manifesta o rexedor, que remata dicindo que “por todo isto, pola situación vivida, polo traballo realizado, pola responsabilidade á hora de acatar as normas e as restricións, pola dedicación, polo cariño mostrado, polo esforzo e valentía mostrado durante a pandemia o “Pobo de Arbo” merece o recoñecemento de “Arbense Distinguido” por ser capaces entre todos de superar xuntos a crise sanitaria que afectou a Galicia, a España e a toda a humanidade en agradecemento e recoñecemento o exemplar comportamento e actitude que tiveron durante toda esta situación de excepción provocada pola pandemia do COVID-19”

A declaración de Arbense Distinguido é o maximo recoñecemento que outorga a Vila de Arbo, Horacio Gil, quere render homenaxe a todo o esforzo que realizaron os arbenses tanto os que traballaron polas circunstancias profesionais, aos que estiveron en primeira linea para desenrrolar traballos de primeira necesidade, como os que se quedaron na casa, aos voluntarios e voluntarias....  un esforzo desmostrado durante todas as semanas de cofinamento, donde se demostrou estar a altura das dificiles circunstancias, unha Vila unida, forte e comprometida, iso demostrarono todos os arbenses.

No pleno que se realizará na vindeiras semanas, procederase á felicitación e recoñecemento polo plenario aos veciños e veciñas de Arbo por ser capaces entre todos de superar xuntos a crise sanitaria que afectou a Galicia, a España e a toda humanidade

O goberno do Concello de Arbo  procedera en virtude de dito recoñecemento a facer un acto público o vindeiro día 8 de Agosto, durante a Gala da Lamprea, para todos os veciños e veciñas de Arbo, donde ademais se colocara unha placa en recoñecemento da súa actitude e bo facer durante esta situación de crise sanitaria, que aínda a día de hoxe seguen mantendo.

 

Area de Comunicación do Concello de Arbo.  


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011